Reinos Peninsulares Medievais: Formación, Economía e Conflitos

Historia5,26 KB

O Reino de Portugal

Portugal formou parte de Castela e León ata comezos do século XII. A independencia de Portugal produciuse con Afonso Henriques.

O Reino de Pamplona

Durante o século XI este reino estivo gobernado polos descendentes de Sancho III o Maior, pero despois uniuse a Aragón. Á morte do rei Afonso I de Aragón, separouse de Aragón e volveuse organizar o Reino de Pamplona como estado independente. No século XII o rei Sancho VI o Sabio cambioulle o nome polo de Reino de Navarra.

A Formación da Coroa de Aragón

A voda entre Petronila, filla do rei aragonés, e o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV, uníronse os dous territorios. O seu fillo Afonso II de Aragón foi o primeiro rei da Coroa de Aragón.

Os Almohades e as Navas de Tolosa

O Reino de Castela e León enfrontáronse aos Almohades polas terras entre o Texo e Serra Morena. A súa derrota definitiva produciuse nas Navas de Tolosa.

O Predominio da Gandería

A maioría das terras castelás dedicábanse ao cultivo de cereais (trigo, orxo) e de produtos destinados á exportación (aceite, viño). Pero a base da gandería era a gandería ovina.

As Rutas da Lá

A maior parte exportábase ás cidades téxtiles dos Países Baixos, sobre todo, Bruxas. O comercio da lá concentrábase en Burgos e desde alí trasladábase aos portos do Mar Cantábrico. E creáronse grandes feiras como a de Medina do Campo.

O Poder da Nobreza

O avance da Reconquista implicou que os reis lles concedesen extensións de terra aos nobres, coas que crearon grandes señoríos. Deste xeito, as grandes familias nobres tiveron un papel moi destacado no goberno e lograron impoñerse ao poder do rei. Así, en Castela non se desenvolveu unha burguesía que se enriquecese coa manufactura e o comercio e cuxa influencia fose un contrapeso ao poder da nobreza.

A Mesta e o Comercio Castelán

A Mesta era unha asociación encargada de regular a transhumancia das ovellas por uns camiños chamados canellas. A invasión das terras de cultivo polos rabaños provocou numerosos conflitos entre os intereses dos campesiños e dos gandeiros. A lá era o principal produto de exportación do comercio castelán. Castela tamén lle vendía a Europa ferro e aceite e importaba produtos manufacturados e panos de calidade.

A Coroa de Castela

Fernando I, primeiro rei de Castela, uniuse co Reino de León.

A finais do século XI o estado máis grande era o Reino de Castela e León. Ese reino uniuse e separouse varias veces no século XII.

A unión definitiva realizouse co rei Fernando III, que herdou do seu pai e da súa nai.

Unha Economía Diversificada

A economía da Coroa de Aragón baseábase na agricultura e na gandería. En moitas cidades desenvolvéronse actividades artesanais e manufactureiras (téxtil, metalurxia, naval) estimuladas polo comercio marítimo.

As Rutas Comerciais polo Mediterráneo

As rutas máis frecuentadas dirixíanse cara a Sardeña e Sicilia, para alcanzar a continuación o Mar Exeo, o Imperio Bizantino e o norte de África. Os barcos saían cargados con tecidos, aceite e instrumentos ou armas de fogo. De volta traían especias, tecidos de seda, azucre e trigo. Para defender os intereses dos comerciantes creáronse os Consulados de Mar.

As Conquistas Militares

Esta expansión iniciouse a finais do século XIII, cando Pedro o Grande ocupou Sicilia, e a comezos do século XIV, cando Xaime II ocupou Sardeña.

O Impulso da Burguesía

A nobreza e o clero eran os grandes propietarios de terras e vivían das rendas que lles proporcionaban o traballo dos campesiños. Con todo, na Coroa de Aragón a prosperidade comercial favoreceu o desenvolvemento dunha vigorosa burguesía.

A Crise Económica e Social na Baixa Idade Media

A partir do século XIV a chegada da Peste Negra inaugurou unha etapa de crise económica. O descenso da poboación tivo importantes efectos na agricultura. Como consecuencia disto os nobres regrandeceron os seus dominios. Endureceron as condicións dos campesiños e impuxeron novos impostos. Producíronse revoltas de campesiños. A finais do século XIV producíronse unha serie de asaltos violentos a barrios xudeus: foron os chamados pogroms.

Os Conflitos Sociais na Coroa de Aragón

Representantes de Aragón, Cataluña e Valencia escolleron como sucesor o pretendente castelán Fernando de Antequera da dinastía Trastámara. A Fernando I sucedérono os seus fillos Afonso V, que conquistou Nápoles, e Xoán II. Cataluña viuse sacudida pola crise económica e polas loitas sociais e políticas. Os campesiños (chamados "remensas") subleváronse contra os nobres que endureceran as condicións da servidume. En Barcelona, os pequenos artesáns e comerciantes, arruinados pola crise económica, enfrontáronse á oligarquía municipal. Os primeiros organizábanse nun partido chamado Busca e os segundos agrupábanse na Biga. Finalmente, estalou unha guerra civil. O bando real conseguiu impoñerse, aínda que sen dar solucións aos problemas que provocaran o conflito.

Descargar

PDF Word HTML