A Primeira República Española (1873-1874): Crise e Fin
A Primeira República Española (1873-1874)
Proclamación e primeiros gobernos
Tras a renuncia ao trono de Amadeo I en febreiro de 1873, polas distintas dificultades presentes no seu reinado, o Congreso e o Senado reuníronse conxuntamente, formando a Asemblea Nacional, e decidiron proclamar o 2 de febreiro de 1873 a República.
A mesma Asemblea Nacional asume todos os poderes e nomea presidente do poder executivo a Estanislao Figueras, quen exercía de Xefe de Estado e do Goberno.
As divisións internas dos republicanos
Existían fortes diferenzas entre os republicanos sobre a organización política da República. As principais correntes eran:
- Unitarios: Defendían a creación dunha república unitaria (centralizada).
- Cantonalistas: Defendían a configuración dunha federación construída a partir da unión voluntaria dos cantóns (unidades políticas inferiores que proclamarían a súa soberanía).
- Federais Gradualistas: Defendían a idea de que unhas Cortes Constituíntes da nación española decidisen o reparto de poderes entre o Estado federal e os Estados que formasen a federación.
O Goberno Federal e a axitación social
Ante as tensións xeradas por estas diferenzas, convocáronse novas eleccións para formar unha Asemblea Nacional Constituínte. Estas eleccións foron guiadas polos federais, polo que se proclamou a república federal con Pi i Maragall como presidente. Consecuentemente, elaborouse un proxecto de Constitución federal.
Por outra banda, incrementouse a axitación social e política, e o movemento cantonalista xurdiu con forza. A unión e manifestación de ambos provocaron o fracaso de implantar a federación desde arriba e a dimisión de Pi i Maragall.
A ditadura e o fin da República
Sucedéronlle os gobernos de Nicolás Salmerón e Emilio Castelar, apoiados en militares para rematar co cantonalismo e a Guerra Carlista. Os federais, descontentos con esta situación, decidiron escoller un novo presidente no Congreso, pero impediuno o Xeneral Pavía, quen disolveu a Asemblea Nacional.
Ante esta situación de baleiro de poder, o Xeneral Serrano asumiu o poder executivo da República, suspendendo as garantías constitucionais ata rematar coa forte inestabilidade e convocar Cortes Constituíntes. Isto favoreceu os intentos de Cánovas de restaurar a monarquía na persoa de Alfonso de Borbón, quen se presenta como monarca constitucional e liberal no Manifesto de Sandhurst.