Gramática e Enfoque Comunicativo na Ensinanza do Galego

Lingua e literatura3,2 KB

Reflexión sobre o lugar da gramática no enfoque comunicativo e sobre as vantaxes deste enfoque no ensino da lingua galega

Na ensinanza da lingua afócase a comunicación centrándose na comprensión oral (escoitar), na expresión oral (falar), na comprensión lectora e na expresión escrita, é dicir, en escoitar, falar, ler e escribir.

A partir desta definición podemos destacar como a gramática non é relevante neste enfoque, xa que este consiste en aprender a estrutura da lingua e realizar actividades como a análise sintáctica.

Este enfoque dá valor á lingua como instrumento a utilizar apropiadamente nas situacións sociais que se presentan a diario, e ten como obxectivo conseguir que o alumnado poida comunicarse mellor coa lingua.

Na súa metodoloxía, o alumnado practica o código oral e escrito e traballa en contextos completos e contextualizados, mentres que para traballar a gramática a lingua preséntase como algo estático, no que só existe a norma.

Unha opción correcta é que as actividades sexan mecánicas e descontextualizadas. As vantaxes que ten este enfoque comunicativo é que a lingua que se aprende é real, heteroxénea e contextualizada, con dialectos, rexistros e variedades para alén do estándar. Por outro lado, ao traballar o aspecto social ten o beneficio de ser máis motivador para o alumnado, xa que frecuentemente se traballa en grupos ou por parellas.

En definitiva, co enfoque comunicativo trábllase o factor social. Déixase de lado a gramática para centrarse na comunicación.

Análise crítica das implicacións do decreto de plurilingüismo no ensino da lingua galega

En Educación Infantil, os país escollen en que idioma os seus nenos aprenden a ler e escribir.

En Educación Primaria, impártese en galego a materia de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural, e en castelán Matemáticas.

En canto ao resto de materias, será escollida a lingua na que se impartan polo centro.

En Educación Secundaria, impártese en galego Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias da Natureza e Bioloxía e Xeoloxía, e en castelán Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química.

En Educación Primaria e Secundaria, indistintamente do idioma no que se imparta a clase, o alumnado ten dereito a escoller en que idioma realiza o exame da materia.

Análise crítica do papel do proceso de avaliación no ensino-aprendizaxe dunha lingua

En canto á avaliación da compoñente morfosintáctica, realízase a partir da análise e da observación das composicións escritas do alumnado:

  • Grao de madurez
  • Complexidade sintáctica
  • Capacidade de variación e selección léxica
  • Uso de determinadas estruturas máis complexas

En canto á avaliación da competencia léxica, cómpre prestar atención a todas as compoñentes do léxico:

  • A forma: derivación, flexión e familias léxicas
  • A función: construción de frases a partir de palabras
  • O significado: referentes, connotacións...
  • O uso: acepcións en contexto

Descargar

PDF Word HTML