Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Secundaria

Cláusulas, oracións e literatura do exilio galego

Lingua e literaturaActualizado o 3,45 KB

Cláusulas Simples e Complexas

Unha cláusula é unha unidade sintáctica que necesita ter un verbo coa función de predicado para existir.

Cláusula simple: ten un único predicado.

Exemplo: Xulia regaloulle un gato a Henrique.

Cláusula complexa: ten outra no seu interior.

Exemplo: Henrique dixo que era bonito.


Oracións Bipolares e Coordinadas

Bipolares: ambos os dous constituíntes son imprescindibles para que exista a oración.

Tipos:

  • Condicionais: Déixocho se mo devolves axiña.
  • Concesivas: Aínda que está lesionado, xogou ben.
  • Causais: Non veu porque tiña traballo.
  • Consecutivas: Está en Internet, polo tanto xa se pode ver.
  • Comparativas: Adestra moito máis do que pensas.

Coordinadas: cada un dos constituíntes pode existir sen que exista o outro....

Seguir lendo "Cláusulas, oracións e literatura do exilio galego" »

Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas: socio-costumismo e Galicia rural

Lingua e literaturaActualizado o 1 KB

Socio-costumismo (Xosé Neira Vilas): Temas: Galicia rural do interior (Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio), A Galicia emigrante (Camiño bretemoso). A Nova Narrativa Galega: Temática: Os personaxes son seres sen biografía, sen nome, alienados e violentos. Creación de mundos absurdos e angustiosos. Creación de espazos psicolóxicos, claustrofóbicos e sórdidos. Temas edípticos e regreso á infancia e a morte. Técnicas: O monólogo interior. Rexeitamento da cronoloxía lineal. Rexeitamento da omnisciencia e preferencia do eu protagonista e do eu testemuña. Técnica do ollo cinematográfico. Gonzalo R. Mourullo, X.L Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Quizán, Xohana Torres.

Normas de ortografía galega: uso da H, X e S e conxugación do verbo cantar

Lingua e literaturaActualizado o 5,33 KB

Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Galego

Uso da Letra H

+ Levan H

  • As palabras que comezan por hect(o), hemi, hidr(o) e hiper. Exemplos: hectárea, hipermercado.

- Non levan H

  • Palabras como: harmonía, hasta, hedra, helmo, hindú, hucha, e os nomes propios Helena e Henrique.
  • As interxeccións: ah, eh, uh, bah.

+ Levan H intercalada

  • Todas as formas dos verbos prohibir, exhibir, cohibir, exhortar, inhibir, etc.
  • As palabras: adhesivo, coherente, filharmónica, inherente, vehículo, transhumante, deshabitar, deshonesto, inhábil, deshonra.

+ Non levan H (Lista de excepcións)

  • Palabras como: achar, aí, alelí, ata, baía, ermida, exuberancia, inchar, irmán/irmá, oco, ala!, ola!, ombreiro-ombro, orfo, óso, ovo, truán, úmero, urna.

Uso da Letra X

-

...
Seguir lendo "Normas de ortografía galega: uso da H, X e S e conxugación do verbo cantar" »

Carlos Casares, Xosé Neira Vilas, Queizán e Méndez Ferrín: obra e autores da literatura galega

Lingua e literaturaActualizado o 8 KB

Xose neira vilas: nado en gres, vila de cruces, 1929- 2015, naceu nunha familia labrega e pasa a infancia e adolescencia no mundo rural, que máis tarde recreará nas súas obras. En 1949 emigra a arxentina. En bos aires participa activamente nos centros da colectividade galega en migrante e é un dos fundadores das mocidades galeguistas. Xunto coa súa dona a escritora cubana anisia miranda, 1 tamén a editorial Follas Novas .En 1961 trasládase a Cuba os desempeñar cargos na administración, completa a súa formación realizando estudios de filosofía e letras e desenvolver una intensa actividade no mundo cultural. Volver a Galicia en 1992 e instalarase na súa aldea natal, onde falece no ano 2015. A súa obra: neira vilas é autor de una

...

Seguir lendo "Carlos Casares, Xosé Neira Vilas, Queizán e Méndez Ferrín: obra e autores da literatura galega" »

Os biosbardos de Eduardo Blanco Amor: resumen da obra e contexto

Lingua e literaturaActualizado o 1,75 KB

1897.Nace en Ourense.1919 Emigra á Arxentina.1928 Escribe Romances Galegos(Poesía) 1931 Escribe Poema en Catro Tempos(Poesía)1956 Escribe Cancioneiro(Poesía)1959 Escribe A Esmorga (Narrativa) 1ª novela de Eduardo Blanco Amor, nela desenvólvese a historia tráxica que transcorre por diversos escenarios do ambiente urbano de Auria.1962 Escribe Os Biosbardos (Narrativa) Reúne un conxunto de sete relatos breves localizados en Ourense e protagonizados por nenos e adolescentes e situados temporalmente nas 2 primeiras décadas do S.XX.1972 Escribe Xente ao lonxe (Narrativa).Novela longa que permite varias lecturas.1973 Escribe Farsas para títeres(Teatro )1974escribe Teatro para á xente Teatro) 1979 Morre en Vigo1980 publícase proceso jacobusland
...
Seguir lendo "Os biosbardos de Eduardo Blanco Amor: resumen da obra e contexto" »

