Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Secundaria

As Revolucións Liberais do Século XIX: Liberalismo e Estado Constitucional

Historia2,98 KB

As Revolucións Liberais: O Fin do Absolutismo

Durante a primeira metade do século XIX, gran parte de Europa experimentou un proceso de profundo cambio político que tiña o seu referente na Revolución Francesa e que significou a implantación de sociedades liberais. O desenvolvemento do liberalismo supoñía a implantación de sociedades liberais. O desenvolvemento do liberalismo supoñía a fin do absolutismo e dos privilexios estamentais, e a regulación da nova sociedade a partir da igualdade dos cidadáns diante da lei.

Deste xeito, a cidadanía constituíase en nación e estruturábase un novo sistema político liberal identificado coa implantación dun Estado Constitucional (en forma de Monarquía ou República), cuxa lexitimación repousaba...

Seguir lendo "As Revolucións Liberais do Século XIX: Liberalismo e Estado Constitucional" »

Napoleón: Consulado, Imperio e Restauración en Europa

Historia3,88 KB

A Obra de Napoleón en Francia e a súa Influencia en Europa

Napoleón Bonaparte, figura clave na historia de Francia e Europa, xogou un papel crucial tras a Revolución Francesa. A súa traxectoria comeza coa represión da revolta de Vendimiario en 1795, cando estaba encargado da guarnición de París. Tras conseguir éxitos militares que remataron coa Primeira Coalición, Napoleón deu un golpe de Estado o 18 de Brumario (9 de novembro de 1799), proclamándose cónsul e poñendo fin ao Directorio.

O Consulado e a Consolidación do Poder

O Consulado foi un réxime personalista, caracterizado pola concentración do poder en mans de Napoleón. A Constitución do ano VIII (1799) reflectiu esta realidade, xa que non incluía unha declaración de...

Seguir lendo "Napoleón: Consulado, Imperio e Restauración en Europa" »

O nacemento de novos estados en Europa no século XIX

Historia3,24 KB

Que novos Estados se crearon en Europa?

A independencia de Grecia e Bélxica:

Nos imperios plurinacionais xurdiron movementos independentistas, como no Imperio Otomán (Grecia). Noutros lugares, como no Reino dos Países Baixos, Bélxica tamén demandou a súa independencia.

*Grecia (1821-1830):

Grecia formaba parte do Imperio Otomán ou Turco desde había séculos. Aínda que algunhas elites gregas formaban parte da burocracia otomá, a maioría da poboación sentíase marxinada, sometida a fortes impostos e dominada por un pobo de distinta relixión e cultura.

En 1822, os gregos proclamaron a súa independencia en Epidauro, que, ao non ser recoñecida polos turcos, provocou o inicio dunha guerra. A causa grega contou coa solidariedade dos liberais...

Seguir lendo "O nacemento de novos estados en Europa no século XIX" »

O Imperio Español: Carlos V, Filipe II e América

Historia4,69 KB

O Imperio de Carlos V

Carlos I foi proclamado rei de España en 1516 e converteuse tamén en emperador do Sacro Imperio co título de Carlos V. Herdou un grande imperio dos seus avós maternos, os Reis Católicos, e dos seus avós paternos, Maximiliano I e María de Borgoña.

Conflitos Internos e Externos

  • Conflitos en España: Rebelión das Comunidades de Castela.
  • Conflitos internacionais: Guerras con Francia pola hexemonía europea, a expansión do Imperio Turco e a sublevación dos príncipes protestantes alemáns.

A Monarquía Hispánica de Filipe II

O seu imperio foi o máis poderoso da época. Aos territorios da Coroa española sumou os da Coroa portuguesa en 1580. Estableceu a capital en Madrid, polo que o seu reinado se coñece como Monarquía

...
Seguir lendo "O Imperio Español: Carlos V, Filipe II e América" »

Revolución Francesa: de 1789 a 1799

Historia3,2 KB

A Restauración e as Revolucións Liberais

A Restauración: Tras a derrota de Napoleón, as potencias europeas reuníronse no Congreso de Viena (1814-1815) para restaurar o absolutismo e o Antigo Réxime. Os principios da Restauración foron:

  • Lexitimismo: Restauración das monarquías absolutas.
  • Equilibrio europeo: Francia volveu ás fronteiras que tiña antes da Revolución. Fortalecéronse dous estados tapón para dificultar unha posible expansión francesa, e Austria, Prusia e Rusia gañaron territorios de forma equilibrada.
  • Intervencionismo: As potencias europeas buscaron consolidar a Restauración mediante un sistema de alianzas. Creáronse dous bloques: a Santa Alianza (Austria, Prusia e Rusia) e a Cuádrupla Alianza (Austria, Prusia, Rusia
...
Seguir lendo "Revolución Francesa: de 1789 a 1799" »

