Xeración Nós: Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Losada
Xeración Nós
Formada por Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Otero Pedrayo e Anton Losada. Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronoloxicamente á xeración das Irmandades da Fala. As características comúns: a súa procedencia social acomodada e a evolución cara o galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo. A eles uniuse Castelao.
A Revista Nós
O nome do grupo procede da revista Nós, que foi fundada en Ourense en 1920 e desapareceu en 1936, publicáronse 144 números. Foi a publicación máis importante da Galiza da preguerra. O seu principal logro no plano literario foi a consolidación e modernización da prosa, e no plano político foi que participaron nas teses do nacionalismo e lideraron o Partido