Cambio Dinástico en España: A Guerra de Sucesión (1701-1714)

Historia2,38 KB

O cambio dinástico e a Guerra de Sucesión

En 1700, a morte sen descendencia de Carlos II, último representante da casa de Austria en España, iniciou un período de rivalidade entre Felipe de Anjou e o arquiduque Carlos de Austria.

Felipe de Anjou, neto do rei de Francia Luís XIV, foi escollido no testamento de Carlos II, xa que o apoio de Francia permitiría conservar a integridade territorial da monarquía española. O arquiduque Carlos de Austria, apoiado por Austria e as potencias marítimas (Inglaterra e Holanda), opoñíase á hexemonía francesa en Europa e mantiña ambicións sobre o Imperio español e o comercio colonial.

A loita provocou un conflito sucesorio a nivel internacional no que participaron Francia e Castela contra Inglaterra, Austria, Prusia, Savoia, Portugal e Aragón.

O Tratado de Utrecht e as súas consecuencias

En 1711, cando Carlos de Habsburgo accedeu ao trono imperial, o Reino Unido deixou a alianza. Ao mesmo tempo, Felipe de Anjou renunciou aos seus dereitos ao trono francés, un xesto que permitiu o achegamento de posicións e o fin do conflito.

Así, en 1714 asináronse os acordos de Utrecht-Rastadt, polos que Felipe de Anjou accedía ao trono español e España cedía as seguintes posesións:

  • A Austria: Flandres, Nápoles, Milanesado e Sardeña.
  • A Savoia: Sicilia.
  • A Inglaterra: Xibraltar e Menorca.

Inglaterra obtivo tamén no tratado de paz un navío de permiso para comerciar coa América hispánica e a exclusiva do comercio de escravos nestes territorios, confirmándose así como a principal potencia marítima.

A Guerra de Sucesión en España

En España, o conflito sucesorio converteuse nunha guerra civil cun enfrontamento moi marcado entre dúas concepcións do Estado.

  • Castela foi partidaria de Felipe V polas esperanzas de cambio e reformas e pola idea de que o apoio de Francia permitiría defender o imperio.
  • A Coroa de Aragón (Aragón, Cataluña, Valencia e Mallorca) posicionouse a favor do arquiduque Carlos de Austria.

Na Península Ibérica, a vitoria de Felipe de Borbón supuxo importantes cambios na estrutura do Estado. Os primeiros Borbóns adoptaron os Decretos de Nova Planta.

Descargar

PDF Word HTML