A Narrativa Galega dos Anos 60: Innovación e Tradición
A Narrativa dos Anos 60: nos anos sesenta, a narrativa galega experimenta un notable desenvolvemento grazas ás achegas de tres grupos diferenciados:
Escritores consolidados
Escritores xa consolidados na década anterior: Cunqueiro, Blanco Amor e Fole.
Escritores de temática realista
Escritores que elaboran unha narrativa de tema realista. Destaca Neira Vilas.
Escritores mozos
Escritores mozos que tentan renovar o panorama narrativo do seu tempo. Forman a chamada Nova Narrativa Galega.
Xosé Neira Vilas
Nace nunha familia labrega e pasa a infancia e adolescencia no mundo rural. En 1949 emigra a Arxentina; en Bos Aires, é un dos fundadores das Mocidades Galeguistas e funda tamén a editorial Follas Novas. En 1961, trasládase a Cuba, onde desempeña cargos na administración. Realiza estudos de filosofía e letras e desenvolve unha intensa actividade no mundo cultural. Volve a Galicia en 1992 e instálase na súa aldea natal, onde falece en 2015.
A súa obra
En toda a obra destaca a variedade de técnicas narrativas empregadas e a riqueza e calidade do seu léxico. É un dos primeiros autores de literatura infantil. Como investigador, escribiu varios libros nos que analiza a contribución dos emigrantes galegos a América.
Obras narrativas
Podemos clasificalas desde dous puntos de vista: segundo o espazo no que se sitúan as historias (Galicia, América) e segundo o protagonista (infantil, adulto). Ten 2 temas principais:
- Galicia rural da posguerra: nuns casos con protagonistas infantís ou adolescentes e noutros con protagonistas adultos.
- Galicia emigrante: a dos emigrantes galegos en América, cos seus problemas de adaptación ao mundo urbano, o illamento e a saudade da terra.
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego é unha das novelas de maior éxito da nosa literatura e foi traducida a varios idiomas. Conta desde a óptica do neno protagonista (Balbino) a vida e inquedanzas de un rapaz nunha aldea do interior de Galicia.
Xosé Luis Méndez Ferrín
Estudou en Santiago e en Madrid. Foi un dos fundadores da UPG xunto con Celso Emilio. Desenvolveu unha intensa actividade política e participou na creación de partidos nacionalistas, entre eles a organización independentista Galiza Ceibe e a Fronte Popular Galega.
A súa obra
É un dos escritores fundamentais da literatura galega actual, tanto no ámbito da poesía como no da narrativa. A súa obra narrativa inclúe contos e novelas. Podemos diferenciar 3 etapas:
- a) As súas primeiras obras encádranse dentro da Nova Narrativa Galega, protagonizadas por antiheroes que se moven en ambientes sórdidos.
- b) Nos anos setenta, escribe obras de temática política nas que presenta a violencia, a represión do estado e a clandestinidade.
- c) Desde 1980, combina a fantasía e as recreacións míticas da materia de Bretaña co compromiso político.
Carlos Casares
Na súa cidade natal, tivo unha intensa relación co grupo de Vicente Risco. Trasládase a Santiago e licénciase en Filosofía e Letras. Nesta cidade entra en contacto co ambiente galeguista. Militó no partido socialista e foi deputado no parlamento galego. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial, e presidiu o consello da Cultura Galega.
A súa obra
A súa actividade literaria desenvolveuse sobre todo no xénero da narrativa. Tamén escribiu obras de ensaio e colaborou na prensa e en múltiples actos culturais. As primeiras obras inclúense dentro da Nova Narrativa Galega. Son de carácter autobiográfico e sitúanse en distintas etapas da súa vida. As restantes obras ambientanse nun pasado histórico: narracións lúdicas situadas entre os séculos X e XX, a chegada do cine a unha cidade galega nos comezos da guerra civil, e a posición dos intelectuais galeguistas durante a ditadura franquista. A derradeira novela (O sol do verán) é unha historia de amor e morte na que Helena, tras o suicidio de Carlos, rememora os veráns compartidos na nenez.
Definicións
- Berrete: Gorro con borla negra que usan os xuíces e maxistrados nos tribunais.
- Veredicto: Sentenza dun xuíz.
- Tribunal: Lugar onde se administra xustiza.
- Delito: Acción penada pola lei.
- Fiscal: Persoa que representa o ministerio público nos tribunais.
- Reo: Persoa acusada ou presunta culpable dun delito.
- Estrado: Lugar no que se sitúa o xuíz e se toma declaración das testemuñas e aos inculpados.
- Xuíz: Funcionario encargado de administrar xustiza e aplicar as leis.
- Citación: Orde de comparecencia para declarar nun xuízo.
- Testemuña: Persoa que declara nun xuízo porque coñece un determinado feito.
- Toga: Vestidura que levan os maxistrados e avogados no exercicio da súa profesión.