Análise de Cantares Gallegos e Follas Novas de Rosalía de Castro
Cantares Gallegos
Publicación e Contexto
Publicada o 17 de maio de 1863 por Rosalía de Castro, Cantares Gallegos marca o inicio do Rexurdimento. Rosalía glosa cantares, refráns e ditos populares, intentando reproducir o espírito do pobo. A obra vai máis alá da simple revalorización romántica da cultura popular. Rosalía, marxinada por ser galega, muller e escritora, revela o seu compromiso con Galicia. Cantares Gallegos é clave para o reencontro coa identidade e a demostración do galego como lingua literaria. A autora canta a fermosura da terra, a dignidade do seu pobo e as inxustizas sufridas por Galicia, dándolle un carácter político.
Estrutura
Presenta unha estrutura circular, enmarcándose entre o primeiro e o último poema. Postos...