Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Secundaria
Parónimos, contraccións e pares de xénero en galego: guía con exemplos
Parónimos e contraccións en galego
cá / ca (adv. / forma similar): Cá onde vou, a miña amiga sempre me acompaña.
ca / conxunción comparativa: Máis ca nada, prefiro pasar tempo coa miña familia.
chá / adxectivo: O camiño estaba chá e sen obstáculos.
cha / contracción dos pronomes: Cha vin cando chegaches á festa.
có / contracción de ca + o: Co que fixeches, fixeron moito máis por min.
co / contracción de con + os: Co traballo que fixeron, lograron mellorar moito os resultados.
cós / contracción de ca + os: Cos que dixeron sobre a situación, non podo estar máis de acordo.
cos / contracción de con + os: Cos problemas que tiveron, non conseguiron chegar á solución.
má / adxectivo: A situación parecía má, pero mellorou ao final....
O galego moderno e as Irmandades da Fala (1916-1936)
O Galego Moderno (1916-1936)
Contexto Social e o Agrarismo
Nesa época, a sociedade galega era maioritariamente rural e campesiña. A poboación desprazábase cara ás cidades, o que provocou o desenvolvemento destas. Esta poboación seguía sufrindo a emigración e as súas condicións de vida foron moi precarias.
No século XX xurdiu o Agrarismo, liderado por Basilio Álvarez. Este movemento reivindicou a posesión das terras polos campesiños, conseguindo que estes foran os seus donos. Grazas a este movemento, en 1926, conseguiuse a redención dos foros e a desaparición da fidalguía, xurdindo así un novo grupo burgués.
Situación da Lingua
Aínda que o galego fose o idioma utilizado pola maioría da poboación, este sufriu a desaparición...
Grupo Nós: membros, revista e obras clave da cultura galega
O Grupo Nós: Contexto e Membros Fundadores
O Grupo Nós está formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Antón Losada Diéguez. Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronoloxicamente á Xeración das Irmandades da Fala. Comparten ademais unhas características comúns que os diferencian doutros escritores da época: a súa procedencia social acomodada e a súa evolución cara ao galeguismo. A eles únese Castelao para a realización de proxectos artísticos, políticos e culturais.
A Revista Nós (1920)
O nome do grupo Nós procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920. Foi a publicación máis importante de Galicia da preguerra e ocupouse das diversas facetas que compoñen a cultura galega.
A gran...
Usos do pronome se, te/che e conxuncións, con dativo de interese e solidariedade
USO DE SE
-Reflexiva: María lavouse -Recíproca: Juan e Pedro abrazáronse
-Voz Media: A porta pechouse despacio
-Verbos Pronominais: O rapaz abandonouse moito
-Pasiva Reflexa: Alúganse baixos comerciais -Activa Impersoal
USO DE TE e CHE
Pasar A oración a 3ª persoa:
-Si Usas O/A debes Usar TE-Si Usas LLE Debes usar CHE
Preposición: A, agás, ata, bardante(excepto), cas, con, contra, de , deica, dende ,desde, durante , en ,entre, excepto,fóra, malia, mediante, para, Perante, por, quitando, sacando, salvo, segundo, sen ,senón,sobre, Tras
Locucións Preposicionais: á carón De, a carón de, a diferenza de , a par de , a pesar de, a prol de, a Rente de, a respecto de, acerca de , alén de( o outro lado de), Antes de , ao redor de , cabo de ,...
A Xeración Nós e o nacionalismo galego: preguntas e respostas clave
1) Cal é o medio polo que os integrantes da Xeración Nós publicaban as súas obras?
Mediante a revista Nós.
2) Que características non comparte Castelao con respecto aos seus compañeiros de xeración?
Extracción social acomodada.
3) Que son as Irmandades da Fala? Cal é o seu obxectivo primordial?
Grupos ou asociacións de persoas que teñen como elemento primordial exaltar e dignificar o mundo galego. Exaltar e dignificar a lingua galega.
4) Enumera os obxectivos do nacionalismo galego:
- Autonomía para Galicia.
- A cooficialidade lingüística entre galego e castelán.
- Ingreso na Sociedade das Nacións.
- Potenciación da cultura galega.
- A igualdade de dereitos para a muller.
- A garantía de que o pobo puidese expresarse libremente nas eleccións.
- A
Grupo Nós, vangardas e autores clave: Risco, Pedrayo e Castelao
O Grupo Nós: Características e Membros Fundamentais
- Membros: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez e Florentino López Cuevillas.
- Cronoloxía: Naceron entre 1884 e 1890.
- Orixe e Formación: Ourensáns, de clase media acomodada, con formación universitaria.
- Afiliacións: Pertencen ás Irmandades da Fala e ao Seminario de Estudos Galegos (SEG).
- Evolución Ideolóxica: Transición cara ao galeguismo desde o cosmopolitismo e o exotismo.
- Obxectivos: Interese por modernizar e europeizar a cultura galega dun xeito didáctico e a través dun atlantismo celtista.
- Actividade: Publicaron na revista Nós e participaron no Partido Galeguista.
- Legado: Consolidan e modernizan a prosa. Preocupación polo desenvolvemento do estudo.
As Vangardas
...Autores da nova narrativa galega: Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares e María Xosé Queizán
Xoxe Luis Mendez Ferrin:
E unha figura clave para entender a narrativa da segunda metade do S XX. Publicou o seu primeiro libro de relatos, Percival e outra historias. Tamen se poden encadrar dentron da Nova Narrativa O crepusculo e as formigas e na novela Arrabaldo do norte. Na sua obra combinanse de xeito maxistral a dureza e o lirismo, podemos atopar temas moi diversos, dende relatos realista ate outros de misterio ou de terror, moitas veces tinxindo cun cklaro fondo politico.
Carlos Casares:
Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres, unha novela onde experimenta con diferentes tecnicas vangardistas. Todas as obras de Carlos Casares estan moi traballadas
Guía literaria: Follas Novas e Cantares Gallegos de Rosalía de Castro
Introdución
Ola, que tal? Espero que ben. Teño que ir deixando. TQQQ, meu anxel!!
Segundo poemario: Follas Novas (1880)
Trata de asuntos distintos empregando diferentes procedementos expresivos e de perspectiva. A obra salienta pola súa métrica, os seus temas e a súa estrutura.
Características principais
- Métrica: Metricamente, o libro resulta moi innovador, xa que a autora experimenta con novas combinacións métricas que se anticipan á renovación que, anos máis tarde, levarían a cabo os modernistas.
- Temas: Adóitase falar de dous grandes temas que se desenvolven no libro: a sociedade galega e o eu existencial da autora. Trátase dunha combinación de poesía social e poesía intimista, mais tamén se podería falar dun pequeno grupo de
Análise do poema de Curros Enríquez dedicado a Rosalía de Castro
Este poema foi escrito por Curros Enríquez no s. XIX. O poeta naceu en Celanova, Ourense. Tivo unha vida marcada por acontecementos significativos: fuxiu a Madrid escapando dun pai autoritario e violento; foi exiliado a Londres por asinar un artigo xornalístico; e marchou a Cuba fuxindo dunha vida complicada, con persecucións políticas, enfrontamentos coa igrexa e a perda da nai e de tres fillos.
Na Habana, fundou unha sociedade que serviría de modelo para a posterior creación da Real Academia Galega na Coruña, presidida por Manuel Murguía. Curros Enríquez foi homenaxeado en vida e acadou numerosos recoñecementos.
Este poema pertence a Aires da miña Terra, unha obra que xerou un grande escándalo ao ser considerada blasfema e herética....