A Nova Narrativa Galega: renovación, autores e obras clave

Lingua e literaturaActualizado o 5,69 KB

Resumo

O texto presenta a Nova Narrativa Galega, un conxunto de obras de mediados dos anos 50 ata os 70 que buscan renovar a narrativa en galego en estrutura, personaxes e temática. Explica as influencias da ciencia, a filosofía e a psicoloxía do século XX, así como as características principais, como a ruptura da trama lóxica, o monólogo interior e o protagonismo do mundo urbano. Tamén recolle autores e obras fundamentais, entre eles Méndez Ferrín, Camilo Gonsar, Mª Xosé Queizán, Carlos Casares e Xohana Torres.

Puntos clave

  • A Nova Narrativa Galega abarca aproximadamente desde mediados dos anos 50 ata principios dos 70 e busca renovar totalmente a narrativa en galego.
  • Inspírase en descubrimentos científicos e filosóficos do século XX (Einstein, Heidegger, Freud) e en autores como Kafka, Joyce, Faulkner e o Nouveau Roman.
  • Os personaxes son identidades traumáticas e dispersas, sen heroísmo, que deambulan por un mundo caótico e hostil.
  • Entre as características están o rexeitamento da trama lóxica, as múltiples voces narrativas, a mestura do real e o irreal, o monólogo interior e a perda da progresión temporal.
  • Os espazos preferidos son os ambientes urbanos e as fronteiras da marxinalidade, en lugar do mundo rural nostálxico.
  • Carlos Casares experimenta con éxito o monólogo interior en Xoguetes para un tempo prohibido (1975).

Ponte á proba

A Nova Narrativa Galega: Renovación e Autores Clave

A etiqueta de “Nova Narrativa Galega” púxoselle a unha serie de obras que, desde mediados dos anos 50 ata principios dos 70 (aproximadamente), comparten o desexo consciente de renovar totalmente a narrativa feita en galego. Esta renovación implicaría aspectos de estrutura narrativa: voz narrativa, tratamento do espazo e tempo, personaxes, así como tamén da temática e do discurso narrativo.

Influencias e Contexto da Nova Narrativa

A Nova Narrativa incorpora a influencia nas artes dos grandes descubrimentos na ciencia, na filosofía e na psicoloxía do século XX (a teoría da relatividade de Einstein, o existencialismo de Heidegger, o funcionamento do inconsciente de Freud) xunto coa experiencia traumática das grandes guerras, da industrialización globalizada e o impacto da cultura de masas. A renovación narrativa que levaran a cabo décadas antes escritores como Kafka, Joyce, Faulkner ou o movemento francés do Nouveau Roman serán fonte de inspiración dos escritores máis novos que inician a súa carreira nesta época.

Temas e Personaxes na Nova Narrativa Galega

Conscientes de que a literatura inspirada nunha visión nostálxica do mundo rural pertence definitivamente ao pasado, os autores da Nova Narrativa centran os seus mundos narrativos no mundo urbano. O espazo social predominante sitúase nas fronteiras da marxinalidade. Os personaxes, lonxe de ser heroes dignos de admiración, son personaxes cunha identidade traumática e dispersa que non son capaces de interpretar dun xeito coherente o mundo que os rodea. Deambulan polo espazo narrativo sen un obxectivo claro: a súa existencia é absurda e o mundo que os rodea caótico e hostil. Eles mesmos apenas se diferencian dos obxectos que os rodean. O real e o irreal confúndense e a liña temporal clásica esnaquízase en anacos desconexos. A lectura esixe a colaboración do lector, aínda que axiña un se decata de que non sempre se pode aspirar a crear orde no caos: despois de todo, enfrontámonos a unha narrativa que tenta precisamente transmitir a angustia e desorientación que a sociedade moderna, mediante sofisticados mecanismos de poder, crea no ser humano.

