Revolucións do século XIX en Europa: 1820/30/40 e as súas consecuencias

Historia4,22 KB

Estas tres vagas revolucionarias son resultado de difusións do liberalismo e do nacionalismo. Onde triunfaron, implantáronse sistemas políticos liberais, baseados na soberanía nacional e na existencia dunha Constitución. Neles, a burguesía exerceu o poder.

Revolucións de 1830

Inicio en Francia. A monarquía absoluta é substituída por unha monarquía constitucional. O trono é ocupado por Luis Filipe de Orleans (“o rei burgués”).
1831: revolta en Polonia (territorio dependente de Rusia). Sofocada polo exército tsarista (ruso).

Primavera dos Pobos (1848)

Debido á existencia de pobos baixo o dominio dos grandes imperios (o austríaco, o ruso e o turco) e de pobos fragmentados en diferentes estados (Alemaña e Italia) e ao xurdimento de ideas liberais e nacionalistas. Defensa da idea dunha “Europa de nacións”, libre do dominio dos imperios absolutistas. Nas nacións sometidas aos grandes imperios, uníronse as reivindicacións liberais e nacionalistas
Imperio austríaco: forzou a dimisión de Metternich. Houbo levantamentos nacionalistas en Hungría, Bohemia, norte de Italia e na Confederación Xermánica.
Francia: proclamación da II República. Medidas democráticas: sufraxio universal masculino, liberdade de prensa, abolición da pena de morte e recoñecemento dalgúns dereitos para os traballadores.

Consecuencias das revolucións de 1848

A maioría das revolucións foron sufocadas, pero as reformas democráticas e as aspiracións nacionalistas consolidáronse en Europa na segunda metade do século XIX. As revolucións de 1848 implicaron a aparición dos ideais democráticos e o xurdimento dos obreiros como forza política.

Nacionalismo na Europa do século XIX

Ideoloxía política que defende o dereito das nacións a exercer a súa soberanía e a formar a seu propio Estado. Baséase na identificación entre Estado e nación. Podemos distinguir entre:

Nacionalismo disgregador, desenvolvido dentro dos Imperios plurinacionacionais

A independencia de Grecia: estaba integrada no Imperio Otomano. En 1822 proclaman a súa independencia en Epidauro. Os turcos non a recoñecen e isto da lugar a unha guerra. Os gregos foron apoiados polos liberais europeos. Gañaron grazas a Francia e Inglaterra. Finalmente, o Imperio otomano recoñeceu a independencia grega en 1829.
A independencia de Bélxica: No Congreso de Viena (1815) acordouse a creación do Reino dos Países Baixos (formado por Holanda e Bélxica). Debido á expansión das ideas liberais, en 1830 houbo unha revolución en Bélxica, que proclamou a independencia de Holanda. Como resultado, en Bélxica estableceuse unha monarquía liberal.

Nacionalismo unificador, desenvolvido nas nacións fragmentadas

A unificación de Italia: A principios do século XIX, Italia estaba dividida en diversos estados e territorios: reino de Piemonte-Sardeña, Véneto, Lombardía, Toscana, Estado Pontificios, Reino das Dúas Sicilias. Reino de Piamonte: nela gobernou a Dinastía Savoia (monarquía liberal) e o Ministro Cavour. Este reino inicia o proceso de unificación e anexiona Lombardía (1859). Sur de Italia: hai un levantamento popular, dirixido por Garibaldi que derroca aos monarcas absolutos do reino das Dúas Sicilias.
1861: Vitor Manuel II de Savoia é proclamado rei de Italia.
1866: Austria entrégalle a Italia o Véneto.
1870: anexión dos Estados Pontificios. Roma convértese na capital de Italia
A unificación de Alemaña: estaba fragmentada en 36 estados. Dentro da Confederación Xermánica, Prusia e Austria rivalizaban por ser a potencia dominante. 1834: creación do Zollverein (unión aduaneira), por iniciativa de Prusia. 1848: Dieta de Frankfurt. Intento fracasado de unificar os Estados alemáns, debido á negativa do rei de Prusia de aceptar a coroa da nova Alemaña. Década de 1860: Guillerme I de Prusia e o chanceler Bismarck impulsan a unificación. Guerras entre: Prusia e Dinamarca (1864), Prusia e Austria (1866) e Prusia e Francia (1870). A vitoria de Prusia nestes conflitos permite lograr unificación alemá. 1871: proclamación do II Reich con Guillerme I como kaiser.

Descargar

PDF Word HTML