Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

As catro etapas da normativización do galego: do popularizante ao estándar

Lingua e literaturaActualizado o 2,54 KB

A normativización da lingua galega

Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas fundamentais:

a) Galego popularizante (s. XIX)

Representado por figuras como Rosalía de Castro ou Curros Enríquez, caracterízase por reproducir na escrita a lingua oral no seu rexistro popular. Desenvólvense os primeiros dicionarios, pero non se constrúe unha norma de uso sistemático na escrita; será Eduardo Pondal o autor que máis consciencia mostre da necesidade de normativizala.

A tarefa de comezar a reproducir na escrita a oralidade sen modelos previos (non coñecían as cantigas medievais) non é doada, e os autores e autoras optan polas solucións ortográficas da lingua na que se formaron: o castelán. O galego desta etapa está ateigado...

Seguir lendo "As catro etapas da normativización do galego: do popularizante ao estándar" »

O Teatro das Vangardas e a Xeración Nós en Galicia: autores e obras

Lingua e literaturaActualizado o 2,72 KB

O Teatro das Vangardas

O Teatro das Vangardas está formado por un grupo de autores que comparten cos membros da Xeración Nós a súa concepción do teatro como "unha arte total", á vez que asumen as tendencias das vangardas europeas do momento e a influencia de dramaturgos como Ibsen ou Maeterlinck. Entre eles destacan Rafael Dieste, Álvaro de las Casas ou Xaime Quintanilla.

Rafael Dieste

Autor dunha única peza de teatro, A fiestra valeira (1927), representada en Rianxo (1935). É unha comedia de carácter simbólico, con claros elementos vangardistas, que expón o conflito pola inclusión dunha ventá no cadro que mostra as orixes mariñeiras da familia e os valores do pobo mariñeiro. Tamén se considera obra dramática O drama do cabalo

...
Seguir lendo "O Teatro das Vangardas e a Xeración Nós en Galicia: autores e obras" »

Bilingüismo e diglosia en Galicia: conceptos e dinámicas lingüísticas

Lingua e literaturaActualizado o 2,95 KB

O Bilingüismo

O termo bilingüismo refírese á capacidade que ten unha persoa de se expresar máis ou menos con igual destreza en dúas linguas, isto é, o bilingüismo individual. En sentido colectivo, o bilingüismo social, refírese a comunidades que empregan dúas linguas, sendo bilingües a maior parte dos seus individuos.

Adóitase falar de bilingües pasivos cando aqueles que entenden ambas as linguas, mais só saben falar unha, e falamos de bilingües activos daqueles que falan e entenden as dúas.

O bilingüismo é un motivo de enriquecemento cultural para o individuo, pero é difícil que estas linguas se atopen en situación de igualdade total.

O individuo raramente utilizará dúas linguas para un mesmo propósito; empregará a lingua...

Seguir lendo "Bilingüismo e diglosia en Galicia: conceptos e dinámicas lingüísticas" »

A literatura galega no século XVIII: a Ilustración e o Rexurdimento

Lingua e literaturaActualizado o 3,14 KB

A literatura no século XVIII: A Ilustración

Durante o século XVIII, a Ilustración formulou propostas para sacar o país do atraso, mellorar a educación e dignificar a lingua. Neste período xorden voces fundamentais que reivindican o cultivo e a dignificación da lingua galega.

Autores e figuras clave da Ilustración

  • Frei Martín Sarmiento: Autor do Coloquio de 24 galegos rústicos, obra composta por coplas de estilo popular e gran riqueza léxica. As súas ideas sobre a lingua incluían:
    • O emprego do galego no ensino (denunciando o fracaso do ensino en castelán).
    • O uso nos actos relixiosos e administrativos, defendendo que quen desempeñe estes cargos debe coñecer a lingua.
    • O combate contra os prexuízos sobre o galego mediante argumentos
...
Seguir lendo "A literatura galega no século XVIII: a Ilustración e o Rexurdimento" »

O galego moderno e as Irmandades da Fala (1916-1936)

Lingua e literaturaActualizado o 2,63 KB

O Galego Moderno (1916-1936)

Contexto Social e o Agrarismo

Nesa época, a sociedade galega era maioritariamente rural e campesiña. A poboación desprazábase cara ás cidades, o que provocou o desenvolvemento destas. Esta poboación seguía sufrindo a emigración e as súas condicións de vida foron moi precarias.

No século XX xurdiu o Agrarismo, liderado por Basilio Álvarez. Este movemento reivindicou a posesión das terras polos campesiños, conseguindo que estes foran os seus donos. Grazas a este movemento, en 1926, conseguiuse a redención dos foros e a desaparición da fidalguía, xurdindo así un novo grupo burgués.

Situación da Lingua

Aínda que o galego fose o idioma utilizado pola maioría da poboación, este sufriu a desaparición...

