Historia da Lingua Galega: Substratos, Romanización e Evolución do Galego

Lingua e literatura4,09 KB

Extractos

Substratos: linguas que se falaban antes da chegada dos romanos.

Adstrato: influencia recíproca entre linguas veciñas.

Superestrato: influencia exercida por unha lingua invasora.

Período prerromano

Os séculos previos á chegada da cultura e da lingua latina. As linguas prerromanas eran as linguas faladas antes da chegada dos romanos. O proceso de asimilación implicou a desaparición destas.

Romanización

Proceso histórico de asimilación e incorporación dos pobos ibéricos ao mundo cultural romano (sécs. III a.C. - V). Até finais do século I a.C. caracterízase pola hostilidade contra o pobo invasor. Desde o século III o latín convértese na nosa lingua. A partir do século III o latín vólvese lingua oficial en todo o territorio.

Paso ao galego-portugués

Foi dado grazas á influencia do pobo xermánico e do árabe, os superestratos xermánico e árabe.

Formación histórica do léxico galego

Cultismos

Incorporados tardiamente, non evolucionaron da forma latina.

  1. Conservación de pl-, cl-, fl-
  2. Diptongos ie, ua, ue, uo
  3. Conservación de cua e gua
  4. Conservación de -ct-
  5. Conservación de -l- e -n-
  6. -p-, -t-, -c-
  7. Presenza de -ícula, -ículo, -óculo
  8. Conservación de -ult-, -alt-
  9. Terminación -ario, -aria
  10. Conservación de mn, bs, cc, pc, pt

Palabras patrimoniais

Evolución total, transmisión por vía oral, incorporadas na colonización románica.

  1. Evolución a ch-
  2. Ausencia de diptongación
  3. Redución a ca e ga
  4. Evolución a -it-
  5. Perda de -l- e -n-
  6. Evolución a -b-, -d-, -g-
  7. Evolución a -illa, -ella, -illo, -ello, -ollo
  8. Evolución a -oit- e -out-
  9. Terminación en -eiro e -eira

Semicultismos

Non incorporaron todos os cambios fonéticos.

  1. Evolución a pr-, br-, fr-, cr-

Galego antigo ou galego-portugués

Evolución: ao principio o galego e o portugués comparten a súa primeira etapa de formación e importancia; posteriormente aumenta o prestixio do portugués e márxinase o galego.

Periodización: ata o 1350, o galego foi lingua de cultura e de administración, unha lingua normalizada e de esplendor literario (lírica galego-portuguesa). Con Fernando III aparecen os conflitos lingüísticos e a partir de aquí o castelán gaña terreo como lingua no territorio e como lingua de administración.

Características: gran variabilidade lingüística e inestabilidade gráfica.

Galego medio

A partir do século XVI o castelán vai ser a única lingua culta e oficial, aparte do latín. O galego era a lingua da maior parte da poboación, pero perde presenza entre as clases altas e queda relegado ao uso coloquial. Nos séculos XVI e XVII, co Renacemento e a imprenta, as outras linguas gañan prestixio mentres o galego só permanece no uso oral. A Igrexa tamén influíu na marxinación do galego. No século XVIII o galego comeza a recuperar prestixio coa Ilustración, reivindicándose o seu uso no ensino, na Igrexa e na administración.

Características: proceso de vulgarización e castelanización.

Galego moderno (1800-1863)

  • Primeiros anos (1800-1840): recuperación da escrita en textos propagandísticos.
  • Prerrexurdimento (1840-1863): reclámase o dereito á escolarización en galego, primeiros Xogos Florais e primeira antoloxía da poesía galega, inícianse os primeiros estudos lexicográficos.
  • Rexurdimento pleno (1863-1890): publicación de Cantares Gallegos, publicación de gramáticas e dicionarios, xorde a prensa en galego.

Descargar

PDF Word HTML