A presenza musulmá na Península Ibérica

Historia2,79 KB

Os musulmáns na Península Ibérica

No 711 tropas bérberes ao mando de Tariq, mauri do gobernador de África. Durante o califato dos Omíadas, gobernado por Musa, atravesaron o estreito de Xibraltar chamados pola nobreza goda partidaria dos fillos do defunto rei Witiza para combater ao rei Rodrigo. Este enfrontamento produciuse no río Guadalete e rematou coa triunfo dos musulmáns (Batalla de Guadalete) que iniciaron a expansión pola Península Ibérica. Estes foron freados polos francos en Poitiers (Francia).

Al-Andalus

Diferéncianse as seguintes etapas políticas:

Emirato dependente do califato de Damasco

(711-750) e de Bagdad (750-756)

Emirato independente de Córdoba

(756-929): iniciado por Abd al-Rahman I ao proclamarse emir (príncipe ou soberano) independente do califato de Bagdad.

Califato de Córdoba

(929-1031): iniciado por Abd al-Rahman III ao proclamarse califa (xeque relixioso) dos musulmáns da Península. Foi a época de maior dominio territorial (sobre todo coas campañas de Almanzor) e a capital Córdoba converteuse no maior centro económico e cultural de Occidente (destaca a Mesquita de Córdoba e o Palacio de Mediana al-Zahra).

Reinos de taifas e invasións almorávides y almohades

(1031-1248): Xurdidas da invasión do califato de Córdoba, as taifas foron pequenos reinos independentes e incapaces de facer fronte aos ataques dos cristiáns e dos imperios norteafricanos sendo dominados primeiro polos almorávides (1086-1145, impondo unha escrita moral relixiosa) e despois polos almohades (1146-1212 que só dominaron o sur da Península). Houbo varios reinos taifas.

Reino nazarí de Granada

(1248-1492) derradeira taifa que se mantivo ata 1492 sendo conquistada polos reis católicos, pondo fin a Al-Andalus.

Sociedade e economía

Al-Andalus era unha monarquía absoluta e centralizada, cun poderoso exército. Había grandes diferenzas sociais entre eles: os árabes instaláronse nos vales ricos do sur e do leste, mentres que aos bérberes tocoulles as terras máis pobres da meseta e do norte. Tamén había diferenzas entre os muladís, cristiáns que se converteron ao islam, e os mozárabes que mantiveron a súa relixión cristiá.

A economía de Al-Andalus baseábase no comercio (de liño e seda); na gandería (cría de ovellas, cabras e cabalos); e na agricultura, incorporando novas técnicas agrícolas, como o regadío (sistemas de reparto de auga - canles, noras...) e novos cultivos, como as laranxas, o arroz e a caña de azucre. Destacaron tamén na artesanía, con pequenos talleres e tendas nos zocos da cidade. Desenvolvéronse as cidades, que constaban de dúas partes: a medina (amurallada, e onde se encontraban a mesquita, o zoco...) e os arrabaldes, fóra dos muros.

Descargar

PDF Word HTML