O Galego no Franquismo e a Nova Narrativa Galega: Historia e Literatura

Lingua e literatura4,9 KB

O Galego entre 1936 e 1975

A partir de 1939, iniciouse un período de interrupción das actividades culturais e lingüísticas do país. A orde caracterizouse pola represión e acoso de calquera manifestación dun feito diferencial de nivel político, cultural ou lingüístico. Nas organizacións públicas empregouse o castelán.

O galego converteuse nunha lingua clandestina, de usos domésticos, xa que o seu uso podía supoñer a perda do emprego ou a descualificación social.

No 50, a consecuencia de lograr a respectabilidade e recoñecementos internacionais, comezou a recuperación cultural, que callaría coa fundación da editorial Galaxia. Galicia recuperouse e rompeu o silencio que a rodeaba. Xurdiron institucións e asociacións culturais que se encargaron de recuperar a lingua e a cultura. Nos 70 apareceron partidos políticos de mozos con nova conciencia política, e tiveron lugar folgas obreiras.

Ten gran importancia simbólica a creación da Cátedra de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Santiago e a fundación do Instituto da Lingua Galega. Colectivos como ERGA contribuíron á divulgación e normalización do galego.

Durante os 40 anos de franquismo, o proceso de desgaleguización do idioma tivo unha intensificación e unha aceleración sen precedentes. A dinámica púxose de manifesto en catro fenómenos:

  • a) Un incremento do uso do castelán entre a poboación dos núcleos urbanos e vilas.
  • b) Unha importante penetración do castelán no mundo rural.
  • c) Aumento da presenza na sociedade galega de monolingües en español.
  • d) Unha intensa difusión dos prexuízos e dos comportamentos diglósicos na sociedade.

Factores que afectaron foron: a modificación dos contextos sociais e os tipos de hábitat, as influencias das estruturas estatais, o impacto sociolingüístico da inmigración e o influxo dos medios de comunicación.

O avance do proceso da substitución lingüística non ameazou a superioridade demográfica do galego, xa que aínda se seguía a ser monolingüe en galego ou bilingüe galego-castelán co predominio do galego.

Na escrita, o galego non tiña ningunha norma sistemática. Os autores de Galaxia levaron á práctica o criterio simplificador da ortografía, xa que se decantaban polas Normas do seminario. Na Universidade de Santiago, Carballo Calero elaborou a gramática máis importante: Gramática elemental del gallego común.

A Nova Narrativa Galega

A Nova Narrativa Galega foi un grupo de mozos dos anos 60 que rompeu coa tradición anterior. Supuxeron unha renovación no xeito de narrar.

Características da Nova Narrativa Galega

A Nova Narrativa Galega supuxo técnicas, temas e procesos renovadores para a narrativa universal do século XX. Nas obras móstrase a sociedade insegura e alienante do franquismo. As novelas da NNG teñen unha serie de trazos caracterizadores:

  • Foxen da localización concreta dos espazos, redución temporal, contestación da idea do argumento e negación da acción.
  • Varias voces narrativas, técnica do monólogo interior.
  • Novos mundos literarios artificiais e fusión desacougante de realidade e fantasía.
  • Tratamento intensivo do tema do absurdo existencial, personaxes problemáticos.
  • Presenza reiterada da violencia, agresividade e da tensión nas relacións humanas.
  • Práctica da intertextualidade.

O inicio da NNG sitúase coa publicación de Nasce un árbore de Rodríguez Mourullo. Pódense sinalar tres períodos:

  • a) Fase de formación, predominio da temática existencialista, influenciado por Kafka.
  • b) Fase de auxe, prioridade da experimentación formal e influencia obxectualista.
  • c) Fase de liquidación, abandono progresivo do afán experimentalista na forma e penetración da preocupación política.

Autores e Obras Destacadas

  • Gonzalo Rodríguez Mourullo, Nasce un árbore e Memoria de Tains, dous volumes de relatos con superposición do plano real e fantástico.
  • Camilo González Suárez Llanos, Lonxe, Como calquera outro día. Os personaxes son entes que deambulan arreo.
  • Mª Xosé Queizán, A orella no buraco, típica novela obxectalista. A obra posterior ten outros derroteiros, con diversas problemáticas sociais, Amantia, A semellanza...
  • Xohana Torres, Adiós, María, novela de problemática integración da procedencia rural no Vigo dos anos 60.
  • Xoán Luís Méndez Ferrín, Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas, Arrabaldo do norte, con elementos definitorios da NNG.
  • Carlos Casares, Vento ferido, Cambio en tres, textos situados a medio camiño entre a narración realista clásica e os procedementos modernos.

Descargar

PDF Word HTML