O Bardismo e o Celtismo en Pondal e Rosalía: resumo e figuras retóricas

Lingua e literaturaActualizado o 2,6 KB

Resumo

O texto explica o bardismo e o celtismo na obra de Pondal, influído polos Poemas de Ossián, e o seu uso para construír un ideario galeguista baseado nun pasado mítico. Tamén presenta o poema "Un cravo" de Rosalía de Castro, pertencente a Vaguedás, e recolle un listado de figuras retóricas e palabras de uso frecuente. O alumnado aprenderá os trazos principais destes dous autores e as ferramentas de análise poética.

Puntos clave

  • O bardismo de Pondal está influído pola lectura dos Poemas de Ossián, publicados por James Macpherson.
  • O bardo é concibido como líder, guía e poeta que dirixe e constrúe o pobo galego.
  • O celtismo de Pondal recrea unha orixe celta e mítica de Galicia, con heroes que toman nomes de topónimos da súa comarca.
  • "Un cravo" pertence a Vaguedás, primeiro dos cinco libros de Follas novas de Rosalía de Castro.
  • Vaguedás trata o desacougo, o cansazo existencial, o pesimismo e a melancolía da autora.

Ponte á proba

O Bardismo en Pondal

O coñecemento dos "Poemas de Ossián", publicados polo escocés James Macpherson como auténticas creacións dun bardo do século III, influíron na orientación da poesía de Pondal. Centrouse na creación dun mundo mítico para asentar o seu ideario galeguista. Ao xeito dos bardos celtas, Pondal eríxese no vate que dirixe e constrúe o seu pobo. A partir dun pasado glorioso, o bardo albisca o camiño do destino colectivo dos galegos e intenta guialos cara un futuro de liberdade, en que prevalezan "os bos e xenerosos" artífices dun futuro solidario e digno, orgullosos do seu, fronte aos "imbéciles e escuros", que renegan da súa historia e da súa terra. O bardo é un líder e guía celta, que tamén é poeta, bohemio, incomprendido e descoidado. O bardismo oponse ao pobo sometido, ás "almas escravas".

O Celtismo

O bardismo está relacionado co celtismo. O tema principal de moitas composicións é a recreación lírica dunha orixe celta e mítica do pobo galego. Para forxar ese pasado glorioso de Galicia, Pondal bota man duns heroes celtas con nomes que toma dos topónimos da súa comarca, Gundar, Brandomil... e dunha mitoloxía capaz de facer renacer nos galegos a conciencia da propia identidade e a recuperación da autoestima colectiva de Galicia como pobo diferenciado. Esta visión do pasado celta de Galicia ten o seu correlato na visión dos historiadores da época e serve para afianzar o ideario galeguista do rexionalismo e do provincialismo.

Un Cravo en Rosalía

Pertence ao libro "Vaguedás", o primeiro (de cinco) de Follas novas. En "Vaguedás" a autora fala das súas vivencias e do seu estado de ánimo, caracterizado polo desacougo e o cansazo existencial, o pesimismo e a melancolía; ademais de reflexionar sobre a escrita feminina e sobre os trazos e contidos da súa obra.

Figuras Retóricas

Repetición, antítese, anáfora, paralelismo sintáctico, contrastes de campos asociativos antitéticos, comparanzas, metáforas, símbolos, epanadiplose (deserto e sempre deserto), aliteración, hipérbole.

A Saudade da Dor

Saudade da dor, a dor forma parte do ser humano e bótase en falta cando non está. O cravo é todo o que a atormenta, a dor que forma parte dela e do ser humano.

Listado de Palabras

A pantasma, a viaxe, a análise, a síndrome, a suor, a dor, a calor, a canle, o fantasma, o diadema, o convite, o interese, a dínamo, a fame, a síndrome, o leite, o mel, o nariz, o sinal, o cárcere, o sangue. / Rufiá, vilá, nugallá, marrá, truá. Comigo

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é o bardismo en Pondal?

É a orientación poética na que Pondal se presenta como un vate celta que dirixe e guía ao pobo galego cara a un futuro de liberdade, a partir dun pasado glorioso.

A que libro pertence o poema "Un cravo" de Rosalía?

Pertence ao libro Vaguedás, o primeiro dos cinco que compoñen Follas novas.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que obra influíu na orientación da poesía de Pondal segundo o texto?
2. Con que nomes toma Pondal os seus heroes celtas?
3. Canto libros compoñen Follas novas?
4. Que estado de ánimo caracteriza a Vaguedás segundo o texto?
5. Que figura retórica aparece na expresión "deserto e sempre deserto"?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.