Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: vida, obra e temas do Rexurdimento

Lingua e literaturaActualizado o 4,18 KB

Eduardo Pondal

Vida e Obra (Ponteceso 1835 - A Coruña 1917)

Nace no seo dunha familia acomodada. Estuda Bacharelato e Medicina en Santiago de Compostela, onde comezan as súas inquedanzas galeguistas e participa no Banquete de Conxo, un acto progresista de obreiros e estudantes.

Obra

  • 1ª etapa: Tendencia romántica e sensible influencia clasicista. Os Eoas e A Campana de Anllóns.
  • 2ª etapa: Época do rexionalismo e época do bardismo pondaliano, na que o poeta asume o papel do bardo galego e sente como propio o compromiso de difundir, mediante o seu canto poético, a ideoloxía galeguista baseada no recente creado mito do celtismo. Pertencen Rumores dos Pinos e Queixumes dos Pinos.

Queixumes dos Pinos (1866)

Despois de Rumores dos Pinos, Queixumes

...
Seguir lendo "Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: vida, obra e temas do Rexurdimento" »

Autores da nova narrativa galega: Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares e María Xosé Queizán

Lingua e literaturaActualizado o 1,65 KB

Autores da nova narrativa:
Xoxe Luis Mendez Ferrin:
E unha figura clave para entender a narrativa da segunda metade do S XX. Publicou o seu primeiro libro de relatos, Percival e outra historias. Tamen se poden encadrar dentron da Nova Narrativa O crepusculo e as formigas e na novela Arrabaldo do norte. Na sua obra combinanse de xeito maxistral a dureza e o lirismo, podemos atopar temas moi diversos, dende relatos realista ate outros de misterio ou de terror, moitas veces tinxindo cun cklaro fondo politico.
Carlos Casares:
Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres, unha novela onde experimenta con diferentes tecnicas vangardistas. Todas as obras de Carlos Casares estan moi traballadas
...
Seguir lendo "Autores da nova narrativa galega: Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares e María Xosé Queizán" »

Análise de Cantares Gallegos e Follas Novas de Rosalía de Castro

Lingua e literaturaActualizado o 2,48 KB

Cantares Gallegos

Publicación e Contexto

Publicada o 17 de maio de 1863 por Rosalía de Castro, Cantares Gallegos marca o inicio do Rexurdimento. Rosalía glosa cantares, refráns e ditos populares, intentando reproducir o espírito do pobo. A obra vai máis alá da simple revalorización romántica da cultura popular. Rosalía, marxinada por ser galega, muller e escritora, revela o seu compromiso con Galicia. Cantares Gallegos é clave para o reencontro coa identidade e a demostración do galego como lingua literaria. A autora canta a fermosura da terra, a dignidade do seu pobo e as inxustizas sufridas por Galicia, dándolle un carácter político.

Estrutura

Presenta unha estrutura circular, enmarcándose entre o primeiro e o último poema. Postos...

Seguir lendo "Análise de Cantares Gallegos e Follas Novas de Rosalía de Castro" »

Análise da poesía galega de Luís Pimentel, Aquilino Iglesia Alvariño e Celso Emilio Ferreiro

Lingua e literaturaActualizado o 9,17 KB

1. Primeira Comunión de Luís Pimentel

Características: Este poema caracterízase por ter unha temática intimista onde aparece un dos tópicos do mundo literario de Pimentel: os nenos. A infancia representa neste texto a ledicia, a inocencia e a pureza que contrasta coa sombra do templo. Dende o punto de vista formal, observamos un predominio do verso libre de arte menor. A utilización de recursos de repetición serve para dar ritmo e musicalidade á súa poesía. Así, observamos paralelismo: "todo o altar" (versos 5 e 15) e aliteración do fonema /t/: "todo altar tellados festa". No poema aparece o símbolo da cor branca representada en mañá, lirios, azucenas e escuma, que se asocia coa pureza e inocencia da infancia; pola contra, o...

Seguir lendo "Análise da poesía galega de Luís Pimentel, Aquilino Iglesia Alvariño e Celso Emilio Ferreiro" »

Guía literaria: Follas Novas e Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

Lingua e literaturaActualizado o 2,68 KB

Introdución

Ola, que tal? Espero que ben. Teño que ir deixando. TQQQ, meu anxel!!

Segundo poemario: Follas Novas (1880)

Trata de asuntos distintos empregando diferentes procedementos expresivos e de perspectiva. A obra salienta pola súa métrica, os seus temas e a súa estrutura.

Características principais

  • Métrica: Metricamente, o libro resulta moi innovador, xa que a autora experimenta con novas combinacións métricas que se anticipan á renovación que, anos máis tarde, levarían a cabo os modernistas.
  • Temas: Adóitase falar de dous grandes temas que se desenvolven no libro: a sociedade galega e o eu existencial da autora. Trátase dunha combinación de poesía social e poesía intimista, mais tamén se podería falar dun pequeno grupo de
...
Seguir lendo "Guía literaria: Follas Novas e Cantares Gallegos de Rosalía de Castro" »

A narrativa galega dos anos 80 ao século XXI: temas, autores e tendencias

Lingua e literaturaActualizado o 8,95 KB

11.- A PROSA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90. PROSISTAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES.

