A Xeración Nós: periodización, características e galeguismo

Lingua e literaturaActualizado o 2,48 KB

Resumo

O texto explica o concepto de xeración literaria e aplícao á Xeración Nós, vinculada á revista Nós (Ourense, 1920) e ao Cenáculo Ourensán. Recolle as oito condicións dunha xeración e as características do grupo, así como a súa evolución desde o pregaleguismo ata o galeguismo e a etapa de posguerra.

Puntos clave

  • Unha xeración literaria debe cumprir oito condicións, entre elas a formación semellante, as relacións persoais, un acontecemento aglutinador e un guía.
  • A revista Nós naceu en Ourense en 1920, supervisada por Risco, e serviu para divulgar as ideas do grupo e o nacionalismo.
  • O Grupo Nós estaba formado polo Cenáculo Ourensán, literatos nados entre 1880 e 1890 con formación universitaria.
  • A xeración evolucionou dun cosmopolitismo elitista ao galeguismo, con contactos coas Irmandades da Fala en 1917.
  • O estalido da guerra en 1936 puxo fin á actividade do grupo: Castelao foi ao exilio e Pedrayo e Cuevillas viron limitada a súa actividade.

Ponte á proba

A prosa do primeiro terzo do século XX: As Irmandades e o Grupo Nós

Toda xeración debe cumprir oito condicións:

  • Nacemento en anos pouco distantes.
  • Formación intelectual semellante.
  • Relacións persoais entre autores.
  • Participación en actos colectivos propios.
  • Existencia dun acontecemento xeracional que aglutine as vontades.
  • Presenza dun guía.
  • Linguaxe xeracional caracterizadora (trazos comúns de estilo).
  • Estancamento da xeración anterior.

A Xeración Nós

Vinculábase coa revista que lle deu nome. A revista Nós naceu en Ourense en 1920, supervisada por Risco. Nela colaboraron Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Cabanillas e outros autores máis novos como Cunqueiro ou Blanco Amor. Nós creouse para divulgar as ideas do grupo e espallar a idea nacionalista.

Algúns estudosos restrinxiron o concepto de xeración e delimitaron o Grupo Nós como o formado por literatos residentes en Ourense, nados entre 1880 e 1890, que evolucionaron dende un cosmopolitismo elitista a un galeguismo universal.

Desta maneira, o Grupo Nós estaría constituído polo chamado Cenáculo Ourensán, que comparte as seguintes características:

  • Formación universitaria.
  • Relacións estreitas entre os seus membros.
  • Creación da revista Nós.

Periodización da Xeración Nós

a) O pregaleguismo

O núcleo da xeración xurdiu na cidade de Ourense cara ao ano 1914. Características:

  • Procedían da clase acomodada.
  • Neste tempo estaban desvinculados da nosa cultura e do movemento nacionalista.
  • Os seus presupostos ideolóxicos e estéticos baseábanse na defensa do individualismo e na procura do exótico.

b) O galeguismo

En 1917, este grupo ten os primeiros contactos coas Irmandades da Fala:

  • Chegaron á convicción de que o camiño da universalidade pasaba, en primeiro lugar, pola asunción e coñecemento da propia cultura.
  • Co fin de romper co secular illamento de Galiza e de incorporala á Europa do seu tempo, desenvolveron un intenso labor político e cultural.

c) A etapa de posguerra

O estalido da guerra en 1936 supuxo o remate da actividade do grupo: Risco acabaría renunciando ás súas conviccións galeguistas, Pedrayo e Cuevillas víronse obrigados ao silencio intelectual e político, e Castelao tomou o camiño do exilio.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cales son as condicións para que exista unha xeración literaria?

Segundo o texto, unha xeración debe ter nacemento en anos pouco distantes, formación intelectual semellante, relacións persoais entre autores, participación en actos colectivos, un acontecemento xeracional aglutinador, un guía, unha linguaxe xeracional caracterizadora e o estancamento da xeración anterior.

Que foi a revista Nós?

Foi a revista que deu nome á xeración, fundada en Ourense en 1920 e supervisada por Risco. Serviu para divulgar as ideas do grupo e espallar o nacionalismo galego.

Que supuxo a guerra de 1936 para o Grupo Nós?

Supuxo o remate da actividade do grupo: Risco renunciou ás súas conviccións galeguistas, Pedrayo e Cuevillas viron obrigados ao silencio e Castelao tomou o camiño do exilio.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que cidade naceu a revista Nós?
2. Quen supervisaba a revista Nós?
3. Que nome recibe o núcleo de literatos ourensáns do Grupo Nós?
4. En que ano tiveron os membros do grupo os primeiros contactos coas Irmandades da Fala?
5. Cal foi o destino de Castelao tras o estalido da guerra?
6. Que características tiñan os membros do pregaleguismo?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.