As catro etapas da normativización do galego: do popularizante ao estándar

Lingua e literaturaActualizado o 2,54 KB

Resumo

O documento describe as catro etapas fundamentais do proceso de normativización da lingua galega, desde o galego popularizante do século XIX ata o estándar actual. Explica as características de cada etapa, os autores máis representativos e as primeiras normas escritas. Permite entender como evolucionou a ortografía e a morfoloxía do galego.

Puntos clave

  • Etapa popularizante (s. XIX): reproduce a lingua oral na escrita, sen unha norma sistemática, e está cheo de vulgarismos e castelanismos.
  • Etapa enxebrizante ou diferencialista (1900-1936): impulsada polas Irmandades da Fala e a Xeración Nós, busca distanciarse do castelán e recorre a hipergaleguismos e arcaísmos.
  • Normas para a unificación do idioma galego (1933), publicadas polo Seminario de Estudos Galegos, son das primeiras normas escritas.
  • Etapa protoestándar (1936-1980): vinculada á Editorial Galaxia, simplifica a ortografía e corrixe os excesos diferencialistas.
  • Etapa estándar (1981 ata hoxe): a investigación universitaria permite solucións máis estudadas; en 1982 a RAG e o ILG aproban as Normas Ortográficas e Morfolóxicas, revisadas en 1995 e reformadas en 2003.

Ponte á proba

A normativización da lingua galega

Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas fundamentais:

a) Galego popularizante (s. XIX)

Representado por figuras como Rosalía de Castro ou Curros Enríquez, caracterízase por reproducir na escrita a lingua oral no seu rexistro popular. Desenvólvense os primeiros dicionarios, pero non se constrúe unha norma de uso sistemático na escrita; será Eduardo Pondal o autor que máis consciencia mostre da necesidade de normativizala.

A tarefa de comezar a reproducir na escrita a oralidade sen modelos previos (non coñecían as cantigas medievais) non é doada, e os autores e autoras optan polas solucións ortográficas da lingua na que se formaron: o castelán. O galego desta etapa está ateigado de vulgarismos, castellanismos e dialectalismos.

b) Galego enxebrizante ou diferencialista (1900-1936)

Coas Irmandades da Fala e a Xeración Nós, os autores comezan a sentir a necesidade dunha norma escrita e inclínanse por un modelo diferencialista, que marque distancias co castelán e destaque a identidade propia do galego.

Eliminan castelanismos, moi abundantes na fala, e inclúen en cambio hipergaleguismos, arcaísmos e tamén lusismos. Nesta etapa redáctanse as primeiras normas: Normas para a unificación do idioma galego (1933), publicadas polo Seminario de Estudos Galegos.

c) Galego protoestándar (1936-1980)

A través dos autores vinculados á Editorial Galaxia, medra a conciencia da necesidade dun modelo culto que apoie a normalización do galego nos usos escritos. Caracterízase, sobre todo, pola simplificación ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e circunflexos) e pola corrección de hiperenxebrismos e dos excesos diferencialistas da etapa anterior.

d) Galego estándar (1981 ata a actualidade)

O mellor coñecemento lingüístico, grazas ás investigacións e estudos universitarios, axuda a atopar solucións máis estudadas para as interferencias e desviacións que aparecían nas etapas anteriores.

En 1982, a RAG (Real Academia Galega) e o ILG (Instituto da Lingua Galega) aproban as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, revisadas en 1995 e levemente reformadas en 2003. Este é o descritivo da norma culta oficial vixente na actualidade.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que caracteriza o galego popularizante do século XIX?

Reproduce na escrita a lingua oral no seu rexistro popular, sen un modelo de norma sistemática. Os autores, como Rosalía de Castro ou Curros Enríquez, usaban as solucións ortográficas do castelán, polo que o galego está cheo de vulgarismos e castelanismos.

Cando se aprobaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego?

Foron aprobadas pola RAG e o ILG en 1982, revisadas en 1995 e levemente reformadas en 2003. Constitúen a norma culta oficial vixente.

En que consiste a simplificación ortográfica do galego protoestándar?

Consiste na eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e circunflexos. Ademais, corrixe os hiperenxebrismos e os excesos diferencialistas da etapa anterior.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Quen destacou como o autor que máis consciencia mostrou da necesidade de normativizar o galego no século XIX?
2. Que editorial está vinculada á etapa do galego protoestándar?
3. Cal foi a primeira norma escrita da etapa enxebrizante?
4. Que tipo de castelanismos e arcaísmos caracterizan a etapa enxebrizante?
5. Que institucións aprobaron en 1982 as Normas Ortográficas e Morfolóxicas?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.