As Fases da Revolución Francesa: Unha Guía Completa

Historia3,13 KB

A Asemblea Constituínte (1789-1791)

  • A Asemblea Nacional transformouse en Asemblea Constituínte, co propósito de aprobar unha constitución. O 14 de xullo, o pobo de París asaltou a prisión da Bastilla para conseguir armas e defender os seus representantes. Os disturbios estendéronse a outras cidades e ao campo, onde os campesiños atacaron as propiedades dos señores.
  • A Asemblea Constituínte aboliu o feudalismo (eliminou os dereitos señoriais e nacionalizou os bens da Igrexa); redactou unha Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán (nos que se recoñecían os dereitos de liberdade, propiedade e igualdade ante a lei); e elaborou a Constitución de 1791 (establece a soberanía nacional, a división de poderes e o sufraxio censitario ou restrinxido aos homes que posuían certas propiedades). O absolutismo daba paso a un sistema político liberal.

A Asemblea Lexislativa (1791-1792)

  • Aprobada a Constitución, a Asemblea Constituínte foi substituída por unha Asemblea Lexislativa; que tivo que enfrontarse á oposición dos nobres (algúns deles exiliados e conspirando desde o estranxeiro), á oposición do rei (detido cando intentaba fuxir de París); aos enfrontamentos entre xirondinos (revolucionarios moderados) e xacobinos (revolucionarios radicais) que axitaban os sans-culottes; e á guerra contra Austria e Prusia que apoiaban os contrarrevolucionarios por medo a que a Revolución se estendese aos seus países.
  • Para resolver estes problemas, a Asemblea Lexislativa nomeou unha nova asemblea, a Convención.

A Convención (1792-1795)

  • Dominada inicialmente por xirondinos moderados, a Convención aboliu a Monarquía e proclamou a República e guillotinou a Lois XVI. Ante isto, as potencias absolutistas europeas declararon a guerra a Francia.
  • O descontento popular ante a guerra foi aproveitado polos xacobinos radicais para acceder ao poder. O seu líder, Robespierre, rexeitou as potencias invasoras, promulgou unha constitución máis democrática, que permitía o sufraxio universal masculino, adoptou medidas económicas favorables para o pobo e eliminou calquera oposición usando o Terror e a guillotina.
  • A Convención, asustada por esta situación, depuxo e guillotinou a Robespierre e aos seus seguidores. O poder pasou a deputados do centro que elaboraron a Constitución de 1795, máis moderada e con sufraxio restrinxido.

O Directorio e o Consulado (1795-1799)

  • De acordo coa Constitución, o poder executivo recaeu nun Directorio de 5 membros.
  • O Directorio levou a cabo numerosas campañas militares en Italia, Prusia, Austria e Exipto; destacando un xeneral mozo, Napoleón Bonaparte, que deu un golpe de Estado en 1799, e substituíu o Directorio por un Consulado integrado por 3 cónsules. Finalmente, Napoleón conseguiu ser nomeado primeiro cónsul e apropiouse do poder.

Descargar

PDF Word HTML