Dicionario de termos: definicións e sinónimos

Lingua e literatura4,28 KB

Definicións de termos comúns

Oleoso: (adxectivo) Que ten a consistencia do aceite, aceitoso.

Emurxionar: (verbo) Esparexer un produto nun medio no que é insoluble, obtendo así un produto homoxéneo e estable temporalmente.

Sedimentar: (verbo) Depositárense as materias en suspensión dun líquido formando un material sólido que se deposita no fondo do mar.

Molécula: (substantivo feminino) A parte máis pequena dun corpo que non se pode dividir por medios físicos pero si por medios químicos.

Degradar: (verbo) Alterar a composición do petróleo para facela de menos consistencia e poder así ser readmitida polo ecosistema no que se atopa.

Regañar: (verbo) Mostrar os dentes para manifestar cólera, ameaza.

Escalazado: Vestido con farrapos ou roupa vella.

Recadar: Xuntar varias cousas que están separadas ou en desorde; recoller.

Alancar: Andar apuradamente ou con pasos longos.

Ganir: Ladrar o can dun xeito queixoso.

Rousar: Xirar sobre un único punto de apoio.

Maravalla: Ramallada seca das árbores.

Xéneros teatrais

Drama: Obra de teatro de carácter serio, a medio camiño entre a traxedia e a comedia.

Farsa: Peza teatral breve na que se representan unha ou varias situacións cómicas.

Comedia: Obra de teatro na que se representan, nun ton pouco serio ou de carácter cómico, caracteres e costumes que rematan nun final feliz.

Traxedia: Obra dramática de estilo elevado que representa unha acción seria e grave entre personaxes importantes, e na que o personaxe protagonista está dominado por unha paixón que o leva á catástrofe.

Traxicomedia: Obra teatral que mestura caracteres de traxedia e comedia.

Sainete: Peza teatral cómica e popular nun acto.

Ópera: Drama musical profano para ser escenificado.

Zarzuela: Obra teatral onde se mestura unha parte bailada con outra dialogada.

Pantomima: Representación teatral na que os personaxes non falan, senón que actúan mediante xestos e expresións.

Sinónimos e palabras relacionadas

  • Poleiro - paraíso
  • Gindastre - ginche
  • Filmoteca - cinemateca
  • Comparsa - extra
  • Trapela - zapón
  • Entreacto - intermedio
  • Pierrot - arlequín

Homónimos, polisemia e relacións léxicas

Vago/bago:

  • Vago: que non é amigo de traballar.
  • Bago: uva desprendida do acio.

Ollo:

  • Parte exterior do globo ocular.
  • Atención que se pon ao facer unha cousa.
  • Burato da agulla por onde entra o fío.
  • Abertura que hai nos pechos para abrir a chave.

Botar/votar:

  • Botar: dar botes; poñer a navegar un barco que acaba de ser construído; facer que unha cousa chegue a un sitio determinado con impulso.
  • Votar: expresar unha opinión ou tomar unha decisión.

Valor/balor:

  • Valor: que ten importancia, que é de valor.
  • Balor: capa de fungos que se desenvolve na materia orgánica en descomposición.

Rabo/ravo:

  • Rabo: prolongación da columna vertebral de moitos animais, máis ou menos longo na parte posterior do seu corpo.
  • Ravo: planta herbácea anual con raíz carnosa comestible de sabor picante.

Cola: Rabo; pegamento; fileira de xente que espera algo.

Relacións léxicas:

  • Vivo-morto = complementario.
  • Mercar-vender = inverso.
  • Branco-negro = antónimo.
  • Hiperonimia: "animal" é un hiperónimo de "can", "gato", etc.
  • Hiponimia: "can", "gato", "lebre" son hipónimos de "animal".
  • Cohiponimia: entre "can" e "lebre" establécese unha relación de cohiponimia.

Descargar

PDF Word HTML