Apuntamentos de Lingua e Literatura Galega: Narrativa, Sintaxe e Rexistros

Lingua e literatura8,39 KB

Narratoloxía: espazo, tempo e personaxes

Espazo: lugar onde o autor sitúa os feitos narrados e por onde se moven os personaxes. Pode ter un valor simbólico, dependendo da súa connotación. O espazo exacto onde aparecen os personaxes chámase marco.

Tempo interno: lapso temporal en que se desenvolven os personaxes e os acontecementos.

Tempo histórico: momento histórico no que se sitúan os feitos narrados.

Tempo do discurso:

  • Desenvolvemento lineal: os feitos seguen unha orde cronolóxica.
  • Mediante anacronías: os feitos preséntanse alterando a súa orde. Analepse: salto cara ao pasado. Prolepse: salto cara ao futuro.

Segundo o ritmo narrativo:

  • Escena (mediante os diálogos, coincide a historia e o discurso).
  • Resumo (ritmo rápido).
  • Elipse (prescinde dunha parte da historia).
  • Descrición (dan información, pero a acción non avanza).

Personaxes

Son entes de ficción que viven os acontecementos narrados e fan que a historia progrese.

Tipo

  • Principais: protagonista (dá orixe ao conflito), antagonista (opón(se) ao protagonista) e adxuvantes (axudan o protagonista).
  • Secundarios: complementos dos principais.

Segundo a súa natureza

  • Ficticios
  • Históricos (existiron)
  • Simbólicos (representan un valor)

Segundo a súa psicoloxía

  • Planos: pouco elaborados, non evolucionan.
  • Redondos: teñen profundidade psicolóxica e evolucionan. Son dinámicos.

Caracterízanse pola descrición, a presentación dos seus trazos, as accións e palabras do personaxe e os comentarios do narrador.

Morfoloxía: plurais en PL/SL

  • Engaden -s: palabras rematadas en vogal, en ditongo e en estranxeirismos rematados en consoante distinta de -s, -r, -z, -l, -x.
  • Engaden -es: palabras rematadas en consoante distinta de -n, monosílabas, palabras graves rematadas en -l, e polisílabas agudas rematadas en -l forman -is.
  • Invariables: as rematadas en grupo consonántico.

Exemplos: abelá, absorber, pavillón, marabilla, bisílabo, voda, voitre, rabo, ravo (parte da pranta), bobina (enrolar fío), bovina (carne), bago (uva).

Niveis de lingua

  • Nivel culto: persoas que, cun alto nivel cultural, expresan o seu pensamento nunha lingua moi coidada: pronunciación esmerada, corrección sintáctica, riqueza e propiedade léxica.
  • Nivel medio: corresponde á lingua estándar, usada pola maioría da poboación e nos medios de comunicación. Respecta as normas lingüísticas.
  • Nivel vulgar: propio de falantes con escasa formación que descoñecen as normas lingüísticas. Uso dun léxico reducido e vulgarismos, incorreccións.

Tecnolectos, xergas e argot

  • Tecnolectos: vocabulario técnico e especializado.
  • Xergas: linguas particulares de grupos sociais concretos.
  • Argot: xerga dos grupos marxinais.

Factores para elixir unha modalidade

Intención, tema (do que se vai tratar), destinatario (relación con el), situación comunicativa (na que se produce: formal, informal) e canle (medio de transmisión do texto).

Rexistros

  • Formal: situacións nas que hai que coidar a expresión e forma a mensaxe. Corrección lingüística, pronunciación coidada, riqueza léxica.
  • Informal: variedade máis empregada en situacións de confianza e familiaridade. Sinxeleza e simplicidade, frases breves e sinxelas, frases feitas, léxico restrinxido, expresións moi marcadas.

Lingua estándar

Modelo de lingua común, nivel medio. Normativización: codificación dun conxunto de normas que definen os usos correctos. Ten maior extensión xeográfica, coincidencia con outras linguas e presenza na tradición literaria.

Sintaxe

Unidades sintácticas: elementos que compoñen un enunciado (palabras, frase). Funcións sintácticas: relacións que desempeñan no conxunto: suxeito, CD.

Enunciado: unidade lingüística capaz de expresar unha mensaxe completa. Son: oración e frase.

A frase

Formada por un núcleo, + determinante (precede o núcleo), + modificador (completa o significado do núcleo; son adxectivos, preposicións, oracións, adverbios).

Tipos:

  • Nominal: núcleo un substantivo ou pronome.
  • Adxectiva: núcleo un adxectivo.
  • Adverbial: núcleo un adverbio.
  • Preposicional: formada por un enlace e termo.

Suxeito

Parte da oración que concorda en número e persoa co verbo. Recoñecemento: concordancia (número e persoa co verbo), substituíndo por un pronome persoal tónico, pasando a pasiva e convertendo en complemento agente.

O suxeito pode ser: frase nominal, pronome, oración subordinada substantiva.

Predicado

Función fundamental da oración. Tipos:

  • Nominal: verbo copulativo acompañado dun atributo.
  • Verbal: constituído por un verbo predicativo.

Clases de oracións

Segundo a voz: activas (verbo en voz activa) e pasivas (verbo en pasiva).

Segundo o seu significado:

  • Enunciativas: afirman ou negan algo.
  • Interrogativas: formulan unha pregunta.
  • Exclamativas: expresan un estado de ánimo ou sentimento do emisor.
  • Imperativas: expresan un mandato.
  • Desiderativas: expresan un desexo.
  • Dubitativas: expresan dúbida.

Castelao

Alfonso Rodríguez Castelao, figura sobranceira do século XX en Galicia. Naceu en Rianxo o 1886, emigrou aos 10 anos á Pampa, estudou medicina, participou en Acción Gallega e ingresou no galeguismo ao entrar en contacto coas Irmandades. Relacionado con Risco, Otero e Cuevillas, en 1920 fíxose cargo da dirección artística da revista Nós. En 1923 formou parte do Seminario de Estudos Galegos. En 1926 foi elixido membro da RAG. Creou o Partido Galeguista e en 1931 foi elixido deputado. Promotor do Estatuto. Morreu en 1950.

Características da obra

  • Crítica social: denuncia inxustizas que sofren os máis débiles, defende as clases populares, reivindica a lingua galega e a defensa da democracia.
  • Humor cedo: a través da ironía, máis aos defectos da sociedade galega.
  • Lirismo con abundantes recursos expresivos.
  • Concisión e brevidade.

Obras

  • Un Dolor Vello: novela curta centrada na temática da ultratumba.
  • Cousas: conxunto de breves relatos acompañados dunha ilustración. Ofrece un mosaico da realidade galega do seu tempo: a emigración, o mundo mariñeiro...
  • Retrincos: cinco relatos autobiográficos nos que narra vivencias.
  • Os dous desempre: única novela longa. Rapañolas: rapaz que, partindo dunhas circunstancias adversas, vai superando todos os atrancos. Pedriño, persoa sen vontade, preguiceiro e materialista, única preocupación comer e folgar.
  • Sempre en Galiza: ensaio, 1935-47, escrita. Obra máis importante do pensamento galeguista da época. Propón o federalismo.
  • Os vellos non deben namorarse: teatro. Os amores e os odios dos vellos van parellados á morte. Tres versións dun mesmo drama, en cada unha hai un vello namorado dun mozo que rivaliza con el. No epílogo, tres vellos reúnense, xa en estado de finados, e analizan as causas da súa morte.

Descargar

PDF Word HTML