A Lingua Galega Durante o Franquismo e a Recuperación Cultural (1936-1975)
Resumo
O texto explica como a Guerra Civil e o franquismo afectaron ao galego: prohibicións, censura, retroceso do uso social da lingua e o papel dos exiliados na súa conservación. Tamén percorre as etapas da recuperación cultural, desde as primeiras obras posguerra ata a transición, e remata co camiño cara a unha norma estándar.
Puntos clave
- O Estatuto de Autonomía, que establecía a cooficialidade do galego, non chegou a entrar en vigor por causa da guerra.
- Durante o franquismo o número de galegofalantes reduciuse pola represión legal, a educación obrigatoria en castelán, os medios en castelán e os prexuízos contra o galego.
- Os exiliados foron quen mantivo viva a recuperación lingüística e cultural.
- En 1947 publicouse Comaros verdes de Aquilino Iglesia, a primeira obra literaria galega despois da guerra.
- A editorial Galaxia fundouse en 1950 e a súa primeira obra foi Antífona da cantiga (1951) de Ramón Cabanillas.
- En 1963 celebráronse as primeiras Letras Galegas, e en 1975 morreu Franco e a censura desapareceu con el.
O Galego despois da Guerra Civil (1936-1975)
Todo o esplendor e traballo anterior (1900-1936) desaparece. Entre moitas consecuencias negativas da guerra, hai algunhas que afectan directamente ao galego, como o impedimento de entrar en vigor o E.A. (Estatuto de Autonomía) no que se establecía a cooficialidade do galego.
A Represión Franquista e as Consecuencias Sociolingüísticas
O triunfo do franquismo supuxo a supresión das liberdades, reprimindo calquera manifestación de diferencialismo que non fose de carácter folclórico. A censura será a medida suficiente para desterrar a lingua galega de calquera ámbito que non sexa o privado.
Durante o franquismo, o número de galegofalantes reduciuse debido a:
- A represión legal da lingua galega.
- A xeneralización da educación obrigatoria en castelán.
- Os medios de comunicación en castelán.
- A extensión de prexuízos contra a lingua galega.
Por iso hai un longo período sen publicacións en galego, dándose unha dobre censura: ideolóxica e idiomática. Nesta época dáse o crecemento das cidades que leva consigo o abandono do galego.
As consecuencias sociolingüísticas son inmediatas, sendo a lingua galega ignorada en calquera uso público e reprimida no espontáneo. Son os exiliados os que manteñen viva a recuperación lingüística e cultural, combatendo a diglosia forzada pola vontade de unificación lingüística da Igrexa, o ensino, a xustiza e a medicina.
Etapas da Recuperación Cultural
Podemos diferenciar 4 etapas:
1. Finais dos anos 40
- En 1947 publícase Comaros verdes de Aquilino Iglesia, a primeira obra literaria publicada despois da guerra en galego.
- Nacen as primeiras coleccións de poesía (como "Benito Soto"), revistas (como Alba) e editoriais ("Monterrey").
2. A década de 1950: O nacemento de Galaxia
- En 1950 fúndase a editorial Galaxia, de gran importancia para a recuperación da nosa lingua.
- A súa primeira obra será Antífona da cantiga (1951) de Ramón Cabanillas.
- Publicaron revistas como Grial (que foi censurada e clausurada).
- Nesta época comezaron os actos e agrupacións na clandestinidade.
3. A década de 1960: Madurez e Letras Galegas
- Madura a primeira xeración de galegos que non viviu directamente a guerra e fórmanse os partidos nacionalistas.
- En 1962, Celso Emilio Ferreiro publica Longa noite de pedra.
- En 1963, celébranse as Letras Galegas.
4. Transición (1970s)
- En 1974 emítese...
- En 1975 morre... e a censura morre con el.
O Camiño cara a Norma Estándar
O galego escrito na posguerra non respondía a unha norma estándar e comézase o camiño para a busca dunha norma culta, recibindo o nome de proestándar, co desexo de ter unha lingua estándar propia.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Por que o galego retrocedeu durante o franquismo?
Pola represión legal da lingua, a educación obrigatoria en castelán, os medios de comunicación en castelán e a extensión de prexuízos contra o galego. A censura desterrouno de case todos os ámbitos públicos.
Cal foi a primeira obra literaria en galego publicada despois da guerra?
Comaros verdes, de Aquilino Iglesia, publicada en 1947.
Que papel tivo a editorial Galaxia?
Foi fundada en 1950 e tivo gran importancia para a recuperación da lingua galega, publicando entre outras obras Antífona da cantiga de Ramón Cabanillas.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.