Características Clave da Nova Narrativa Galega

Sintetizamos a continuación algunhas características e novidades desta narrativa:

  • Rexeitamento dunha trama argumental lóxica e do heroe clásico: no mundo moderno o individuo dilúese e xa non ten importancia.
  • Múltiples voces narrativas: ruptura do suxeito único e integrado, seguro de si mesmo. O individuo non é xa unha unidade coherente.
  • Mestura do real e o irreal: moitas veces a través dos soños ou de estados psicolóxicos alterados (ou patolóxicos) que facilitan a confusión.
  • Utilización do monólogo interior e da corrente de conciencia: exploración dos camiños do inconsciente.
  • Perda da progresión temporal: e, como consecuencia, perda da lóxica argumental.
  • Concepción obxectalista do ser humano: os personaxes vense sometidos a procesos de animalización que poñen en dúbida a súa humanidade e dimensión transcendente.
  • Gusto polos ambientes violentos: ruptura do tabú no tratamento do sexo, da morte e da enfermidade.
  • Preferencia polos ambientes urbanos.
  • Rexeitamento polo compromiso ideolóxico explícito.
  • Regreso á infancia.

Autores e Obras Fundamentais da Nova Narrativa

  • Xosé Luís Méndez Ferrín: Crea espazos narrativos onde se mestura a fantasía e a realidade e que poden funcionar como alegorías da realidade galega. Utiliza antropónimos e topónimos exóticos. É autor dunha importante obra, entre a que destacamos os títulos adscritos á NNG:
    • Percival e outras historias (1958)
    • O crepúsculo e as formigas (1961)
    • Arrabaldo do norte (1964)
    • Retorno a Tagen Ata (1971)
  • Camilo Gonsar:
    • Lonxe de nós e dentro (1961)
    • Como calquera outro día (1962)
    • Cara a Times Square (1980)
  • Mª Xosé Queizán: A súa primeira novela, A orella no buraco (1965), encádrase perfectamente dentro do que se denominou obxectalismo: técnica narrativa que procura a neutralidade mediante unha narración como de cámara cinematográfica inmóbil que recolle todo aquilo que observa. O protagonista é un mendigo que deambula por unha gran cidade sen obxectivo ningún.
  • Carlos Casares: Dentro desta corrente publicou un libro de relatos, Vento ferido (1967), e dúas novelas:
    • Cambio en tres (1969) (o protagonista é un emigrante que volve para o enterro dun amigo)
    • Xoguetes para un tempo prohibido (1975) (pódese considerar unha novela de formación na que os protagonistas van experimentando vivencias que os levarán á perda das ilusións xuvenís e acabarán nun final tráxico). Casares experimenta con éxito a técnica narrativa do monólogo interior.
  • Xohana Torres: A súa única novela publicada, Adeus María (1971), presenta a novidade dunha protagonista feminina que realiza unha profunda exploración do seu interior psíquico e unha aguda crítica da realidade social a partir do trauma da separación dos seus pais, que teñen que buscar traballo na emigración e deixan a familia en precario.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é a Nova Narrativa Galega?

É un conjunto de obras narrativas en galego, de mediados dos anos 50 ata aproximadamente os anos 70, que comparten o desexo consciente de renovar totalmente a narrativa en estrutura, voz, espazo, tempo, personaxes e temática.

Que características ten a Nova Narrativa Galega?

Rexeita a trama lóxica e o heroe clásico, usa múltiples voces narrativas, mestura o real co irreal, emprega o monólogo interior e a corrente de conciencia e perde a progresión temporal. Tamén prefire os ambientes urbanos e rexeita o compromiso ideolóxico explícito.

Que autores e obras destacan nesta corrente?

Destacan Xosé Luís Méndez Ferrín con Arrabaldo do norte (1964), Camilo Gonsar con Cara a Times Square (1980), Mª Xosé Queizán con A orella no buraco (1965), Carlos Casares con Xoguetes para un tempo prohibido (1975) e Xohana Torres con Adeus María (1971).

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Entre que anos aproximadamente se sitúa a Nova Narrativa Galega segundo o texto?
2. Que tipo de espazo predomina nas obras da Nova Narrativa Galega?
3. Que técnica narrativa experimenta con éxito Carlos Casares?
4. Que autor francés do Nouveau Roman aparece como influencia dos novos escritores?
5. Cal é a primeira novela de Mª Xosé Queizán?
6. Que visión do ser humano presenta a Nova Narrativa?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.