O galego moderno e as Irmandades da Fala (1916-1936)

Lingua e literaturaActualizado o 2,63 KB

Resumo

O documento describe o contexto social e lingüístico de Galicia entre 1916 e 1936, cunha sociedade maioritariamente rural e a emigración como fenómeno central. Analiza o agrarismo de Basilio Álvarez e a situación do galego, marxinado nos ámbitos centrais. Tamén presenta as Irmandades da Fala, fundadas na Coruña en 1916, e as súas iniciativas a prol da dignificación e normalización da lingua.

Puntos clave

  • Nesta época a sociedade galega era maioritariamente rural e campesiña, e a emigración agravaba as condicións de vida.
  • O agrarismo, liderado por Basilio Álvarez, reivindicou a posesión das terras polos campesiños.
  • En 1926 conseguiuse a redención dos foros e a desaparición da fidalguía, xurdindo un novo grupo burgués.
  • As Irmandades da Fala foron fundadas na Coruña en 1916 por Antón Villar Ponte e defendían a lingua como pilar da identidade nacional.
  • Entre os seus obxectivos estaban a cooficialidade do galego e o castelán, unha cátedra de galego na Universidade de Santiago e a introdución do galego no ensino básico.
  • A Nosa Terra foi o órgano de expresión da organización, editado integramente en galego.

Ponte á proba

O Galego Moderno (1916-1936)

Contexto Social e o Agrarismo

Nesa época, a sociedade galega era maioritariamente rural e campesiña. A poboación desprazábase cara ás cidades, o que provocou o desenvolvemento destas. Esta poboación seguía sufrindo a emigración e as súas condicións de vida foron moi precarias.

No século XX xurdiu o Agrarismo, liderado por Basilio Álvarez. Este movemento reivindicou a posesión das terras polos campesiños, conseguindo que estes foran os seus donos. Grazas a este movemento, en 1926, conseguiuse a redención dos foros e a desaparición da fidalguía, xurdindo así un novo grupo burgués.

Situación da Lingua

Aínda que o galego fose o idioma utilizado pola maioría da poboación, este sufriu a desaparición de falantes debido ao desprazamento da poboación. Nesta etapa medraran os estereotipos negativos do galego, causando que a súa presenza fose moi escasa e estivese marxinado nos ámbitos centrais.

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foron unha organización de persoas que traballaban pola cultura e a unión da lingua, definindo a Galiza como unha nación. Fundáronse na Coruña en 1916 por Antón Villar Ponte. Defendían un nacionalismo que concibía a lingua como pilar fundamental da identidade.

  • A organización dotouse dun órgano de expresión que difundiu o pensamento galeguista: A Nosa Terra, editada integramente en galego.
  • As Irmandades constituíron o órgano do movemento político que difundiu as bases teóricas do nacionalismo a través de dúas obras: Teoría do Nacionalismo e Doutrina Nacionalista.

Iniciativas a prol da Lingua e da Cultura

A dignificación e a normalización da lingua en todos os ámbitos foi o seu propósito. Tiñan como obxectivo:

  • Consecución da cooficialidade do galego e o castelán.
  • Implantación dunha cátedra de lingua e literatura galega na Universidade de Santiago.
  • Introdución do galego no ensino básico.
  • Elaboración dun rexisto culto.

As principais iniciativas foron:

  1. Utilización do galego na escrita e na oralidade.
  2. Publicacións periódicas monolingües en galego (A Nosa Terra) e editoriais como Cántiga e Nós. Grazas a isto, promulgouse a tradución das obras universais ao galego, o que creou público lector nesta lingua.
  3. Creáronse entidades científicas como o Seminario de Estudos Galegos, integrado por mozos universitarios.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen fundou as Irmandades da Fala?

As Irmandades da Fala fundáronse na Coruña en 1916 por Antón Villar Ponte. Foron unha organización dedicada á cultura e á unión da lingua galega.

Que reivindicou o agrarismo?

O agrarismo, liderado por Basilio Álvarez, reivindicou a posesión das terras polos campesiños. Grazas a este movemento, en 1926 conseguiuse a redención dos foros.

Cales eran os principais obxectivos das Irmandades da Fala?

Buscaban a cooficialidade do galego e o castelán, unha cátedra de lingua e literatura galega na Universidade de Santiago e a introdución do galego no ensino básico. Tamén pretendían elaborar un rexisto culto.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que cidade se fundaron as Irmandades da Fala?
2. Quen liderou o movemento agrarista?
3. Que publicación era o órgano de expresión das Irmandades da Fala?
4. Que ano se produciu a redención dos foros?
5. Onde se pretendía implantar unha cátedra de lingua e literatura galega?
6. Que entidade científica foi creada integrada por mozos universitarios?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.