A Lingua Galega na Idade Media: Historia e Características

Lingua e literaturaActualizado o 3,67 KB

Resumo

O documento repasa a evolución do galego-portugués durante a Idade Media, desde a diglosia dos séculos IX-XII ata a súa decadencia nos séculos XIV-XV. Inclúe tamén unha descrición das características fonéticas, morfosintácticas e léxicas do Galego Antigo, así como exemplos de cada unha delas.

Puntos clave

  • Nos séculos IX-XII existía unha diglosia clásica: o latín era a lingua alta da escrita e os contextos formais, e o galego-portugués era a lingua baixa falada pola maioría.
  • No século XIII o galego alcanzou o seu esplendor como lingua escrita e formal, en paralelo ao auxe económico e cultural de Galicia.
  • Nos séculos XIV e XV o reino galego decaeu políticamente e o castelán foi ganando terreo na Administración e na Igrexa.
  • O Galego Antigo tiña vogais nasais, oposicións entre sibilantes xordas e sonoras e conservaba a africada /ʧ/.
  • Na morfosintaxe destacan a ausencia de morfema feminino en palabras rematadas en -or, o uso de 'te' como acusativo e dativo e os posesivos sen artigo.

Ponte á proba

A Lingua Galega na Idade Media

O Galego na Alta Idade Media (Séculos IX-XII)

Os tres primeiros séculos da Idade Media, do IX ao XII, foron para a lingua galega (nestes séculos o galego-portugués) e para o latín, unha situación de bilingüismo social. O latín era a lingua alta e só se podía aprender polo estudo académico, pero tiña poucos falantes, xa que só era utilizado nos contextos formais e na escrita. Sen embargo, o Galego Antigo era a lingua baixa, falada pola maioría das persoas. Esta distribución das linguas nestes séculos coñécese como diglosia clásica.

O Esplendor do Galego no Século XIII

O século XIII foi realmente o mellor período para a lingua galega (independizada xa do portugués), xa que, ademais de ser a lingua falada polo pobo, converteuse na lingua utilizada na escrita e nos contextos formais. Grazas a este esplendor, entre outras cousas, Galicia viviu un gran auxe económico do século IX ao XIII, que transmitiu a cultura galega fóra de Galicia. O reino galego formaba parte agora da coroa de Castela e o castelán comezou a estenderse por Galicia.

Decadencia e Marxinación (Séculos XIV-XV)

Os últimos séculos, XIV e XV, foron prexudiciais para o reino galego debido a unha gran decadencia política. Isto foi debido ao simple feito de apoiar na loita pola coroa de Castela a Pedro I e non a Henrique II de Trastámara, que foi o que se fixo co cargo. Henrique II desprazou os nobres galegos por casteláns nos cargos importantes da política. A pesar disto, Galicia volve errar no mesmo no século XV xa que apoia a Xoana a Beltranexa e non a Isabel a Católica, polo que un segundo “castigo” cae como unha laxa para a Administración e a Igrexa, que quedaron agora dominados por xente castelá. Ao final do século, o Galego Antigo comeza o seu proceso de marxinación que segue nos séculos posteriores quedando relevado polo castelán.

Características do Galego Antigo

Fonética do Galego Antigo

O Galego Antigo destes séculos ten unha fonética particular. Algunhas características destacadas son:

  • As vogais nasais, usadas como en “mão” (“man”) ou “irmão” (“irmán”), substituídas agora polo “n” intervocálico.
  • A oposición entre sibilantes xordas (/s/, /ʃ/) como en “passo” (para /s/) e “peixe” (para /ʃ/).
  • A oposición entre sibilantes sonoras (/z/, /ʒ/) como en “cozer” (para /z/) e “hoje” (para /ʒ/).
  • Consérvase a consoante africada /ʧ/ como en “chover”.

Morfosintaxe do Galego Antigo

A morfosintaxe do Galego Antigo distínguese por varias características:

  • Non ter morfema feminino para verbas rematadas en -or, como en “a pastor”.
  • Usar o pronome “te” para o acusativo e o dativo, como en “falareite de amor”.
  • Utilizar os posesivos sen artigo diante, como en “meu amigo” e non “o meu amigo”.
  • A variación na terceira persoa dos perfectos do sur en -e ou -ø (“ouve” ou “fez”) dos do norte en -o (“ouve” ou “fizo”), na que continúa a do norte.

Léxico do Galego Antigo

No léxico, usáronse palabras perdidas e outras con cambios de significado:

  • Verbas perdidas como “assaz” (“bastante”) ou “vegada” (“vez”).
  • Palabras con cambios de significado hoxe en día como “aver”, que tiña o significado de “ter”.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é a diglosia clásica no galego medieval?

É a situación na que o latín era a lingua alta, usada na escrita e nos contextos formais, mentres o galego-portugués era a lingua baixa falada pola maioría da poboación. Así se describe a distribución das linguas nos séculos IX-XII.

Por que decaeu o reino galego nos séculos XIV e XV?

O texto explica que a decadencia política se debeu a apoiar a Pedro I na loita pola coroa de Castela, o que levou a Henrique II a desprazar aos nobres galegos por casteláns. Despois, o apoio a Xoana a Beltranexa en lugar de a Isabel a Católica supuxo un novo castigo.

Como se usaban os posesivos no Galego Antigo?

Empregábanse sen artigo diante, como en 'meu amigo' e non 'o meu amigo'. Esta é unha das características morfosintácticas que o texto destaca.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Como se chamaba a situación de bilingüismo social dos séculos IX-XII?
2. Que lingua era a lingua alta da escrita nos séculos IX-XII?
3. En que século alcanzou o galego o seu esplendor como lingua escrita?
4. Que forma tiñan os posesivos no Galego Antigo?
5. Que cargo importante ocupou Henrique II de Trastámara?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.