A Situación da Lingua Galega na Posguerra (1939-1975)

Lingua e literatura3,02 KB

A Lingua Galega na Posguerra (1939-1975)

1. Situación do idioma en Galicia ata os anos 50

Despois do triunfo das tropas franquistas na Guerra Civil, a lingua galega perdeu toda posibilidade de acceder ás instancias oficiais e ao uso público, reducíndose só ao uso familiar e coloquial (aínda que seguía sendo o idioma máis falado).

A ditadura contou con medios moi poderosos para a castelanización, onde o vehículo de comunicación real e oficial era o castelán:

  • A Escola
  • A Igrexa
  • A Administración

Estes axentes non só ignoraron a existencia do idioma, senón que tamén reprimiron o seu uso con diversos decretos. Calquera defensa do galego era tachada de "separatista". Estes axentes castelanizadores acentuaron o proceso de desgaleguización.

A supervivencia da cultura galega

A cultura galega só sobreviviu no exilio americano, onde apareceron as editoriaisGalicia,Nova eCitania. Tamén tiveron lugar diversos actos culturais:

  • Conferencias
  • Emisións radiofónicas

Despois da Segunda Guerra Mundial (2ª GM) apareceron os primeiros indicios de recuperación para o galego. Escasos continuadores do movemento galeguista centraron a súa actividade no plano cultural, destacando a fundación da Editorial Galaxia e a revistaGrial.

2. A situación do idioma a partir da década dos 60 ata 1975

Nesta década prodúcese un enorme éxodo de poboación agraria cara ás cidades, xa castelanizadas. Este movemento acelerou a perda de falantes, provocando unha reacción de oposición e defensa do idioma.

Nacen asociacións culturais orientadas ao cultivo e á difusión da lingua e da cultura galegas. Desprégase unha intensa e diversificada actividade en galego:

  • Representacións teatrais
  • Conferencias
  • Publicacións

Diversos colectivos estudantís converteron o galego na lingua habitual das asembleas, aínda que continuou ausente da práctica docente e universitaria.

O movemento cultural e musical

En paralelo, o movemento da "Nova Canción Galega" (impulsado polo colectivo de cantautores Voces Ceibes) empregou o galego nas súas cancións, dándolle unha nova visibilidade pública.

3. Características lingüísticas fundamentais

O galego escrito na posguerra non respondía a ningunha norma sistemática, dada a ausencia dunha normativa estándar. Non obstante, avánzase cara a unha maior sinxeleza formal.

Os autores da Editorial Galaxia levaron á práctica un criterio simplificador da ortografía, reducindo o uso de:

  • O apóstrofo e os guións
  • Os hiperenxebrismos

Nos anos 60, a Universidade de Santiago incorporou os estudos de lingua e literatura galegas na Facultade de Filosofía e Letras. A Real Academia Galega (RAG) asumiu a principios dos 70 o labor de codificación do idioma.

Descargar

PDF Word HTML