Literatura galega no exilio: represión, etapas e autores clave

Lingua e literaturaActualizado o 2,86 KB

A Literatura Galega Baixo a Represión (1936-1975)

A Gran Represión en Galiza provocou o exilio de numerosos intelectuais. Ante a práctica imposibilidade de publicar en galego ata a década dos 50 no noso país, cobra unha vital importancia para a Literatura Galega a existencia dunha infraestrutura asociativa estable en moitos países de Latinoamérica. Esta infraestrutura foi creada por intelectuais que xa vivían na emigración antes da irrupción da Ditadura.

Etapas da Produción Literaria Galega

Durante este período podemos diferenciar tres etapas principais:

  1. 1936-1950: Concentración en América. A produción literaria en galego concéntrase en América.
  2. Décadas 50-60: Rexurdimento Editorial. Fúndanse en Galiza varias editoriais (entre
...
Seguir lendo "Literatura galega no exilio: represión, etapas e autores clave" »

As vangardas na poesía galega: imaxinismo, neotrobadorismo e a Xeración de 1922

Lingua e literaturaActualizado o 2,72 KB

O Tempo das Vangardas: Contexto e Ruptura Cultural

Co comezo do século XX, aparecen por toda Europa grupos de artistas novos que rexeitan as súas tradicións culturais, por consideralas caducas e incapaces de expresar as novas realidades culturais e científicas. A situación política e os cambios sociais favorecen a aparición destes movementos, que pretenden reflectir as formas da vida moderna, moitas veces en aberta ruptura con todo o anterior.

Principais Movementos de Vangarda

Os principais movementos de vangarda son:

  • O Futurismo
  • O Cubismo
  • O Dadaísmo
  • O Surrealismo

Estes movementos difundían as súas ideas a través de manifestos de carácter provocador.

A Renovación Poética de Galicia

A influencia das vangardas europeas manifestouse en Galicia...

Seguir lendo "As vangardas na poesía galega: imaxinismo, neotrobadorismo e a Xeración de 1922" »

O Rexurdimento Galego: orixe, contexto e autores clave

Lingua e literaturaActualizado o 2,99 KB

O Rexurdimento: Orixe e Contexto Histórico

Orixe do Movemento

Este movemento, entre finais do século XIX e principios do XX, impulsou a recuperación da nosa cultura. En 1863 publicouse Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, obra que marca o inicio deste período. Esta publicación supuxo a demostración do galego como lingua apta para chegar aos máis altos graos de expresión artística.

Factores que Impulsaron o Rexurdimento

O Rexurdimento prodúcese pola combinación dos seguintes factores:

  • A influencia das ideas da Ilustración (S. XVIII) en personaxes como o Padre Sarmiento.
  • A repercusión da Guerra da Independencia, que xerou a conciencia dun pobo que precisaba un autogoberno.
  • A ideoloxía romántica, que exaltaba a liberdade e a defensa
...
Seguir lendo "O Rexurdimento Galego: orixe, contexto e autores clave" »

Galicia no século XIX: Rexurdimento, galeguismo e lingua galega

Lingua e literaturaActualizado o 2,75 KB

Galicia no século XIX

O século XIX foi unha época de cambios importantes en Galicia, que afectaron ao ámbito político e social, pero tamén ao cultural e lingüístico. Estes cambios déronse dun xeito continuo ao longo de todo o século, mesmo na literatura.

O Rexurdimento

O 17 de maio de 1863 é a data que marca simbolicamente o comezo do noso pleno Rexurdimento literario, coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

No seo desta cidade fóronse producindo enfrontamentos entre dous bloques ideolóxicos: os conservadores (partidarios do absolutismo) e os liberais (herdeiros dos ilustrados do XVIII). A partir da ideoloxía liberal e da romántica aparece o galeguismo. Este movemento político tivo tres etapas:

  • Provincialismo:
...
Seguir lendo "Galicia no século XIX: Rexurdimento, galeguismo e lingua galega" »

Os biosbardos de Eduardo Blanco Amor: resumo

Lingua e literaturaActualizado o 1,41 KB

outros poetas vangardistas: Álvaro Cunqueiro pàrticipou tamén dos outros movementos de vangardas, sobre todo do Cubismo e do Surrealismo.--Eduardo Blanco Amor: publica Romances galegos de liña popularista, próxima á poesia de Xeracion dos 27 castelá, e Poema en catro tempos.--ManuelLuís Acuña. Publicou fírgoras fundamentalmente creacionista.-- Luís pimentel: Triscos.  A prosa de vangasrdas: Rafael Dieste é o máis importante prosista desta xeración, escribiu Dos arquivos do trasno, un conxunto de relatos de misterio no que retrata a psicoloxia da xente galega,a obra de teatro A fiestra valdeira.