Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

Eduardo Pondal: biografía e vida do poeta do Rexurdimento

Lingua e literaturaActualizado o 3,02 KB

A Vida de Eduardo Pondal (1835-1917)

Orixes e Formación Clásica

Pondal naceu en Ponteceso, na comarca de Bergantiños, no ano 1835. A boa situación económica da familia permitiulle unha esmerada formación académica e poder dedicarse ao cultivo da literatura sen necesidade de ter que procurar a subsistencia mediante un traballo remunerado.

Realizou os primeiros estudos na casa reitoral de Nemiña, na que o cura rexente preparaba os rapaces para poderen acceder ao estudo ou para mellor levar o goberno das súas casas e facendas. Desta época procede a súa formación clásica, que máis tarde completaría coa lectura dos grandes autores da literatura universal, o que o converteu, en opinión dos seus coetáneos, no poeta máis culto do Rexurdimento....

Seguir lendo "Eduardo Pondal: biografía e vida do poeta do Rexurdimento" »

Xéneros literarios: épica, dramática e lírica, con definicións e exemplos

Lingua e literaturaActualizado o 4,32 KB

Xénero Épico: Definición e Características

A Épica é un xénero literario escrito en prosa ou en verso no que o autor se sitúa como un espectador, contemplando así sucesos e recreándoos verbalmente para o receptor. Nela cóntanse feitos que lles ocorren a uns personaxes nun tempo e lugar concretos.

Epopeia

Epopeia: Composición épica escrita en verso, longa e poética, que narra unha acción memorable ou extraordinaria.

Poema Épico

Poema Épico: Narración en verso de longa extensión que narra as fazañas dun heroe para exaltar os valores da propia nación.

Cantar de Xesta

Cantar de Xesta: Composición escrita en verso na que se exaltan as fazañas dun heroe para conmemorar as virtudes dun pobo. Son composicións propias dos séculos XII...

Seguir lendo "Xéneros literarios: épica, dramática e lírica, con definicións e exemplos" »

Ramón Cabanillas: vida, obra e etapas literarias

Lingua e literaturaActualizado o 3,02 KB

Ramón Cabanillas: Vida e Obra Literaria

Ramón Cabanillas nace en Cambados en 1876. Acadou o maior éxito nos anos 20 e participou nas principais empresas galeguizadoras, desde o Seminario de Estudos Galegos ata publicacións como “A Nosa Terra”, “Rexurdimento”, etc. Cabanillas é considerado como un dos poetas máis importantes da historia da literatura galega. A súa obra é moi rica e nela incorpora rexistros e temáticas pouco frecuentadas. A súa estética ten dous elementos básicos: os elementos tradicionais e os procedentes do modernismo hispanoamericano.

Etapas da Obra de Ramón Cabanillas

  • Etapa Pregaleguista (1910-1915)

    Na emigración, Cabanillas publica os seus primeiros libros, “No desterro”, “Visión gallegas” e “Vento

...
Seguir lendo "Ramón Cabanillas: vida, obra e etapas literarias" »

Vangardas e Xeración do 25: poesía de vangarda en Galicia

Lingua e literaturaActualizado o 5,07 KB

AS VANGARDAS

As vangardas son movementos artísticos que pretendían unha total renovación da arte, xurdidos nas dúas primeiras décadas do século XX. As súas características son: ruptura coa tradición literaria, busca de novos camiños expresivos, actitude antisentimental, total liberdade creativa, orixinalidade, eliminación dos signos de puntuación, nova función das metáforas e das imaxes e renovación da linguaxe. Entre as correntes ou ismos destacan:

  • Futurismo

    Corrente creada por Marinetti no 1909, tras a publicación do “Manifesto do Futurismo”. As súas características son: ruptura coa tradición literaria do pasado, eliminación da métrica, defensa da modernidade, ruptura das normas sintácticas e ortográficas, emprego

...
Seguir lendo "Vangardas e Xeración do 25: poesía de vangarda en Galicia" »

Agrarismo, Irmandades da Fala e vangardas poéticas na Galicia do século XX

Lingua e literaturaActualizado o 6,29 KB

O Agrarismo Galego: Movemento Social e Reivindicacións

O Agrarismo constitúe o movemento social máis representativo do primeiro terzo do s. XX. Trátase dun proceso reivindicativo que procura melloras nas condicións de vida dos campesiños. En 1907 fúndase a asociación agraria Solidaridad Gallega. O momento culminante do agrarismo chega dende 1912 ata 1915. A principal organización agraria nesa altura será Acción Gallega, dirixida por Basilio Álvarez, vigairo da parroquia de Beiro. Os obxectivos básicos eran conseguir a redención dos foros e acabar co caciquismo.

O Nacionalismo Galego e as Irmandades da Fala

O Nacionalismo xorde como evolución do galeguismo rexionalista nas primeiras décadas do s. XX cara a un movemento de defensa...

