Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

Causas do cambio semántico: tipos e exemplos en galego

Lingua e literaturaActualizado o 3,74 KB

teatroFoi Un xénero pouco cultivado na preguerra, pero no exilio acabarán revelándose Dramaturgos, e incluso algún levarán a cabo as composicións teatrais baixo o Franquismo.

vRafael dieste.

[‘’A fiestra valdeira’’ ] é a obra máis Relevante da preguerra. Está ambientada a comezos do S.XX nunha pequena vila Mariñeira, nunha sala dun indiano dende onde se ve a riveira, as lanchas e o Peirao.

ANon Son personaxes costumistas tópicas.

AConstrucción Escénica moi calculada e diálogos sobrios.

AConcibe O teatro como composición pictórica en movemento

AFai Predominar o literario sobre o dramático.

vOUTROS DRAMATURGOS NOVECENTISTAS.

§Álvaro de las Casas

*Mensaxe galeguista. [‘’Pancho de Rábade’’]

*Teatro poético. [‘’Rechouchío’’]...

Seguir lendo "Causas do cambio semántico: tipos e exemplos en galego" »

A Lingua Galega Durante o Franquismo e a Recuperación Cultural (1936-1975)

Lingua e literaturaActualizado o 3 KB

O Galego despois da Guerra Civil (1936-1975)

Todo o esplendor e traballo anterior (1900-1936) desaparece. Entre moitas consecuencias negativas da guerra, hai algunhas que afectan directamente ao galego, como o impedimento de entrar en vigor o E.A. (Estatuto de Autonomía) no que se establecía a cooficialidade do galego.

A Represión Franquista e as Consecuencias Sociolingüísticas

O triunfo do franquismo supuxo a supresión das liberdades, reprimindo calquera manifestación de diferencialismo que non fose de carácter folclórico. A censura será a medida suficiente para desterrar a lingua galega de calquera ámbito que non sexa o privado.

Durante o franquismo, o número de galegofalantes reduciuse debido a:

  • A represión legal da lingua galega.
...
Seguir lendo "A Lingua Galega Durante o Franquismo e a Recuperación Cultural (1936-1975)" »

Poesía e teatro galegos a fins do século XX e inicios do XXI: temas e autores

Lingua e literaturaActualizado o 9,35 KB

A poesía galega a fins do século XX e comezos do XXI

Temas e autores dos 80 e dos 90

Na poesía galega, a mediados dos anos 70, coincidindo co comezo do período democrático, prodúcese unha nova etapa marcada polos cambios políticos, económicos e socioculturais. A publicación de tres obras, entre elas Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín, marca o inicio desta nova etapa. Estas obras representan a superación da poesía social que triunfara nos 60, no contexto político de oposición á ditadura, e que se vía agora como excesivamente monótona e coloquial. Prodúcese así a apertura temática e estilística dunha poesía que busca ser, ante todo, creación artística, entroncando coa tradición e buscando ser á vez universal....

Seguir lendo "Poesía e teatro galegos a fins do século XX e inicios do XXI: temas e autores" »

Eduardo Pondal: obra poética, celtismo e bardismo na literatura galega

Lingua e literaturaActualizado o 2,89 KB

Eduardo Pondal: Os primeiros poemas que escribiu foron en castelan. A sua primeira composicion en galego foi A campana de Allons. A partir de aqui comezou a colaborar en xornais e revistas con poemas soltos. Queixumes dos pinos (1886): son 91 composiciions, 89 en galego e 2 bilingues.  O tema da obra e a evocacion do pasado celta e a exhortacion os galegos para a loita pola dignidade, posesion sexual violenta da muller, a reivindicacion dos galegos. Conten o poema "Os pinos" que conten a letra dos himno galego

Liñas do que escribe: Pondal construiu unha estetica moi persoal, orixinal e inconfundible 
-Celtismo: Os antigos celtas orixe da raza galega. Os heroes celtas aparecen como exemplo do valor, Galicia convertese en fogar de Breogan.
-Bardismo:
...
Seguir lendo "Eduardo Pondal: obra poética, celtismo e bardismo na literatura galega" »

Vangardas galegas: hilozoísmo, neotrobadorismo e Manuel Antonio

Lingua e literaturaActualizado o 2,68 KB

As Vangardas Galegas: Movementos e Autores Clave

Características Tradicionais

As vangardas galegas mantiveron certas características tradicionais:

  • Protagonismo da paisaxe.
  • Certo sentimentalismo.
  • Repeticións e paralelismo.

Hilozoísmo

Liña poética caracterizada pola forza das sensacións reflectidas a través de imaxes poéticas. Terá notable éxito grazas ao labor dos hilozoístas (imaxinistas, animistas). O uso das imaxes é o que converte esta corrente en vangardista.

Autores Hilozoístas Destacados

  • Luís Amado Carballo
  • Xulio Sigüenza
  • Euxenio Montes

Neotrobadorismo

Consiste na reformulación de estilos e temas da tradición medieval, engadindo imaxes da poesía moderna. Os poetas recrean a estética das cantigas de amigo, de amor e de escarnio,...

