Prosa galega entre 1936 e 1976: Autores e obras

Lingua e literatura2,59 KB

Prosa entre 1936 e 1976

Nos anos 50 comeza, da man da Editorial Galaxia, a recuperación cultural da expresión literaria galega. Para tal fin, procúrase recuperar a tradición cultural da preguerra (membros de Nós e das Irmandades), devolver á cultura galega autores que optaran polo silencio narrativo e fomentar o cultivo dos xéneros literarios na nosa literatura. Ademais, preténdese reivindicar a validez do galego na liña do grupo Nós, promover o estudo da realidade galega (revista Grial) e fomentar o labor galeguista nas novas xeracións.

Liñas temáticas

As principais liñas temáticas son catro:

  • Continuadores da tradición do grupo Nós
  • Realismo popular
  • Realismo fantástico
  • Realismo social

Realismo popular

O realismo popular, cuxo máximo representante é Ánxel Fole (Á lus do candil), é unha corrente onde destacan a ambientación rural e o dialectalismo lingüístico. Á lus do candil: historias contadas en 1ª persoa, nas que o autor é un simple oínte. Utilízase a técnica das "bonecas rusas" (encaixar historias dentro do argumento principal) e a temática da obra é de imaxinación popular (lendas). De estrutura sinxela, os argumentos baséanse en anécdotas misteriosas.

Realismo fantástico

O realismo fantástico, encabezado por Álvaro Cunqueiro, mestura realidade e fantasía. Non se pode falar de narración progresiva, xa que non existe unha liña argumental básica. Nas súas obras, coexisten varios narradores convertidos en personaxes. O uso da técnica oral e da mestura do novo e do antigo pretende conseguir un toque de ironía. Algunhas obras son Merlín e familia ou Se o vello Sinbad volvese ás illas.

Realismo social

O realismo social queda principalmente representado por Eduardo Blanco Amor e Xosé Neira Vilas. Por parte de Blanco Amor destaca, sobre toda a súa obra, A esmorga, xa que supón unha renovación do punto de vista da narrativa galega, xa que fronte ao narrador omnisciente habitual, Blanco Amor introduce dous narradores. Por outra banda, a temporalidade é complexa e afástase da propia da narrativa galega. A novela está situada nos suburbios ourensáns e existen varias interpretacións da obra (picaresca, existencialista e sociolóxica). Por outra banda, Neira Vilas céntrase no mundo rural galego e na emigración, destacando Memorias dun neno labrego ou Querido Tomás.

Descargar

PDF Word HTML