Seguir lendo "O galego moderno e as Irmandades da Fala (1916-1936)" »

A Lingua Galega na Idade Media: Historia e Características

Lingua e literaturaActualizado o 3,67 KB

A Lingua Galega na Idade Media

O Galego na Alta Idade Media (Séculos IX-XII)

Os tres primeiros séculos da Idade Media, do IX ao XII, foron para a lingua galega (nestes séculos o galego-portugués) e para o latín, unha situación de bilingüismo social. O latín era a lingua alta e só se podía aprender polo estudo académico, pero tiña poucos falantes, xa que só era utilizado nos contextos formais e na escrita. Sen embargo, o Galego Antigo era a lingua baixa, falada pola maioría das persoas. Esta distribución das linguas nestes séculos coñécese como diglosia clásica.

O Esplendor do Galego no Século XIII

O século XIII foi realmente o mellor período para a lingua galega (independizada xa do portugués), xa que, ademais de ser a lingua...

Seguir lendo "A Lingua Galega na Idade Media: Historia e Características" »

Causas do cambio semántico: tipos e exemplos en galego

Lingua e literaturaActualizado o 3,74 KB

teatroFoi Un xénero pouco cultivado na preguerra, pero no exilio acabarán revelándose Dramaturgos, e incluso algún levarán a cabo as composicións teatrais baixo o Franquismo.

vRafael dieste.

[‘’A fiestra valdeira’’ ] é a obra máis Relevante da preguerra. Está ambientada a comezos do S.XX nunha pequena vila Mariñeira, nunha sala dun indiano dende onde se ve a riveira, as lanchas e o Peirao.

ANon Son personaxes costumistas tópicas.

AConstrucción Escénica moi calculada e diálogos sobrios.

AConcibe O teatro como composición pictórica en movemento

AFai Predominar o literario sobre o dramático.

vOUTROS DRAMATURGOS NOVECENTISTAS.

§Álvaro de las Casas

*Mensaxe galeguista. [‘’Pancho de Rábade’’]

*Teatro poético. [‘’Rechouchío’’]...

Seguir lendo "Causas do cambio semántico: tipos e exemplos en galego" »

Grupo Nós: membros, revista e obras clave da cultura galega

Lingua e literaturaActualizado o 2,59 KB

O Grupo Nós: Contexto e Membros Fundadores

O Grupo Nós está formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Antón Losada Diéguez. Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronoloxicamente á Xeración das Irmandades da Fala. Comparten ademais unhas características comúns que os diferencian doutros escritores da época: a súa procedencia social acomodada e a súa evolución cara ao galeguismo. A eles únese Castelao para a realización de proxectos artísticos, políticos e culturais.

A Revista Nós (1920)

O nome do grupo Nós procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920. Foi a publicación máis importante de Galicia da preguerra e ocupouse das diversas facetas que compoñen a cultura galega.

A gran...

Seguir lendo "Grupo Nós: membros, revista e obras clave da cultura galega" »

A Lingua Galega Durante o Franquismo e a Recuperación Cultural (1936-1975)

Lingua e literaturaActualizado o 3 KB

O Galego despois da Guerra Civil (1936-1975)

Todo o esplendor e traballo anterior (1900-1936) desaparece. Entre moitas consecuencias negativas da guerra, hai algunhas que afectan directamente ao galego, como o impedimento de entrar en vigor o E.A. (Estatuto de Autonomía) no que se establecía a cooficialidade do galego.

A Represión Franquista e as Consecuencias Sociolingüísticas

O triunfo do franquismo supuxo a supresión das liberdades, reprimindo calquera manifestación de diferencialismo que non fose de carácter folclórico. A censura será a medida suficiente para desterrar a lingua galega de calquera ámbito que non sexa o privado.

Durante o franquismo, o número de galegofalantes reduciuse debido a:

  • A represión legal da lingua galega.
...
Seguir lendo "A Lingua Galega Durante o Franquismo e a Recuperación Cultural (1936-1975)" »

Poesía e teatro galegos a fins do século XX e inicios do XXI: temas e autores

Lingua e literaturaActualizado o 9,35 KB

A poesía galega a fins do século XX e comezos do XXI

Temas e autores dos 80 e dos 90

Na poesía galega, a mediados dos anos 70, coincidindo co comezo do período democrático, prodúcese unha nova etapa marcada polos cambios políticos, económicos e socioculturais. A publicación de tres obras, entre elas Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín, marca o inicio desta nova etapa. Estas obras representan a superación da poesía social que triunfara nos 60, no contexto político de oposición á ditadura, e que se vía agora como excesivamente monótona e coloquial. Prodúcese así a apertura temática e estilística dunha poesía que busca ser, ante todo, creación artística, entroncando coa tradición e buscando ser á vez universal....

Seguir lendo "Poesía e teatro galegos a fins do século XX e inicios do XXI: temas e autores" »