Seguir lendo "Vangardas galegas: hilozoísmo, neotrobadorismo e Manuel Antonio" »

Variedades lingüísticas e fenómenos fonéticos do galego

Lingua e literaturaActualizado o 3,63 KB

Variedades Lingüísticas do Galego

As variedades lingüísticas son os diferentes xeitos de falar que se dan no interior dunha mesma lingua, e que responden a diversos factores:

  • Variedade Temporal ou Diacrónica

    Refírese ás diferenzas na lingua ao longo do tempo. Exemplo: galego actual vs. galego medieval.

  • Variedade Xeográfica ou Diatópica

    Son as variedades dialectais segundo os trazos lingüísticos de cada zona.

  • Variedade Social ou Diastrática

    Distínguese por niveis:

    • Nivel alto: falantes con estudos superiores, que empregan cultismos.
    • Nivel baixo: falantes con menor formación académica, que usan vulgarismos.
    • Nivel medio.
  • Xergas

    Manifestan a vontade dun grupo social de diferenciarse dos demais, empregando un léxico específico.

  • Variedade Situacional

...
Seguir lendo "Variedades lingüísticas e fenómenos fonéticos do galego" »

O galego popularizante: características, ortografía e evolución no Rexurdimento

Lingua e literaturaActualizado o 2,77 KB

O Galego Popularizante: Características e Evolución

Este galego atopámolo tanto nos escritores precursores coma nos propiamente pertencentes ao Rexurdimento (como Fernández Neira, Rosalía, Curros...). Caracterízase pola presenza de castelanismos, dialectalismos e vulgarismos propios da fala, pois estes escritores toman como referencia a lingua oral popular e recorren ao castelán para resolver as carencias léxicas propias dunha lingua reducida aos ámbitos coloquial e familiar durante séculos.

Vontade Interdialectal e Desafíos Iniciais

Os escritores desta época amosan unha vontade interdialectal, xa que non se limitan a reflectir a fala da súa zona natal, senón que intentan empregar trazos lingüísticos e vocabulario das diferentes...

Seguir lendo "O galego popularizante: características, ortografía e evolución no Rexurdimento" »

Normativización do galego: etapas, estándar e interferencias

Lingua e literaturaActualizado o 3,41 KB

A Normativización Lingüística do Galego

As linguas teñen tendencia á diversidade. A existencia dunha variedade estándar contribúe a frear a dispersión, o que se coñece como normativización lingüística: a fixación dunha ortografía, gramática e dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.

O galego sufriu un proceso de minorización e non emprendeu esa tarefa ata o século XIX cos autores do Rexurdimento. Este proceso divídese en catro etapas:

1. Etapa Popularizante

Caracterízase por non ter intención normatizadora. Emprégase o galego oral popular, cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.

2. Etapa Enxebrista (ou Enxebrizante)

Sente a necesidade dunha norma escrita e inclínase por un modelo diferente ao castelán....

Seguir lendo "Normativización do galego: etapas, estándar e interferencias" »

O Divino Sainete de Curros Enríquez: crítica e sátira no Rexurdimento

Lingua e literaturaActualizado o 3,32 KB

O Divino Sainete

É un longo poema narrativo de carácter satírico-burlesco composto por 512 tríades de versos octosílabos e rima consoante. É tamén unha pequena parodia a unha das obras cume da literatura occidental: A Divina Comedia. A obra ten tres obxectivos principais:

  • Crítica ás institucións de goberno e outros sectores reaccionarios da sociedade, en xeral, e á Igrexa, en particular.
  • Defensa do Rexurdimento e das súas principais figuras e do dereito a unha literatura galega completamente autónoma.
  • Sátira a algúns dos seus inimigos persoais, ideolóxicos e literarios.

A obra compónse dunha introdución e oito “cantos”. O seu motivo argumental é unha peregrinación a Roma polo xubileo do papa León XIII, acompañado por Francisco...

Seguir lendo "O Divino Sainete de Curros Enríquez: crítica e sátira no Rexurdimento" »

Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: vida, obra e temas do Rexurdimento

Lingua e literaturaActualizado o 4,18 KB

Eduardo Pondal

Vida e Obra (Ponteceso 1835 - A Coruña 1917)

Nace no seo dunha familia acomodada. Estuda Bacharelato e Medicina en Santiago de Compostela, onde comezan as súas inquedanzas galeguistas e participa no Banquete de Conxo, un acto progresista de obreiros e estudantes.

Obra

  • 1ª etapa: Tendencia romántica e sensible influencia clasicista. Os Eoas e A Campana de Anllóns.
  • 2ª etapa: Época do rexionalismo e época do bardismo pondaliano, na que o poeta asume o papel do bardo galego e sente como propio o compromiso de difundir, mediante o seu canto poético, a ideoloxía galeguista baseada no recente creado mito do celtismo. Pertencen Rumores dos Pinos e Queixumes dos Pinos.

Queixumes dos Pinos (1866)

Despois de Rumores dos Pinos, Queixumes

...
Seguir lendo "Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: vida, obra e temas do Rexurdimento" »