A Xeración dos 50: Autores, Obras e Contexto en Galicia

Lingua e literatura3,85 KB

A Xeración dos 50

Algúns autores da xeración dos 50, universitarios e emigrantes, compartiron proxectos editoriais e culturais arredor do grupo Brais Pinto.

Grupo Brais Pinto

Está formado por estudantes universitarios e traballadores como Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín e Ramón Lourenzo.

A súa actividade xira arredor da reivindicación de Galicia a través de proxectos culturais como a fundación da editora co mesmo nome. Teñen influencias artísticas e literarias internacionais que lles valen para intentar renovar a arte e a literatura galega con novas propostas estéticas.

Bernardino Graña

Comeza a súa andaina poética no existencialismo propio da Escola da Tebra. Do cabti á materia, ao mar pasará a unha poesía máis vitalista, ecoloxista ademais de cultivar a poesía socialrealista.

Libros de poemas: Poema do home que quixo vivir, Profecía do mar e Non vexo Vigo nin Cangas.

Xosé Luís Méndez Ferrín

Comeza cultivando a poesía existencial e evoluciona cara á poesía de reivindicación e de loita social.

Xunto con outros, colabora na renovación poética achegando novos temas e formas.

Libros de poemas máis importantes: Voce na néboa, Con pólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens, O fin dun canto, Estirpe


A xeración dos 50 está composta por autores que nacen na década dos 30 ou comezan o seu labor literario na década dos 50. Son a primeira xeración nidiamente de posguerra e tremendamente rupturista respecto ás anteriores xeracións.

Hai unha serie de proxectos que unen estes autores: as Festas Minervais, La Noche, a colección Illa Nova... mais non todos participan en todas, aínda que si manteñen contacto e comparten inquietudes e, nalgúns casos, ideoloxía.

Así as cousas, podemos distinguir dous grupos:

  • Grupo compostelán. Baixo a guía de Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro, inícianse no galeguismo e comezan a publicar en xornais como La Noche.
  • Grupo Brais Pinto. Moito máis rupturista que os composteláns, levan a súa actividade cara a unha militancia e un activismo cultural moito máis comprometido.

Os primeiros pasos poéticos destes autores son existencialistas. É a escola da Tebra: Manuel María e Uxío Novoneyra.

Manuel María

Os seus primeiros libros de poemas son inseridos na chamada escola da Tebra polo seu fondo sentido existencial e pesimista.

A defensa da lingua, a Terra Chá, a nación son temas recorrentes na poesía de Manuel María.

Os seus libros máis importantes son: Muiñeiro de brétemas, Terra Chá e Cancións do lusco e fusco.

Uxío Novoneyra

Comparte co grupo vivencias, pero a súa traxectoria é totalmente diferente por motivos persoais. Segue a liña paisaxística, pero convértea nunha mestura de admiración e reflexión existencial e ontolóxica.

A expresión poética será sintética e breve, valéndose de recursos como o fonosimbolismo.

Obras: Os eidos, Os eidos 2, Os eidos. Libro do Courel e poemas caligráficos.

Descargar

PDF Word HTML