Literatura Galega no Século XX: Movementos e Autores Clave
Na primeira metade do século XX
Na primeira metade do século XX, aparecen os movementos agraristas: asociacións que defendían os campesiños, opoñéndose á fidalguía, ao caciquismo e aos foros.
Acción Galega
Dirixida polo crego Basilio Álvarez.
Irmandades da Fala (1916)
Reivindicaban a plena normalización do galego (desenvolveron un gran traballo cultural) e crearon o primeiro xornal integramente en galego, A Nosa Terra, por Antón Vilar Ponte.
A poesía no primeiro terzo do século XX
Poesía con temática realista, costumista e romántica, con dúas actitudes poéticas:
Actitude tradicionalista
Temas populares desde un punto de vista costumista e sentimental. Representada por Antonio Noriega Varela.
Actitude innovadora
Trazos de correntes europeas (ex: modernismo). Representada por Ramón Cabanillas.
1. Antonio Noriega Varela (1869-1947)
Naceu en Mondoñedo e formouse no seminario desta cidade. Foi mestre, o que o levou a residir en distintos lugares de Galicia. Revelouse nos seus inicios como un poeta costumista, cunha fina sensibilidade para cantar as excelencias da montaña galega. Coa madurez, incorpora o influxo do saudosismo portugués, movemento poético simbolista que ve na saudade a esencia do pobo e da cultura portugueses. É autor dun único libro, Montañesas, que coñeceu varias edicións e mudou o título por Do ermo.
2. Ramón Cabanillas (1876-1959)
Naceu en Cambados e estudou no seminario de Santiago de Compostela. Emigrou a Cuba, onde publicou as súas primeiras obras e entrou en contacto co galeguismo da emigración e co movemento agrarista de Basilio Álvarez. A obra poética de Cabanillas é moi extensa.
Poesía lírica
Aparecen composicións de tres tipos:
- De carácter intimista: Referidas ao amor e á natureza.
- De carácter costumista: Referidas a temas rurais cunha nova perspectiva crítica e humorística.
- De carácter cívico: Que reflicten os postulados agraristas e, máis tarde, os nacionalistas.
Os libros líricos máis importantes son No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada e A rosa de cen follas.
Poesía narrativa
Pegadas de movementos poéticos (modernismo). Linguaxe popular cada vez máis culta.
- 1926: Na noite estrelecida: recrea o mundo do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda, cristianizándoos e situándoos en Galiza.
- 1925: O bendito San Amaro: poemario que conta a historia deste santo galego.
Teatro
Obras teatrais realizadas para o Conservatorio Nacional de Arte Galego.
- 1921: A man do Santiño: unha comedia amorosa que conta a relación dun emigrante rico cunha fidalga.
- 1926: O mariscal: drama romántico de tema histórico que denuncia o centralismo, recreando o mariscal Pardo de Cela como vítima da política dos Reis Católicos.
3. O Grupo Nós
En 1920 publicouse a revista Nós. O seu programa consistiu en apartar a cultura galega do folclorismo e das influencias da cultura española. Os seis membros lograron que a cultura galega fose universal, crearon a prosa galega moderna e utilizaron o galego para todos os temas. Este período de esplendor rematou en 1936 co estalido da Guerra Civil.
4. Vicente Risco (1884-1963)
Naceu en Ourense, estudou dereito, foi funcionario de facenda e máis tarde profesor de historia. Nesta etapa fundou A Centuria. Foi un dos introductores da vangarda europea en Galiza. Cando acabou a Guerra Civil, distanciouse do galeguismo e non volveu escribir en galego.
Obra narrativa
- 1919: Do caso que lle aconteceu ao Doutor Albeiros: obra breve con humor macabro que conta unha estraña aventura ocultista coa que logra liberar a momia de Tutankhamon para participar nas macabras danzas dos mortos.
