A narrativa galega desde 1950: Galaxia e os seus autores

Lingua e literatura3,06 KB

A narrativa en Galicia a partir de 1950: a editorial Galaxia

Contextualización

Non será ata a fundación da editorial Galaxia en 1950 cando se retome a publicación de narrativa na nosa lingua despois da Guerra Civil. Malia non ser publicada por Galaxia, a primeira novela despois da guerra é A xente da Barreira (1951) de Ricardo Carballo Calero. A novela narra a degradación dunha familia fidalga galega.

Ricardo Carballo Calero (1910-1990) xa publicara antes da guerra os poemarios Vieiros (1931) e O silencio axionllado (1934) e en 1950 retomará a poesía en galego con Anxo de terra.

Os narradores de Galaxia

  • Álvaro Cunqueiro (1911-1981)
  • Ánxel Fole (1903-1986)

Ánxel Fole

A editorial Galaxia publicará os seus primeiros libros de relatos: Á lus do candil. Contos a carón do lume (1953) e Terra brava. Contos da solaina (1955). Estes primeiros libros están ambientados nas terras lucenses do Incio e do Courel e protagonizados por personaxes populares aos que lles acontecen sucesos que van do cómico ao misterioso, con especial relevancia ás lendas populares galegas.

Nun mundo semellante muévese a única peza teatral deste autor, Pauto do demo, publicada en 1958 pola editorial Citania de Bos Aires.

Posteriormente, publicará outros dous libros de relatos: Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981).

Nestes, a ambientación é maioritariamente urbana (a cidade de Lugo), pero mantéñense os mesmos tipos de personaxes e temáticas.

Álvaro Cunqueiro

Xa coñecido antes e despois da Guerra Civil como poeta, inicia en Galaxia unha etapa de narrador composta polas novelas:

  • Merlín e familia (1955)
  • As crónicas do sochantre (1956)
  • Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961)

A partir da década de 1960 dará a coñecer tamén en Galaxia os seus libros de relatos:

  • Escola de menciñeiros (1960)
  • Xente de aquí e acolá (1971)
  • Os outros feirantes (1979)

Tamén Galaxia editará en 1958 a súa peza teatral O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca.

Novelas de Cunqueiro: características

  • Reutilización de mitos literarios (Merlín, Xenebra, Sinbad…) aos que dota dunha nova vida.
  • Primacía do mundo do fantástico e do imaxinario fronte ao mundo da realidade.
  • A súa narrativa recibiu a denominación de «realismo máxico», por usar a realidade só como un marco xeral onde se desenvolve a fantasía.

Libros de relatos de Cunqueiro: características

  • Historias curtas protagonizadas por personaxes populares (feirantes, menciñeiros, tratantes de madeira, etc.), aos que lles suceden feitos cómicos ou misteriosos.
  • Forte influencia das lendas tradicionais galegas (a Santa Compaña, os meigallos, etc.), compartida con Ánxel Fole.

Descargar

PDF Word HTML