Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Secundaria
Revolucións Liberais e Francesa: Causas e Etapas
As Revolucións Liberais (1789-1848)
A Revolución Francesa (1789-1799)
Causas
- Impacto das ideas ilustradas: crítica ao absolutismo e á sociedade estamental.
- Revolución americana: declaración de Independencia en 1776 e Constitución de 1787. A Revolución
Constitución Federal de 1873: Proxecto Non Nato da I República
Proxecto de Constitución Federal de 1873
Presentación e Atraso do Proxecto
Pi i Margall presentáralles ás Cortes un proxecto de Constitución para a República Federal. Unha vez derrotados a maioría dos cantóns, o día 11 de agosto comezou a discusión do proxecto, xa con Salmerón no poder. Mais o escaso interese por parte dos deputados e os graves problemas do período postergaron o debate sine die tres días despois.
Contido da Constitución Non Nata
A Constitución non nata de 1873, elaborada apresuradamente por Emilio Castelar, era un texto pouco sistemático que definía unha “Nación Española” composta por 17 Estados, regulaba os dereitos e liberdades dos españois, declaraba a República Federal como a forma de goberno da Nación...
A Ilustración e o Antigo Réxime: Ideas, Pensadores e Revolucións
A Ilustración: Movemento Intelectual e Crítica ao Antigo Réxime
A Ilustración foi un movemento de carácter intelectual que puxo en cuestión os principios do Antigo Réxime. Os seus precedentes foron os pensadores ingleses, como John Locke.
O século XVIII é coñecido tamén como o Século das Luces, porque tras moitos anos de escurantismo, os filósofos pensaron que a luz da razón se proxectaba sobre as sombras da Terra.
Características Clave da Ilustración
- Confianza na razón.
- Liberdade de pensamento.
- Ataque ao dogmatismo, fanatismo e intolerancia relixiosa.
- Crenza no progreso e na educación.
- Crítica á organización social vixente, baseada nos privilexios de sangue.
Pensadores e Ideas Fundamentais da Ilustración
Os principais pensadores...
A Guerra Fría: Bloques, conflitos e fases
Bloques Militares
Cada bloque creou a súa organización militar para defender as súas zonas dun posible expansionismo do bloque contrario.
Bloque Occidental: OTAN (1949)
Estaba formado polos países do Atlántico (Canadá, EEUU, Portugal...). Tiña como obxectivo defender as liberdades democráticas e salvagardar a seguridade e a estabilidade das dúas beiras do Atlántico. En 1982 únese España.
Bloque Comunista: Pacto de Varsovia (1955)
Formábano a República Democrática Alemá, Polonia, Checoslovaquia, Hungría, Romanía e Bulgaria. O seu obxectivo era a amizade, cooperación e asistencia mutua.
Os dous bloques
Ante un ataque, defenderíanse co medio que considerasen oportuno, incluso utilizando as Forzas Armadas para restablecer a seguridade....
Gobernos de Dereitas e Revoltas de 1934 na Segunda República
Os gobernos de dereitas e a crise republicana
A cruenta represión do levantamento de Casas Viejas provocou unha grave crise ao goberno republicano-socialista e Manuel Azaña presentou a súa dimisión. O presidente da República, Alcalá Zamora, disolveu as Cortes e convocou novas eleccións.
As eleccións que tiveron lugar en novembro de 1933, as primeiras en que puideron votar as mulleres, foron gañadas polos partidos de dereita (40% dos votos) e de centro (21%). Alejandro Lerroux, líder do Partido Radical, foi elixido presidente do goberno co apoio parlamentario da CEDA.
O novo goberno iniciou un proceso de desmantelamento da obra reformista anterior: paralizou as reformas agraria e a militar, modificou a política relixiosa, propiciando...
Sociedade e Ilustración en Galicia no século XVIII
Fidalgos e Comerciantes no século XVIII
No século XVIII consolidaron a súa relevancia social:
- Os fidalgos convertéronse no grupo dominante de Galicia; controlaban o poder municipal e xudicial e tiñan unha importante participación nas institucións de goberno eclesiásticas e militares. A súa principal fonte de riqueza estaba no cobro das rendas dos foros que tomaron de terras pertencentes á Igrexa e á nobreza e que despois subaforaban aos campesiños.
- Os comerciantes. Produciuse un incremento das actividades mercantís en Galicia. Destacan:
- Xerónimo de Hijosa: converteuse no principal home de negocios de Galicia grazas aos negocios de reexportación de produtos europeos cara a América.
- Os irmáns Lees: montaron unha fábrica de tecidos
As Fases da Revolución Francesa: Unha Guía Completa
A Asemblea Constituínte (1789-1791)
- A Asemblea Nacional transformouse en Asemblea Constituínte, co propósito de aprobar unha constitución. O 14 de xullo, o pobo de París asaltou a prisión da Bastilla para conseguir armas e defender os seus representantes. Os disturbios estendéronse a outras cidades e ao campo, onde os campesiños atacaron as propiedades dos señores.
- A Asemblea Constituínte aboliu o feudalismo (eliminou os dereitos señoriais e nacionalizou os bens da Igrexa); redactou unha Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán (nos que se recoñecían os dereitos de liberdade, propiedade e igualdade ante a lei); e elaborou a Constitución de 1791 (establece a soberanía nacional, a división de poderes e o sufraxio censitario
Revolución Rusa e Stalinismo: Causas e Consecuencias
A Revolución Rusa de 1917
Durante a Primeira Guerra Mundial, en 1917, estalou a Revolución Bolxevique en Rusia. Esta revolución derrocou o tsar, que ata ese momento exercía unha autocracia. O tsar gobernaba por decreto, sen estar suxeito a ningunha constitución. Isto era posible grazas a unha fiel burocracia, un poderoso exército e o apoio da Igrexa Ortodoxa, que constituía un dos seus piares.
A conxuntura da Primeira Guerra Mundial creou en Rusia as condicións idóneas para un estoupido revolucionario. Nin a economía nin a organización política e militar rusas estaban preparadas para unha guerra tan longa e dura. Os campesiños tiveron que enrolarse no exército, o que supuxo un descenso na produción agrícola. Isto provocou un gran...
Revolución Industrial: Demografía, Agricultura e Industria
Aumento Demográfico e Expansión Agrícola
A Revolución Industrial foi o resultado dun conxunto de cambios económicos e tecnolóxicos que se produciron por primeira vez en Gran Bretaña a mediados do século XVIII.
A Revolución Demográfica
No século XVIII a poboación europea iniciou un proceso de crecemento (revolución demográfica).
Causas do cambio demográfico:
- Aumento da produción de alimentos.
- Progreso da hixiene e da medicina.
Consecuencias:
- Diminución da mortalidade.
- Incremento da natalidade.
A Revolución Agrícola
O incremento da poboación provocou:
- Aumento da demanda de alimentos.
- A alza dos prezos agrícolas.
A terra converteuse nunha propiedade privada na que os grandes propietarios podían realizar as transformacións que desexasen....