Causas da Revolución das Colonias Británicas Norteamericanas

Historia4,82 KB

As causas foron o descontento das colonias por razóns políticas, xa que carecían de representantes no parlamento británico; económicas, pola súa dependencia comercial de Gran Bretaña; e territoriais, porque a ocupación dos extensos territorios situados ao oeste das colonias estaba reservada aos británicos. A chispa que ocasionou a revolución foi o intento da monarquía británica en implantar novos impostos. Os colonos negáronse a aceptalos, alegando que non foran votados por eles ao carecer de representantes no parlamento. Así, en 1773, en protesta polo establecemento dun novo imposto sobre a exportación de té, organizouse en Boston o chamado motín do té, no que un grupo de colonos disfrazados de peles roxas verteron no mar...

Seguir lendo "Causas da Revolución das Colonias Británicas Norteamericanas" »

O Bloqueo de Berlín e a Guerra de Corea

Historia2,19 KB

O Bloqueo de Berlín

Tras a Segunda Guerra Mundial, os países vencedores (Estados Unidos, a URSS, o Reino Unido e Francia) acordaron a división de Alemaña en catro sectores, cada un deles administrado por un país. Berlín, aínda que estaba situado dentro da zona soviética, tamén foi dividido en catro zonas de ocupación.

En 1948 celebrouse a Conferencia de Londres, onde os aliados occidentais acordaron a unificación de Alemaña nun só Estado. A resposta de Stalin foi o bloqueo terrestre de Berlín. A cidade quedou illada das zonas occidentais de Alemaña. Ante o bloqueo soviético, Estados Unidos organizou unha inmensa ponte aérea para garantir o abastecemento da poboación de Berlín occidental. O bloqueo soviético foi finalmente...

Seguir lendo "O Bloqueo de Berlín e a Guerra de Corea" »

Crise de 1929: Crac da Bolsa, Gran Depresión e New Deal

Historia2,5 KB

Os felices anos 20

Na década de 1920, os EE. UU. eran a maior potencia económica mundial. O consumo de masas aumentou. A boa marcha dos negocios propiciou un incremento dos valores das empresas na Bolsa de Nova York e, desde 1925, as cotizacións non deixaron de subir, polo que moitos norteamericanos investiron os seus aforros ou solicitaron créditos para comprar accións; tamén o fixeron as empresas.

O crac da Bolsa de Nova York

O 24 de outubro de 1929 (coñecido como Xoves Negro) produciuse o afundimento do mercado de valores. O pánico fixo que toda a xente quixese vender as súas accións. Moitos arruináronse e algúns ata se suicidaron.

  • A causa principal foi a especulación bolsista (aumento do valor das accións pola demanda) combinada
...
Seguir lendo "Crise de 1929: Crac da Bolsa, Gran Depresión e New Deal" »

A Restauración e as Revolucións Liberais do Século XIX

Historia3,57 KB

A Restauración (1815)

Despois da derrota de Napoleón, inténtase restaurar o absolutismo, é dicir, volver ó Antigo Réxime. Esta época coñécese co nome de Restauración e está caracterizada por:

Lexitimismo monárquico

Considerouse que a paz só era posible cun monarca lexítimo á fronte dos estados. Os monarcas do Antigo Réxime volveron ao poder como se a Revolución Francesa non sucedese.

Responsabilidade internacional

Estableceuse que as grandes potencias poderían intervir noutro país se unha monarquía lexítima estaba ameazada.

Sistema de Congresos

Organizáronse reunións das grandes potencias para resolver os problemas internacionais.

O Congreso de Viena (1815)

No que se reúnen as potencias vencedoras de Napoleón (Reino Unido, Austria,...

Seguir lendo "A Restauración e as Revolucións Liberais do Século XIX" »

Historia da Transhumancia e o Comercio da La en Castela: Mesta e Feiras

Historia2,61 KB

A Transhumancia e a Mesta: Orixe e Propósito

A transhumancia era o traslado estacional dos rabaños de ovellas castelás. Durante o verán, movíanse aos prados da Cordilleira Cantábrica ou do Sistema Central para o engorde e esquilado das ovellas. No inverno, regresaban ás terras baixas de Castela e Estremadura.

O Honrado Concello da Mesta foi fundado por Afonso X o Sabio co obxectivo de defender os intereses da gandería, que naquel entón estaba en mans da nobreza e da monarquía.

O Comercio da La Castelá: Rutas e Beneficiarios

Unha vez recollida, a la concentrábase en Burgos para ser trasladada aos portos da costa norte de Castela, desde onde era embarcada cara a Flandres para a súa venda e manufactura. Os principais portos incluían:...

Seguir lendo "Historia da Transhumancia e o Comercio da La en Castela: Mesta e Feiras" »