A Restauración Borbónica en España: Afonso XII e María Cristina
Entre 1875 e 1923, o réxime político existente en España coñécese como a Restauración Borbónica.
O Reinado de Afonso XII (1875-1885)
- A pacificación do reino: derrota dos carlistas e dos rebeldes de Cuba.
- A abolición dos privilexios forais vascos en 1876.
- O asentamento de novas bases políticas baixo a dirección de Antonio Cánovas del Castillo, nomeado presidente do Goberno, e a aprobación da Constitución Conservadora de 1876, que establecía unha monarquía constitucional conservadora con amplos poderes do rei e a relixión católica como a oficial do Estado.
- Para poder gobernar, era necesario contar co apoio do rei e das Cortes, o que implicaba a necesidade de manipular as eleccións. O rei nomeaba o seu goberno e este convocaba eleccións ás Cortes, que debía gañar para ter maioría na Cámara. Para iso, recorríase á fraude electoral e aos caciques locais.
- A imposición da Lei Municipal de 1877, que implantaba o centralismo administrativo e a designación dos alcaldes polo Goberno.
A Rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902)
- A consolidación da alternancia ou quenda pacífica e de mutuo acordo entre o Partido Conservador e o Partido Liberal Progresista.
- As reformas liberais de Sagasta coa ampliación de dereitos e liberdades: a Lei de Asociación, a Lei do Xurado, o Código Civil e a Lei do Sufraxio Universal Masculino para maiores de 25 anos.
- O incremento da industrialización, na que destacan:
- Cataluña pola súa industria téxtil e agroalimentaria.
- Asturias pola siderurxia e as minas de carbón.
- O País Vasco polas minas de ferro, a siderurxia, a fabricación de explosivos e maquinaria, e a construción naval.
- O desenvolvemento das organizacións obreiras, tanto das socialistas como das anarquistas.
- O Desastre de 1898 coa perda de Cuba e Filipinas, consecuencia da derrota na guerra contra os EUA. O resto das posesións españolas no Pacífico serían vendidas por España a Alemaña en 1899. Este desastre orixinou unha crítica ao sistema coñecida como Rexeneracionismo.
- O inicio dos movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos, que reivindican o recoñecemento das súas peculiaridades lingüísticas e políticas.