Termos Históricos da Galicia e España
CONVERSO: Persoa que acepta unha crenza relixiosa ou ideoloxía diferente á que profesaba. Na España dos séculos XVI e XVII aplicábase especialmente aos musulmáns e xudeus que se convertían ao cristianismo, xa sexa por convicción ou para evitar persecucións...
MOURISCO: Musulmán obrigado a converterse ao cristianismo por orde dos monarcas en diferentes momentos: Castela, Aragón e Valencia. Isto provocou a fin oficial da poboación musulmá en España, pero moitos deles continuaron mantendo a súa lingua, vestimentas e costumes, especialmente os que vivían no territorio do reconquistado reino de Granada.
TERZOS: Unidade militar de infantería, de ataque e defensa, formada por soldados profesionais, voluntarios ou de recrutamento, creada e sostida polos Habsburgo españois durante os séculos XVI e XVII. Loitaban combinando as armas brancas e as de fogo.
GRANDE ARMADA: Gran flota formada por Filipe II (1588) para desembarcar en Inglaterra e destronar á raíña protestante Sabela I. Os ataques ingleses e os temporais obrigaron ás naves a dar a volta rodeando as illas Británicas. Moitos dos barcos naufragaron. Tras a derrota, os ingleses descualificárona como a armada invencible.
VALIDO: Secretario real ao que o soberano outorgaba a súa confianza e a dirección do goberno do reino. En España, a privanza xeneralizouse no século XVII, cando os monarcas abandonaron o exercicio directo do goberno.
UNIÓN DE ARMAS: Proxecto político (1625) polo valido de Filipe IV, o conde-duque de Olivares, que propoñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos da Monarquía Hispánica, que ata entón recaía unicamente sobre Castela.
XUNTAS DO REINO DE GALICIA: Institución creada no século XVI que actuaba como portavoz das 7 provincias de Galicia e como representante do Reino de Galicia. Formadas polos delegados dos concellos das cidades capitais das provincias, actuaban como un organismo intermediario entre o Reino de Galicia e a Coroa de Hispánica. Non tiñan funcións de goberno, podían conceder diñeiro ao monarca, ordenar levas militares, distribuir cargas fiscais ou enviar informes e peticións ao rei. Xuntas convocadas polo monarca e presididas polo Capitán Xeral de Galicia.
RÉXIME: Período que se iniciou en Europa no século XVI e que acadou a súa plenitude no século XVIII. Caracterizouse por unha economía de base agraria, a permanencia das estruturas feudais, a sociedade estamental e a monarquía absoluta.
PAZ DE UTRECHT: Tratado asinado en 1713 entre as potencias europeas que puxo fin á Guerra de Sucesión española. Co obxectivo de manter o equilibrio europeo, nos tratados recoñecíase a Felipe V de Borbón como rei de España a cambio de concesións a Gran Bretaña (Xibraltar) e cesións territoriais a Austria (Flandres e Nápoles).
DECRETO DE NOVA PLANTA: Conxunto de decretos promulgados por Filipe V, entre 1707 e 1716, que impoñían nos territorios da Coroa de Aragón a organización político-administrativa de Castela, eliminando os seus privilexios forais. Permitiron a implantación dun modelo de estado centralista e uniforme en España agás nas provincias vascas e Navarra.
CATASTRO DE ENSENADA: Minucioso interrogatorio ou enquisa para coñecer as características demográficas, económicas e xeográficas das poboacións da Coroa de Castela co obxectivo de establecer un sistema fiscal máis racional e substituír a multiplicidade de rendas por unha única contribución. Proposto polo marqués de Ensenada, ministro de Fernando VI, elaborado entre 1750 e 1753.
REGALISMO BORBÓNICO: Política de control e limitación do poder da Igrexa católica, levada a cabo polos Borbóns en España, no século XVIII, no marco da potenciación do absolutismo real. Impuxeron o dereito do rei de presentar ou nomear candidatos para ocupar sedes eclesiásticas vacantes e o dereito do rei de retención das bulas e provisións da Santa Sede.
DESPOTISMO ILUSTRADO: Sistema político da segunda metade do século XVIII que defendía o incremento do poder absoluto do rei, para que impulsase as reformas necesarias para incrementar a riqueza do reino e a felicidade e benestar dos seus súbditos. O seu lema foi “todo para o pobo, pero sen o pobo” e o mellor representante en España foi Carlos III.
MOTÍN DE ESQUILACHE: Revolta popular (1766) en Madrid provocada polo decreto de Esquilache, ministro de Carlos III, que prohibía o uso de capas longas e sombreiros de aba ancha.