Bilingüismo e diglosia en Galicia: conceptos e dinámicas lingüísticas

Lingua e literaturaActualizado o 2,95 KB

Resumo

O texto explica os conceptos de bilingüismo individual e social, a distinción entre bilingües pasivos e activos e o fenómeno da diglosia. Tamén analiza a situación do galego e do castelán en Galicia, segundo ámbitos, espazos xeográficos e interlocutores, e o conflito lingüístico que deriva dela.

Puntos clave

  • O bilingüismo individual é a capacidade de expresarse con igual destreza en dúas linguas; o social refírese a comunidades onde a maior parte dos individuos é bilingüe.
  • Os bilingües pasivos entenden dúas linguas pero só falan unha; os activos falan e entenden as dúas.
  • A lingua hexemónica (A) impónse normalmente á lingua minorizada (B), que vai perdendo os seus rasgos característicos.
  • A diglosia é o reparto desigual de usos entre variantes dunha mesma lingua (endodiglosia) ou entre linguas diferentes (exodiglosia).
  • En Galicia o galego úsase en funcións de menor prestixio, no rural e nos arrabaldes, e o castelán nas de maior prestixio, nos núcleos urbanos e en contextos formais.
  • A diglosia produce un conflito lingüístico que, segundo o texto, se resolvería cunha política de normalización lingüística do galego.

Ponte á proba

O Bilingüismo

O termo bilingüismo refírese á capacidade que ten unha persoa de se expresar máis ou menos con igual destreza en dúas linguas, isto é, o bilingüismo individual. En sentido colectivo, o bilingüismo social, refírese a comunidades que empregan dúas linguas, sendo bilingües a maior parte dos seus individuos.

Adóitase falar de bilingües pasivos cando aqueles que entenden ambas as linguas, mais só saben falar unha, e falamos de bilingües activos daqueles que falan e entenden as dúas.

O bilingüismo é un motivo de enriquecemento cultural para o individuo, pero é difícil que estas linguas se atopen en situación de igualdade total.

O individuo raramente utilizará dúas linguas para un mesmo propósito; empregará a lingua A ou lingua hexemónica nun ámbito culto e reservará a lingua B ou lingua minorizada para usos informais. Normalmente, a lingua A impónse á lingua B, e esta vai perdendo os seus elementos característicos e diferenciadores.

O contacto entre dúas linguas conduce a unha diversificación de usos entre o galego e o castelán; este feito denomínase diglosia.

O bilingüismo harmónico ou convivencia de dúas linguas nunha situación de igualdade nunha comunidade, non serve máis que para manter unha duplicidade innecesaria na nosa comunidade.

A Diglosia

Prodúcese cando existe un reparto desigual de usos entre variantes dunha mesma lingua ou entre linguas diferentes, e cada unha cumpre unhas funcións distintas.

A diglosia pode ser de dous tipos:

  • Endodiglosia, cando a diglosia se produce entre variantes dunha mesma lingua.
  • Exodiglosia, se se trata de dúas linguas diferentes. Existe unha relación de desigualdade entre unha lingua hexemónica e unha lingua minorizada.

A diglosia dáse en comunidades onde existen dúas linguas nunha situación de desequilibrio que pode chegar a conflito lingüístico. En Galicia emprégase unha ou outra lingua segundo:

  • Os ámbitos sociais: emprégase o galego para as funcións de menos prestixio social e o castelán nas que maior prestixio teñen.
  • Os espazos xeográficos: úsase máis o galego no rural e nos arrabaldes das cidades e máis o castelán nos núcleos das mesmas.
  • Os interlocutores: dependendo da confianza que exista entre os interlocutores.

Esta situación de desequilibrio produce un conflito lingüístico.

Existen tres grupos de falantes en Galicia: monolingües en castelán, bilingües diglósicos e monolingües en galego. O terceiro grupo foi diminuíndo ao longo da historia, de maneira que os bilingües diglósicos e os monolingües en castelán sufriron un aumento considerable. A solución a isto sería intervir mediante unha política lingüística axeitada que aplicase un proceso de normalización lingüística do galego.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é a diglosia?

A diglosia prodúcese cando existe un reparto desigual de usos entre variantes dunha mesma lingua ou entre linguas diferentes, e cada unha cumpre funcións distintas. Pode ser endodiglosia (dentro dunha mesma lingua) ou exodiglosia (entre dúas linguas diferentes).

Cal é a diferenza entre bilingües pasivos e activos?

Os bilingües pasivos entenden as dúas linguas pero só saben falar unha. Os bilingües activos falan e entenden ambas as linguas.

En que ámbitos se usa o galego e o castelán en Galicia?

O galego empregase para as funcións de menor prestixio social, no rural e nos arrabaldes, mentres que o castelán se usa nas funcións de maior prestixio e nos núcleos das cidades. Tamén depende da confianza entre os interlocutores.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Como se denomina o contacto entre dúas linguas que conduce a unha diversificación de usos?
2. Que tipo de bilingüe entende ambas as linguas pero só sabe falar unha?
3. Que é a exodiglosia?
4. Segundo o texto, onde se emprega máis o galego en Galicia?
5. Que solución propón o texto para o conflito lingüístico en Galicia?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.