Baseadas nos seus estudos etnográficos:
- 1923: O lobo da xente: lenda dun lobishome.
- 1923: A trabe de ouro e a trabe de alquitrán: temas populares relacionados cos celtas e mouros.
Nas obras máis importantes realizou unha sátira feroz antiburguesa por cuestións estéticas relacionadas coa falta de bo gusto, incultura e aparencias hipócritas, construíndo así personaxes caricaturescos. Foron:
- 1927: Os europeos en Abrantes: sátira antiburguesa con personaxes e ambientes do Ourense da época.
- 1928: O porco de pé: narra a vida de Don Celidonio, miserable que consegue chegar a ser alcalde.
Ensaio
Temas etnográficos, políticos e filosóficos:
- 1920: Teoría do nacionalismo galego: mostra o compromiso coa lingua e cultura galega. É unha das primeiras teorías.
- 1933: Nós, os inadaptados: explica a súa formación intelectual e artística e o seu pensamento e evolución ata ser galeguista.
- 1934: Mitteleuropa: impresións e preocupacións tras viaxar a Alemaña.
- 1961: Leria: única publicación de Risco na posguerra, que recolle antigas publicacións.
Teatro
- 1928: O bufón do rei: ascenso social e posterior caída dun bufón dunha corte medieval artúrica, relacionada co simbolismo (única obra).
5. Ramón Otero Pedrayo (1888-1976)
Naceu nunha familia fidalga. Estudou Filosofía e Letras en Santiago e tamén dereito en Madrid. Cando regresou a Galicia, ingresou nas Irmandades da Fala en 1917. Ata a Guerra Civil, colaborou nas actividades culturais do galeguismo, na revista Nós, no Seminario de Estudos Galegos e nas revistas Lar e Céltica. Exerceu como catedrático de Xeografía e Historia. Durante a República, foi elixido deputado. Ao rematar a Guerra Civil e a ditadura, retiráronlle a cátedra de Xeografía e Historia.
Obra narrativa
Natureza presente, ás veces de forma lírica e outras realista.
- 1934: Fra Vernero: vida dun luterano convertido ao catolicismo ao principio do século XVIII.
Coa anterior excepción, toda a súa obra narrativa está ambientada nas etapas:
- Idade Media:
- 1934: A romaría de Xelmírez: relata a viaxe do arcebispo Xelmírez a Roma para reclamar privilexios de Santiago.
- No século XIX: Punto de vista realista con algún elemento romántico. Tema da transformación da sociedade galega, como a desaparición da fidalguía e a aparición da burguesía.
- 1928: Os camiños da vida: historias de dúas familias fidalgas privilexiadas que van perdendo terras e posesións por culpa de comerciantes e prestamistas. Pero nunha das familias, a de Ramona, evitarase a decadencia. Nova xeración que combina o tradicional coa sociedade moderna.
- 1925: Pantelas, home libre.
- 1960: O señorito de Reborana.
- 1936: O mesón dos ermos.
- No século XX: Novelas idealistas con referencias culturais que tratan de saír da crise que vive Galicia no século.
- 1930: Arredor de si: Adrián (Otero Pedrayo) descobre a literatura galega coa que acaba sentíndose un cidadán europeo e universal.
- 1935: Devalar.
- 1937: Escrito na néboa.
Teatro
Recibe influencias do teatro simbolista europeo de Castelao. Otero ten un concepto de teatro global no que conta máis ca o texto (música, cores, danza...).
- 1929: A lagarada: traxedia ambientada na elaboración do viño.
- 1930: O desengano do prior: historia dun prior doutro mundo que critica as transformacións feitas na súa vida.
Ensaio
- 1933: O ensaio histórico sobre a cultura galega: resumo do pensamento de Otero Pedrayo que expón que a cultura galega, europea e atlántica, son alleas á española.
- 1926: Días de Galicia.
- 1927: Peregrinaxe.
- 1952: Polos vieiros da saudade.