Lírica medieval galego-portuguesa: historia, cantigas e características

Lingua e literaturaActualizado o 4,47 KB

Resumo

O documento presenta a lírica medieval galego-portuguesa, desde as súas causas e a influencia da canción provenzal ata as súas etapas históricas. Tamén describe os autores e intérpretes, os cancioneiros conservados e as cantigas de amigo. Por último, recolle as características lingüísticas do galego antigo en fonética, morfoloxía, sintaxe e léxico.

Puntos clave

  • O galego-portugués foi a lingua lírica por excelencia da Idade de Ouro medieval.
  • A lírica galego-portuguesa recibiu a influencia da canción provenzal e da teoría do amor cortés.
  • As etapas son a primitiva (finais do século XII ao primeiro terzo do XIII), a de esplendor (período Afonsino e Dionisíaco) e a de decadencia (finais do XIV e século XV).
  • As cantigas de amigo presentan a unha moza que expresa a súa tristeza pola ausencia do seu amado, con presenza da natureza e simboloxía erótica.
  • Os principais cancioneiros conservados son o da Ajuda, o da Vaticana, o da Biblioteca Nacional de Lisboa e os pergamiños Vindel e Sharrer.

Ponte á proba

Lírica Medieval Galego-Portuguesa

O galego-portugués convértese nunha lingua lírica por excelencia. Os poetas de Galicia, Portugal e o resto de Hispania escriben en galego-portugués.

Idade de Ouro da Lírica Medieval

Causas:

  • Independencia política.
  • Auxe económico e tranquilidade social durante a Reconquista.
  • Esplendor cultural da cidade de Santiago.
  • Existencia de cantigas de tradición oral nas que a muller é fundamental.
  • Influencia da lírica provenzal introducida no Camiño de Santiago e polos nobres provenzais.

A Canción Provenzal

Máxima expresión da teoría do amor cortés.

Características da Canción Provenzal:

  • Sumisión total do namorado ante a dama.
  • A amada é perfecta física e moralmente.
  • Os namorados son aristócratas.
  • O amor é un sentimento que enobrece a quen ama.
  • É unha relación adúltera, xa que a muller está casada.
  • Progresión da relación amorosa:
    • Fenedor (suspira)
    • Precador (suplica)
    • Entendedor
    • Drut

Etapas da Lírica Medieval

  1. Primitiva: (finais do século XII - primeiro terzo do século XIII) Son as cantigas máis antigas. Período no que Galicia ocupa aínda un lugar na política peninsular.
  2. Etapa de Esplendor: (Castela e Portugal consolidan o seu poder político)
    • Período Afonsino: (1240-1280) Coincide co reinado de Afonso X de Castela e Afonso III de Portugal, reis que se converten en mecenas dos trobadores galego-portugueses.
    • Período Dionisíaco: (1280-1354) Reinado de Don Dinís e o mecenado de Pedro.
  3. Etapa de Decadencia: (finais do século XIV - século XV)

Autores e Intérpretes

  • Trobador: compositor.
  • Xograr: interpreta e ás veces compón.
  • Segrel: trobador e intérprete profesional.
  • Menestrel: instrumentista musical.
  • Soldadeiras: bailarinas.

Cantigas Conservadas

  • Cancioneiro da Ajuda: descuberto no pazo portugués da Ajuda, contén cantigas de amor.
  • Cancioneiro da Vaticana: atopado na Biblioteca do Vaticano, recolle máis de 1200 cantigas de máis de 100 autores.
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa: descuberto en Italia a finais do século XIX, é o máis completo e contén a Arte de Trobar.
  • Pergamiño Vindel: descuberto a mediados do século XX, contén 7 cantigas de Martín Códax con notación musical.
  • Pergamiño Sharrer: contén 7 cantigas de Don Dinís.

Cantigas de Amigo

Composicións breves nas que a protagonista é unha moza que se dirixe a un interlocutor para expresar a súa tristeza pola ausencia do seu amado. Esta moza aparece en escenas da vida cotiá. A presenza da natureza e a existencia dunha simboloxía erótica son os seus trazos semánticos máis destacados.

Subxéneros das Cantigas de Amigo:

  • Bailadas
  • Mariñas
  • Romarías
  • Alba
  • Alborada

Autores Destacados de Cantigas de Amigo:

  • Martín Códax: xograr vigués do que se conservan 7 cantigas xunto coa súa música.
  • Mendiño: autor da cantiga máis fermosa e perfecta polo uso do paralelismo e leixaprén.
  • Johan Zorro: autor de nove cantigas de simboloxía erótica (ex: cervo = amado, fonte = encontro amoroso, lavar garcetas = perda da virxindade).

Características do Galego Antigo

Fonética:

  • Vogais nasalizadas
  • Hiatos
  • Sistema de 6 sibilantes

Morfoloxía:

  • Xénero invariable (palabras en -or, -ol...)
  • Posesivos átonos (sa casa)
  • Participios en -udo
  • Haber + participio

Sintaxe:

  • Artigo partitivo
  • Posesivo sen artigo
  • Proclise pronominal
  • Mesóclise pronominal
  • Concordancia CD + participio

Léxico:

  • Provenzalismos (assaz, trobar)
  • Galicismos (dama, adubar)
  • Outras (vegada, audel)

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cales son as etapas da lírica medieval galego-portuguesa?

A lírica divídese en etapa primitiva, etapa de esplendor (que inclúe os períodos Afonsino e Dionisíaco) e etapa de decadencia, de finais do século XIV ao XV. Cada unha corresponde a un momento político e cultural distinto.

Que son as cantigas de amigo?

Son composicións breves nas que unha moza se dirixe a un interlocutor para expresar a súa tristeza pola ausencia do seu amado. Adoitan aparecer en escenas da vida cotiá e presentan a natureza e a simboloxía erótica como trazos destacados.

Cal é a diferenza entre trobador, xograr e segrel?

O trobador é o compositor, o xograr interpreta e ás veces compón, e o segrel é un trobador e intérprete profesional. Estas figuras forman parte dos autores e intérpretes da época.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Cal é a característica principal da canción provenzal segundo o texto?
2. Que período coincide co reinado de Afonso X de Castela e Afonso III de Portugal?
3. Que cancioneiro foi descuberto no pazo portugués da Ajuda?
4. Cantas cantigas se conservan de Martín Códax?
5. Que autor é o de nove cantigas de simboloxía erótica?
6. Cal dos seguintes é un trazo fonético do galego antigo segundo o texto?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.