Revolucións Liberais e Francesa: Causas e Etapas

Historia7,11 KB

As Revolucións Liberais (1789-1848)

Son un conxunto de revolucións que sucederon en Europa na primeira metade do século XIX, que implicaron a fin do absolutismo e da sociedade estamental. O resultado foi a formación dun novo modelo de sociedade baseada na igualdade dos cidadáns ante a lei. A ideoloxía que inspirou estas revolucións foi o liberalismo político, baseado na existencia dunha Constitución, a soberanía nacional e os dereitos e liberdades fundamentais. As revolucións liberais inícianse coa Revolución Francesa.

A Revolución Francesa (1789-1799)

Causas

  • Impacto das ideas ilustradas: crítica ao absolutismo e á sociedade estamental.
  • Revolución americana: declaración de Independencia en 1776 e Constitución de 1787. A Revolución americana e a Ilustración baséanse nos mesmos ideais: dereitos dos cidadáns, separación de poderes, igualdade e liberdade e dereito a elixir aos gobernantes.
  • Crise social: descontento do Terceiro Estado. Descontento do campesiñado (80% da poboación) ante as excesivas cargas feudais. A burguesía aspiraba á fin dos privilexios, á liberdade económica e a poder participar na política.
  • Crise económica: motivada por un ciclo de malas colleitas, que ocasionou a alza do prezo do trigo e, en consecuencia, o descontento popular.
  • Crise financeira: os ministros de Luís XVI propoñen unha reforma fiscal rexeitada polos privilexiados, que piden a convocatoria dos Estados Xerais.

O Estalido Revolucionario

  • Reunión dos Estados Xerais (Versalles, maio de 1789): cuestión do voto. O Terceiro Estado demanda maior representación e que o voto sexa por cabeza e non por estamento. Ante a negativa dos privilexiados a aceptaren estas reivindicacións, os deputados do Terceiro Estado forman a Asemblea Nacional e comprométense a elaborar unha constitución.
  • 14 de xullo de 1789: toma da Bastilla.
  • Gran Medo no campo: revolta antiseñorial.
Ante a situación, Luís XVI aceptou a Asemblea Nacional. Francia convertíase nunha monarquía constitucional.

Grupos Políticos na Revolución Francesa

  • Absolutistas/realistas.
  • Patriotas/liberais:
    • Monárquicos constitucionalistas.
    • Republicanos:
      • Moderados/xirondinos.
      • Radicais/xacobinos.

Etapas da Revolución Francesa

Monarquía Constitucional (1789-1792)

Etapa na que destacou o impulso da burguesía moderada, que aspiraba a abolir o Antigo Réxime, formar un Parlamento (elixido por sufraxio censatario) e establecer unha Constitución. Nesta etapa rexen os principios do liberalismo moderado.
  • A burguesía moderada intenta chegar a un acordo co rei e cos privilexiados para converter Francia nunha monarquía constitucional.
  • Fórmase a Asemblea Nacional Constituínte:
    • Abolición do feudalismo.
    • Declaración de dereitos do Home e do Cidadán (1789): dereitos e liberdades individuais, igualdade ante a lei e no pago de impostos, etc.
    • Constitución (1791): separación de poderes, soberanía nacional, igualdade legal e sufraxio censatario. O rei mantiña o dereito de veto.
  • Aprobada a Constitución formouse unha Asemblea Lexislativa:
    • A nobreza foi obrigada a pagar impostos.
    • Abolición dos gremios.
    • Separación Igrexa-Estado (Constitución civil do clero) e desamortización e posterior venda dos bens do clero.
Final da Monarquía Constitucional: o rei busca o apoio das potencias absolutistas (entre elas Austria, que planea invadir Francia). O rei intenta fuxir para unirse aos austríacos (Fuga de Varennes, 1791). O rei é detido polos revolucionarios, pero as tropas austríacas avanzan ata París (1792).

República Social (1792-1794)

A invasión austríaca e o intento de fuga do rei provocaron a revolta das clases populares (sans culotte). Agosto de 1792: asalto dos revolucionarios ao palacio das Tullerías. A familia real é encarcerada e proclámase a República (setembro 1792). Nesta etapa da Revolución Francesa, a burguesía radical, empuxada polas clases populares, intentou transformar a sociedade segundo ideas democráticas (sufraxio universal masculino) e igualitarias (leis sociais). Distinguimos:
  • Convención xirondina (1792-1793).
  • Convención xacobina (1793-1794).

República Conservadora ou Directorio (1794-1799)

A Época de Napoleón

Consulado (1799-1804)

O golpe de Napoleón tivo o apoio da burguesía xa que pretendía a consolidación dos principios moderados que inspiraran a Revolución de 1789. Caracterizouse polo goberno personalista e autoritario e representaba os intereses da burguesía.
Hai un novo sistema político e Constitución (1800): non se recoñecía a separación de poderes, limitaba as liberdades e impoñía a censura. Ademais, creáronse as prefecturas, reformouse a Facenda, impulsouse a educación (creáronse os Liceos), produciuse o regreso dos exiliados, asinouse un Concordato coa Igrexa, e elaboráronse un Código Civil e un Código de Comercio.

O Imperio Napoleónico (1804-1815)

Desde 1803 Napoleón leva a cabo conquistas en diversos territorios de Europa (Guerras Napoleónicas 1803-1815). En 1804 Napoleón é coroado emperador polo Papa.
  • 1805: Vitoria de Austerlitz sobre Austria e Rusia. Incorpóranse certos territorios e créanse os estados satélites.
  • 1808: invasión napoleónica de España. Xosé Bonaparte é coroado rei de España.
  • 1811: o Imperio napoleónico acada a máxima extensión (desde Alemaña a España).

A Derrota Napoleónica

As conquistas napoleónicas xeraron unha dobre reacción:
  • A abolición do absolutismo xerou unha oleada de simpatía entre os liberais.
  • A invasión estranxeira xerou un sentimento antifrancés. En moitos países europeos aparecen movementos de resistencia patriótica (España, Polonia, Alemaña e Italia).
O intento de reconquistar Rusia supuxo o inicio do fin do dominio napoleónico.
1815: derrota de Waterloo a mans de Prusia e Inglaterra. Napoleón é desterrado á illa de Sta. Helena.

A Restauración do Absolutismo

Congreso de Viena (1814-1815)

Reúnense as potencias vencedoras de Napoleón (Rusia, Reino Unido, Prusia e Austria), baixo a dirección do chanceler austríaco Metternich. Acordos:
  • Remodelación do mapa europeo (Francia volve ás fronteiras de 1792 e repártense entre as potencias absolutistas os territorios conquistados por Napoleón).
  • Principios ideolóxicos da Restauración:
    • Lexitimidade dos monarcas absolutos.
    • Negación da soberanía nacional.
    • Equilibrio entre as grandes potencias.
    • Dereito a intervir en países estranxeiros que se visen ameazados por movementos revolucionarios.
Para garantir o cumprimento destes principios creouse a Santa Alianza (1815), tratado de axuda mutua entre as potencias absolutistas.

Descargar

PDF Word HTML