Reinado de Isabel II, Sexenio Democrático e Restauración

Historia3,37 KB

Últimos anos do reinado de Isabel II

  • Durante a última etapa do reinado de Isabel II houbo un período de alternancia entre os moderados de Narváez e a Unión Liberal de O'Donnell. Reinstaurouse a Constitución moderada de 1845.
  • A morte dos líderes, Narváez e O'Donnell, o autoritarismo co que gobernaban, a crise financeira e de subsistencia que se desencadeou en 1866 e a perda de popularidade da raíña facilitaron o entendemento entre progresistas e demócratas no Pacto de Ostende para derrocar a Isabel II. Un novo pronunciamento militar provocou o cambio político e supuxo o exilio de Isabel II a Francia.

O Sexenio Democrático (1868-1874)

  • Produciuse a sublevación para superar a crise económica e democratizar a vida política. Esta sublevación foi protagonizada por importantes militares (Francisco Serrano e Juan Prim) e tivo o apoio de sectores políticos ata daquela marxinados do poder (progresistas e republicanos).
  • O primeiro paso foi a celebración de eleccións a Cortes por sufraxio universal masculino (SUM), e estas cortes aprobaron a Constitución de 1869, máis democrática que as anteriores. A Coroa deixou de ter poderes políticos e recoñecéronse un gran número de liberdades públicas (liberdade de culto).
  • As Cortes elixiron un rei con talante democrático, Amadeo de Savoia, que reinou dende 1871 ata 1873. Respectou a Constitución pero tivo escasos apoios, aumentou a axitación republicana e houbo un novo levantamento carlista, o que o levou a abdicar o 11 de febreiro de 1873. Despois, as Cortes proclamaron a República.

A Primeira República (1873-1874)

  • Intentou consolidar o sistema democrático iniciado en 1868, pero tivo que afrontar graves problemas como a división interna entre republicanos (federalistas e unitarios), a 2ª Guerra Carlista, a guerra de Cuba ou o cantonalismo. Todo isto provocou inestabilidade, tivo 4 presidentes e finalmente fracasou.
  • En xaneiro de 1874, Pavía deu un golpe de Estado e disolveu as Cortes.
  • En decembro de 1874, Martínez Campos deu un golpe de Estado, disolveu a República e restaurou a monarquía borbónica na figura de Afonso XII (fillo de Isabel II).

A Restauración: o sistema político

  • Sistema político liberal non democrático, oligárquico, deseñado por Cánovas del Castillo, que restrinxía a posibilidade de acceso ao goberno a dous únicos partidos (Partido Conservador, con Antonio Cánovas del Castillo, e Partido Liberal, con Sagasta). Características:
    • Imposición do bipartidismo: defendían a monarquía, a constitución e o estado liberal centralista, pactaron o turnismo ou quenda pacífica e baseábase na fraude electoral: caciquismo.
  • Estabilidade gobernamental.
    • Características do goberno Conservador de Cánovas:
      • Non inxerencia do monarca en política, pacificación militar (derrota do Carlismo) e constitución conservadora de 1876.
    • Características do goberno Liberal de Sagasta:
      • Abolición da escravitude en Cuba, Lei de Asociacións e sufraxio universal masculino (SUM).

A Rexencia de María Cristina

  1. Afonso XII morreu e asumiu a rexencia María Cristina de Habsburgo (1885-1902).
  • Continuación do bipartidismo.

Descargar

PDF Word HTML