Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura
Poesía de vangarda galega: características e autores
A poesía de vangarda: características, autores e obras
A poesía de vangardas: os ismos na etapa de preguerra
Co comezo do século XX, aparecen por toda Europa grupos de artistas mozos que rexeitan as súas tradicións culturais, por consideralas caducas e incapaces de expresar novas realidades culturais e científicas. A situación política (son os anos que culminan na 1ª Guerra Mundial) e os cambios sociais favoreceron a aparición dos movementos de vangarda, que pretenden reflectir as formas de vida moderna.
En Galicia, se a narrativa e o teatro foron renovados polos homes de Nós antes da Guerra Civil española, na mesma época, a renovación da poesía galega veu da man dun grupo de escritores moi novos que se encargaron de superar a...
O Galego Medieval: Historia, Esplendor e Evolución
O período medieval do galego (séculos IX-XV)
O período medieval da historia do galego esténdese ao longo de setecentos anos de virtual normalidade lingüística (IX-XV), que comeza a verse ameazada no último treito. A lingua deste período recibe o nome de galego antigo ou galego-portugués.
Ámbito xeográfico e formación
O galego antigo abarca o territorio da antiga Gallaecia romana, o que hoxe corresponde a Galicia, o norte de Portugal ata o río Douro e parte de Zamora, León e Asturias. O galego e o portugués comparten a primeira etapa da súa formación como idioma ata o século XIV, momento no que seguirán camiños diferentes.
O galego antigo ata 1350
Durante a Baixa Idade Media, o galego comeza a disputarlle ao latín a condición...
A Nova Narrativa Galega (NNG): Historia e Autores
A Nova Narrativa Galega (1954-1969)
Os autores da Nova Narrativa Galega (NNG) publicaron entre 1954 e 1969. As súas obras marcan unha ruptura e innovación na narrativa en galego, influenciadas por varios factores sociolóxicos e socioliterarios:
Factores sociolóxicos
- Os autores eran novos, de clase media-baixa e con formación universitaria.
- Viaxaron fóra do Estado español, onde aprenderon estilos literarios de países como Francia e Inglaterra.
Factores socioliterarios
- A maioría estréase na colección Illa Nova da Editorial Galaxia e colabora no suplemento literario La Noche.
- Gañaron popularidade ao coincidir nos certames das Festas Minervais de 1953.
- Referentes: Autores de Europa occidental e Norteamérica (James Joyce, Kafka, William Faulkner,
A Normativización do Galego: Fases, Criterios e Interferencias
A Normativización e Estandarización da Lingua Galega
Todas as linguas precisan dunha variedade unificada, común a todos os seus falantes, que sirva de vehículo para a comunicación formal (ensino, medios de comunicación...). O proceso polo que se elabora esta variedade chámase normativización ou estandarización lingüística.
Fases do Proceso de Estandarización do Galego
O galego puido comezar o seu proceso de estandarización no século XIX e consta de catro fases:
- Galego popularizante (S. XIX): galego literario próximo á oralidade.
- Galego enxebrista (comezos do XX ata 1936): exáltase o enxebre, todo aquilo diferente ao castelán.
- Galego protoestándar (desde 1936 ata os anos 70): acelérase o proceso de depuración de castelanismos
Guía Completa de Conceptos Sociolingüísticos do Galego
Guía Completa de Conceptos Sociolingüísticos do Galego
Alternancia de Código
Uso de dous idiomas nun mesmo discurso, enunciado ou frase por parte dun mesmo falante.
Ámbitos de Uso da Lingua
Os ámbitos de uso dunha lingua poden ser públicos ou privados. Algúns dos máis relevantes para a normalización do galego son:
- O galego no ámbito laboral e empresarial
- Ámbito institucional
- Ámbito educativo
- Ámbito dos medios de comunicación:
- A prensa
- Medios audiovisuais
- Na rede
- Música
- Cine, teatro e audiovisual
- Banda deseñada
- Asociacionismo cultural
Axentes de Transmisión Lingüística
Aqueles que transmiten o galego como lingua inicial (a familia) e, máis tarde, como lingua habitual (a escola, os medios de comunicación, as redes sociais, a cultura, o cine,...
A Situación da Lingua Galega na Posguerra (1939-1975)
A Lingua Galega na Posguerra (1939-1975)
1. Situación do idioma en Galicia ata os anos 50
Despois do triunfo das tropas franquistas na Guerra Civil, a lingua galega perdeu toda posibilidade de acceder ás instancias oficiais e ao uso público, reducíndose só ao uso familiar e coloquial (aínda que seguía sendo o idioma máis falado).
A ditadura contou con medios moi poderosos para a castelanización, onde o vehículo de comunicación real e oficial era o castelán:
- A Escola
- A Igrexa
- A Administración
Estes axentes non só ignoraron a existencia do idioma, senón que tamén reprimiron o seu uso con diversos decretos. Calquera defensa do galego era tachada de "separatista". Estes axentes castelanizadores acentuaron o proceso de desgaleguización....
A Prosa Galega (1936-1976): Renovadores e Nova Narrativa
A Prosa Galega (1936-1976): Os Renovadores
Autores Clave da Prosa Renovadora
Eduardo Blanco Amor: Vida e Obra
Na súa cidade natal cursou o bacharelato. Neses anos entrou en contacto cos ambientes intelectuais e comezou a súa actividade literaria e xornalística. Anos despois, Blanco Amor emigrou á Arxentina, onde desenvolveu unha importante actividade cultural. Como correspondente xornalístico, regresou varias veces a España. Desde 1936, a súa estadía en América foi xa forzada como exiliado.
Produción Narrativa Destacada:
- A esmorga (1959) - Novela
- Os biosbardos (1962) - Relatos
- Xente ao lonxe (1972) - Novela
A esmorga saíu por primeira vez en Buenos Aires. Con esta obra, Blanco Amor iniciou o camiño da renovación da narrativa galega e converteuse...
Rexurdimento galego: historia e evolución
O Rexurdimento da lingua e cultura galega no século XIX
No século XIX produciuse o Rexurdimento literario do galego. As ideas do Romanticismo favoreceron o desenvolvemento dunha corrente ideolóxica galeguista, cos obxectivos fundamentais da defensa de Galicia e da súa lingua. A guerra contra os franceses propiciou o uso do galego en impresos. O uso do galego estendeuse, así mesmo, ao tratamento doutros temas políticos do momento, que esixían o emprego da lingua dos seus destinatarios.
Centralismo e uniformización do Estado español
Consolidouse un aparato de administración dun Estado liberal; estas ideas están plasmadas na Constitución de Cádiz. O cambio político trae consigo o centralismo e a uniformación do Estado. En 1833 modifícase...
A Xeración dos 50: Autores, Obras e Contexto en Galicia
A Xeración dos 50
Algúns autores da xeración dos 50, universitarios e emigrantes, compartiron proxectos editoriais e culturais arredor do grupo Brais Pinto.
Grupo Brais Pinto
Está formado por estudantes universitarios e traballadores como Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín e Ramón Lourenzo.
A súa actividade xira arredor da reivindicación de Galicia a través de proxectos culturais como a fundación da editora co mesmo nome. Teñen influencias artísticas e literarias internacionais que lles valen para intentar renovar a arte e a literatura galega con novas propostas estéticas.
Bernardino Graña
Comeza a súa andaina poética no existencialismo propio da Escola da Tebra. Do cabti á materia, ao mar pasará a unha poesía máis...