•   A narrativa dos 80.Os anos 80 significan a definitiva consagración da narrativa galega como un verdadeiro sistema, entendido este como:

-publicación dun importante número de títulos cada ano. -aparición de diferentes tendencias, liñas temáticas... -procura, por parte dos autores, do mercado, do "gran público", -especial atención ao público xuvenil (aparición da "literatura de instituto") -soporte da produción literaria mediante a existencia de novas editoriais, premios, ... Que garanten a difusión dos libros publicados.

-apertura temática, renovación da linguaxe e mais das técnicas narrativas. A...

Seguir lendo "A narrativa galega dos anos 80 ao século XXI: temas, autores e tendencias" »

Precursores e Rexurdimento da literatura galega: autores e obras

Lingua e literaturaActualizado o 4,9 KB

Precursores da literatura galega

Engloba a actividade e a obra de autores que participaron ou simpatizaron en maior ou menor medida co movemento provincialista e que usaron o galego con anterioridade á aparición do libro auroral da literatura galega moderna, Cantares gallegos (1863), de Rosalía de Castro.

Precursores: autores e obras

Os máis relevantes son:

  • Antonio Benito Fandiño: A casamenteira
  • Nicomedes Pastor Díaz: A alborada, Égloga, Belmiro e Benigno
  • Alberto Camino: Nai chorosa, O desconsolado, A foliada de San Xoán e O nacemento do real meniño
  • Francisco Añón Paz: A Galicia
  • Xoán Manuel Pintos: A gaita gallega
  • Antonio: Mosaico e El idioma gallego. Su antigüedad y su vida
  • Francisco M. de la Iglesia: Do mar e da terra e A fonte do xuramento

O

...
Seguir lendo "Precursores e Rexurdimento da literatura galega: autores e obras" »

O conflito lingüístico e a diglosia: conceptos e prexuízos en galego

Lingua e literaturaActualizado o 2,94 KB

O Conflito Lingüístico e a Diglosia



As linguas son a base da vida en sociedades, polo que as súas dinámicas están absolutamente condicionadas por factores sociais. A Sociolingüística é a disciplina encargada de estudar o uso das linguas e analizar a relación destas no ámbito social. Cada comunidade humana ten unha única lingua propia.



O Conflito Lingüístico

O conflito lingüístico é a tensión que se produce entre dúas linguas dentro da mesma sociedade por asumir un maior número de funcións sociais. Unha situación de conflito pode perdurar durante moito tempo e acaba tendo dúas saídas antagónicas:

  • Substitución lingüística: consiste en abandonar a lingua propia da comunidade.
  • Normalización lingüística: consiste na recuperación
...
Seguir lendo "O conflito lingüístico e a diglosia: conceptos e prexuízos en galego" »

O Bardismo e o Celtismo en Pondal e Rosalía: resumo e figuras retóricas

Lingua e literaturaActualizado o 2,6 KB

O Bardismo en Pondal

O coñecemento dos "Poemas de Ossián", publicados polo escocés James Macpherson como auténticas creacións dun bardo do século III, influíron na orientación da poesía de Pondal. Centrouse na creación dun mundo mítico para asentar o seu ideario galeguista. Ao xeito dos bardos celtas, Pondal eríxese no vate que dirixe e constrúe o seu pobo. A partir dun pasado glorioso, o bardo albisca o camiño do destino colectivo dos galegos e intenta guialos cara un futuro de liberdade, en que prevalezan "os bos e xenerosos" artífices dun futuro solidario e digno, orgullosos do seu, fronte aos "imbéciles e escuros", que renegan da súa historia e da súa terra. O bardo é un líder e guía celta, que tamén é poeta, bohemio,...

Seguir lendo "O Bardismo e o Celtismo en Pondal e Rosalía: resumo e figuras retóricas" »

A Xeración Nós: periodización, características e galeguismo

Lingua e literaturaActualizado o 2,48 KB

A prosa do primeiro terzo do século XX: As Irmandades e o Grupo Nós

Toda xeración debe cumprir oito condicións:

  • Nacemento en anos pouco distantes.
  • Formación intelectual semellante.
  • Relacións persoais entre autores.
  • Participación en actos colectivos propios.
  • Existencia dun acontecemento xeracional que aglutine as vontades.
  • Presenza dun guía.
  • Linguaxe xeracional caracterizadora (trazos comúns de estilo).
  • Estancamento da xeración anterior.

A Xeración Nós

Vinculábase coa revista que lle deu nome. A revista Nós naceu en Ourense en 1920, supervisada por Risco. Nela colaboraron Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Cabanillas e outros autores máis novos como Cunqueiro ou Blanco Amor. Nós creouse para divulgar as ideas do grupo e espallar a idea...

Seguir lendo "A Xeración Nós: periodización, características e galeguismo" »