Historia: Conceptos Clave e Períodos Históricos

Historia5,72 KB

Actividades da Unidade 9: Historia

1. Define os seguintes termos históricos

  • Prehistoria: Etapa da humanidade onde non existe a escritura.
  • Fósil: Resto de materia orgánica que se conservou enterrado e petrificado en capas máis ou menos profundas da codia terrestre.
  • Hominización: Proceso que leva os primates a converterse en humanos.
  • Burguesía:
  • Gremio:
  • Foro:

2. Comparación: Sociedade Paleolítica vs. Neolítica

No Paleolítico, ocupaban zonas concretas do interior e zonas costeiras, onde se especializaron en actividades de marisqueo. No Neolítico, xurdiron innovacións como o cultivo de trigo e a domesticación de ovellas, cabras e porcos.

3. Primeiros metais e as súas melloras

O cobre con estaño (bronce). A súa utilización supuxo melloras significativas: melloraron as técnicas agrícolas ao haber ferramentas máis resistentes (arados, fouciños metálicos, coitelos, etc.), así como as armas de caza e de guerra.

4. Que é a Cultura Castrexa?

A Cultura Castrexa caracterizábase por ser unha sociedade de agricultores que utilizaban o ferro e non coñecían a escritura. Os seus poboados, coñecidos como castros, eran recintos amurallados que arrodeaban un outeiro.

5. Criterios para definir unha civilización histórica

O criterio principal é a existencia da escritura.

6. Primeiras civilizacións urbanas: localización e elemento común

  • As primeiras civilizacións urbanas son Mesopotamia e Exipto.
  • Mesopotamia localízase entre os ríos Éufrates e Tigris.
  • Exipto localízase no Val do Nilo.
  • Son coñecidas como civilizacións fluviais porque nacen á beira de grandes ríos.

7. Grecia e Roma: Berce da Civilización Occidental

Que son as "Polis"?

As Polis eran Cidades-Estado, constituídas por unha cidade e un territorio circundante con pequenas aldeas.

Economía Grega e Romana

A economía grega tiña unha grande importancia no comercio marítimo.

A economía romana era:

  • Urbana: O centro económico era a cidade.
  • Escravista: Todas as tarefas produtivas eran realizadas por escravos.
  • Predadora: Orientaban as provincias do Imperio a producir aquilo que máis beneficio lles reportaba.

Sociedade Ateniense e Romana

Os grupos que formaban a sociedade ateniense eran:

  • Cidadáns
  • Metecos
  • Escravos

8. Inicio da Idade Media e unidades culturais

  • A Idade Media comezou no ano 476 d.C.
  • As tres unidades culturais que atopamos no Mediterráneo cando desaparece o Imperio Romano son:
    • Imperio Bizantino
    • Europa Occidental
    • Mundo Islámico

9. Pobos xermanos na Península Ibérica e Gallaecia

  • Os dous pobos xermanos que se instalaron na Península Ibérica foron os Suevos e os Visigodos.
  • En Gallaecia instaláronse os Visigodos.

10. O Islam: Fundador, século, libro sagrado e Al-Andalus

  • O Islam foi fundado por Mahoma.
  • No século VII.
  • O seu libro sagrado é o Corán.
  • O territorio que o Islam conquistou na Península Ibérica chamouse Al-Andalus.

11. O Feudalismo: Definición e Orixe

  • O Feudalismo é o sistema social, económico, político e ideolóxico que se deu practicamente en toda Europa entre os séculos IX e XV.
  • A súa orixe reside en que, coa caída do Imperio Romano, os reis non foron capaces de impor o seu poder. Para poder gobernar, estableceron cos nobres un sistema de relacións persoais baseado na concesión de bens a cambio de certas prestacións.

12. Ordes e estamentos na sociedade feudal

Privilexiados:

Formábano os nobres e o alto clero.

  • Nobres: Dedicábanse á guerra.
  • Clero: Ocupaba os principais cargos da Igrexa.

Non privilexiados:

Formábano o resto da poboación (labregos libres, artesáns e servos). Vivían en aldeas e a súa dieta era escasa.

13. Primeiros reinos cristiáns na Península Ibérica

Os primeiros reinos cristiáns na Península Ibérica foron o Reino de Galicia, Asturias, Castela e León, Navarra, Aragón e Portugal.

14. Interese e influencia da Igrexa na Idade Media

O interese principal da Igrexa na Idade Media era impor o catolicismo como a única relixión dos reinos cristiáns.

15. Rexurdimento das cidades no século XI

O rexurdimento das cidades no século XI debeuse a varios factores:

  • Un gran aumento da produción agrícola e gandeira, que permitiu xerar excedentes para alimentar unha poboación que non producía alimentos.
  • Un incremento da poboación no campo debido a unha mellora na alimentación, o que xerou unha migración cara ás cidades.
  • A maior seguridade polo cesamento das invasións.

16. As Revoltas Irmandiñas

As Revoltas Irmandiñas foron movementos antiseñoriais que mobilizaron a campesiños e pequena burguesía contra os abusos e malfeitorías dos señores laicos.

Descargar

PDF Word HTML