Seguir lendo "Agrarismo, Irmandades da Fala e vangardas poéticas na Galicia do século XX" »

As catro etapas da normativización do galego: do popularizante ao estándar

Lingua e literaturaActualizado o 2,54 KB

A normativización da lingua galega

Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas fundamentais:

a) Galego popularizante (s. XIX)

Representado por figuras como Rosalía de Castro ou Curros Enríquez, caracterízase por reproducir na escrita a lingua oral no seu rexistro popular. Desenvólvense os primeiros dicionarios, pero non se constrúe unha norma de uso sistemático na escrita; será Eduardo Pondal o autor que máis consciencia mostre da necesidade de normativizala.

A tarefa de comezar a reproducir na escrita a oralidade sen modelos previos (non coñecían as cantigas medievais) non é doada, e os autores e autoras optan polas solucións ortográficas da lingua na que se formaron: o castelán. O galego desta etapa está ateigado...

Seguir lendo "As catro etapas da normativización do galego: do popularizante ao estándar" »

O Teatro das Vangardas e a Xeración Nós en Galicia: autores e obras

Lingua e literaturaActualizado o 2,72 KB

O Teatro das Vangardas

O Teatro das Vangardas está formado por un grupo de autores que comparten cos membros da Xeración Nós a súa concepción do teatro como "unha arte total", á vez que asumen as tendencias das vangardas europeas do momento e a influencia de dramaturgos como Ibsen ou Maeterlinck. Entre eles destacan Rafael Dieste, Álvaro de las Casas ou Xaime Quintanilla.

Rafael Dieste

Autor dunha única peza de teatro, A fiestra valeira (1927), representada en Rianxo (1935). É unha comedia de carácter simbólico, con claros elementos vangardistas, que expón o conflito pola inclusión dunha ventá no cadro que mostra as orixes mariñeiras da familia e os valores do pobo mariñeiro. Tamén se considera obra dramática O drama do cabalo

...
Seguir lendo "O Teatro das Vangardas e a Xeración Nós en Galicia: autores e obras" »

Bilingüismo e diglosia en Galicia: conceptos e dinámicas lingüísticas

Lingua e literaturaActualizado o 2,95 KB

O Bilingüismo

O termo bilingüismo refírese á capacidade que ten unha persoa de se expresar máis ou menos con igual destreza en dúas linguas, isto é, o bilingüismo individual. En sentido colectivo, o bilingüismo social, refírese a comunidades que empregan dúas linguas, sendo bilingües a maior parte dos seus individuos.

Adóitase falar de bilingües pasivos cando aqueles que entenden ambas as linguas, mais só saben falar unha, e falamos de bilingües activos daqueles que falan e entenden as dúas.

O bilingüismo é un motivo de enriquecemento cultural para o individuo, pero é difícil que estas linguas se atopen en situación de igualdade total.

O individuo raramente utilizará dúas linguas para un mesmo propósito; empregará a lingua...

Seguir lendo "Bilingüismo e diglosia en Galicia: conceptos e dinámicas lingüísticas" »

A literatura galega no século XVIII: a Ilustración e o Rexurdimento

Lingua e literaturaActualizado o 3,14 KB

A literatura no século XVIII: A Ilustración

Durante o século XVIII, a Ilustración formulou propostas para sacar o país do atraso, mellorar a educación e dignificar a lingua. Neste período xorden voces fundamentais que reivindican o cultivo e a dignificación da lingua galega.

Autores e figuras clave da Ilustración

  • Frei Martín Sarmiento: Autor do Coloquio de 24 galegos rústicos, obra composta por coplas de estilo popular e gran riqueza léxica. As súas ideas sobre a lingua incluían:
    • O emprego do galego no ensino (denunciando o fracaso do ensino en castelán).
    • O uso nos actos relixiosos e administrativos, defendendo que quen desempeñe estes cargos debe coñecer a lingua.
    • O combate contra os prexuízos sobre o galego mediante argumentos
...
Seguir lendo "A literatura galega no século XVIII: a Ilustración e o Rexurdimento" »

A Lingua Galega na Idade Media: Historia e Características

Lingua e literaturaActualizado o 3,67 KB

A Lingua Galega na Idade Media

O Galego na Alta Idade Media (Séculos IX-XII)

Os tres primeiros séculos da Idade Media, do IX ao XII, foron para a lingua galega (nestes séculos o galego-portugués) e para o latín, unha situación de bilingüismo social. O latín era a lingua alta e só se podía aprender polo estudo académico, pero tiña poucos falantes, xa que só era utilizado nos contextos formais e na escrita. Sen embargo, o Galego Antigo era a lingua baixa, falada pola maioría das persoas. Esta distribución das linguas nestes séculos coñécese como diglosia clásica.

O Esplendor do Galego no Século XIII

O século XIII foi realmente o mellor período para a lingua galega (independizada xa do portugués), xa que, ademais de ser a lingua...

Seguir lendo "A Lingua Galega na Idade Media: Historia e Características" »