As Grandes Transformacións do Século XVIII e XIX: Liberalismo e Revolucións
O Liberalismo: Ideoloxía e Principios Básicos
O liberalismo é unha ideoloxía e unha práctica política e económica que defende a liberdade como principio básico de todas as actividades humanas, xurdida a finais do século XVIII.
Principios Xurídicos, Políticos e Económicos
O liberalismo defende os seguintes principios básicos:
- O individuo como base onde se establecen as relacións políticas, económicas e sociais.
- A existencia de dereitos e liberdades individuais.
- A liberdade de mercado, empresa e traballo, sen a intervención do Estado.
- A propiedade individual garantida e protexida pola lei.
- A participación política dos cidadáns, podendo elixir o seu representante co dereito a voto.
- A separación dos poderes, dividíndose en tres e desempeñando