Teatro galego entre 1936 e 1976: autores e obras

Lingua e literaturaActualizado o 4,68 KB

Resumo

O texto repasa a evolución do teatro galego desde a posguerra ata 1976, desde as tres liñas temáticas dos anos cincuenta e a Xeración dos 50 ata a consolidación da recuperación teatral con Álvaro Cunqueiro. Tamén recolle o nacemento do teatro independente, a Mostra de Ribadavia e o Grupo Abrente, con autores como Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Roberto Vidal Bolaño. O estudante aprenderá os principais autores, obras e tendencias deste período.

Puntos clave

  • A posguerra provocou un silencio teatral especial, xa que o teatro é un espectáculo social que necesita espazo público, o que atrasou a súa recuperación.
  • Na década dos cincuenta conflúen tres liñas: o teatro costumista, o teatro modernizador de preguerra e o teatro existencialista da “Escola da Tebra”.
  • A estrea de O incerto señor Don Hamlet de Álvaro Cunqueiro (1959) marca a consolidación da recuperación teatral.
  • O teatro independente comeza con “O Facho” (Coruña, 1965) de Manuel Lourenzo, e a Mostra de Teatro de Ribadavia, impulsada pola Asociación Cultural Abrente en 1973, prolongouse ata 1980.
  • O Grupo Abrente ou Grupo de Ribadavia renovou o teatro nos anos 70 e comezos dos 80, con dramaturgos como Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Roberto Vidal Bolaño.
  • O teatro de Vidal Bolaño combina elementos da cultura teatral galega, da dramaturxia de vangarda e da linguaxe cinematográfica.

Ponte á proba

O teatro galego entre 1936 e 1976

O teatro acusou o silencio literario da posguerra dun xeito moi especial, pois este é un espectáculo social que implica a posta en escena nun espazo público. Estas dificultades atrasaron a súa recuperación.

Na década dos cincuenta conflúen en Galicia tres liñas temáticas:

  1. Pezas que proseguen o teatro costumista ou de comedia urbana desenvolvidos na preguerra por un sector das Irmandades da Fala (Carre Alvarellos: Meiguerías, Brétemas e raiolas; Cabanillas: O romance do cristiano e do mouro na Franqueira…).
  2. Pezas que continúan as liñas modernizadoras do teatro de preguerra (simbolismo, expresionismo, teatro alegórico...) (Otero Pedrayo: O desengano do Prioiro, Rosalía; Jenaro Mariñas: A serpe; Carballo Calero: A farsa das zocas).
  3. Unha liña nova que se materializa nas pezas existencialistas que traducen teatralmente as angurias, os problemas filosóficos e pesimismos ontolóxicos tratados no xénero poético na “Escola da Tebra”. Pertencen a esta liña obras de Franco Grande (Vieiro choído), Carballo Calero (O auto do prisioneiro), Jenaro Mariñas (A obriga), Manuel María (O auto do taberneiro).

Os autores da chamada “Xeración dos 50” cultivaron un teatro na súa maior parte inédito ou como “teatro para ler”.

A consolidación da recuperación teatral

A estrea de O incerto señor Don Hamlet de Álvaro Cunqueiro (1959) marca a consolidación do proceso de recuperación teatral. Destaca a súa rica linguaxe dramática. A través de Hamlet, fai unha reflexión sobre a propia identidade e a existencia.

Manuel María é autor dunha copiosa obra teatral. Iníciase na liña do teatro poético, sen acción (Auto do taberneiro, Auto do labrego…). A finais da década dos sesenta crea un teatro reivindicativo e propagandístico convencido da capacidade educativa do xénero (Barriga verde, Abril de lume e ferro…). Outros autores desta xeración son Xohana Torres, Mª Xosé Queizán e Bernardino Graña.

O teatro independente e o Grupo Abrente

A partir dos anos 60, o teatro galego rexorde da man do teatro independente. O primeiro grupo foi “O Facho”, creado na Coruña por Manuel Lourenzo en 1965. En 1973 a Asociación Cultural Abrente pon en marcha unha Mostra de Teatro de Ribadavia, que se desenvolverá ata 1980. Arredor desta cita vanse consolidando proxectos teatrais galegos, autores, compañías…

Arredor destas mostras aparece o Grupo Abrente ou Grupo de Ribadavia, un conxunto de dramaturgos galegos que exploraron novas tendencias e lograron renovar e consolidar o teatro nos anos 70 e comezos dos 80. Formaron parte deste grupo:

  • Manuel Lourenzo. En 1967 funda o Teatro Circo, unha compañía independente de teatro itinerante. É autor dunha obra teatral extensa e orixinal. Nas súas primeiras obras reinterpreta os mitos clásicos poñéndoos en relación coa actualidade política daquel momento: Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca, Premio Abrente 1978.
  • Euloxio R. Ruibal: combina experimentación e tradición. Na súa obra Zardigot, aborda o conflito da Guerra Civil (premio Abrente 73).
  • Roberto Vidal Bolaño. Foi un home dedicado en exclusividade ao teatro. Fundou o Grupo Antroido, o Teatro do Estaribel e, por último, o Teatro do Aquí. Inicia a súa andaina como dramaturgo con Laudamuco, señor de ningures (Premio Abrente 1976), obra en clave esperpéntica ou grotesca onde realiza unha profunda análise dos mecanismos do poder. Bailadela da morte ditosa (Premio Abrente 1980) é unha aceda denuncia dunha sociedade que converte a morte como único camiño de liberación, fronte a un pasado que optou pola morte como un canto á liberdade (Medulio). Con Agasallo de sombras (estreada en 1984) Vidal Bolaño rende homenaxe a Rosalía de Castro. Saxo Tenor (1992) aborda o tema da aculturización das nosas cidades. Esta obra, un dos cumes dramatúrxicos do autor, presenta un dominio perfecto das técnicas teatrais, do ritmo, da composición e do suspense. Outras obras destacadas do autor son, por exemplo, Días sen gloria, Doentes…

O teatro de Vidal Bolaño é profundamente innovador, pois combina con mestría elementos da cultura teatral galega, da dramaturxia de vangarda e da linguaxe cinematográfica.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen estreou O incerto señor Don Hamlet e en que ano?

A obra O incerto señor Don Hamlet de Álvaro Cunqueiro estreouse en 1959 e marca a consolidación do proceso de recuperación teatral galega.

Cal foi o primeiro grupo de teatro independente en Galicia?

O primeiro grupo foi “O Facho”, creado na Coruña por Manuel Lourenzo en 1965.

Que é o Grupo Abrente?

É un conxunto de dramaturgos galegos, tamén chamado Grupo de Ribadavia, que exploraron novas tendencias e renovaron o teatro nos anos 70 e comezos dos 80, arredor da Mostra de Teatro de Ribadavia.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Por que o teatro tardou en recuperarse despois da guerra?
2. Que obra de Álvaro Cunqueiro marca a consolidación da recuperación teatral?
3. En que ano se creou o grupo “O Facho” na Coruña?
4. Que asociación puxo en marcha a Mostra de Teatro de Ribadavia en 1973?
5. Que obra de Euloxio R. Ruibal aborda o conflito da Guerra Civil?
6. Con que obra rende Vidal Bolaño homenaxe a Rosalía de Castro?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.