Agonía do franquismo e inicios da transición en España

Historia2,88 KB

Agonía do franquismo e inicios da transición

A sociedade española viviu nos anos 60 unha gran recuperación e expansión económica, grazas aos acordos con Estados Unidos. O réxime mantívose ancorado nos principios ditatoriais. A falta de liberdades democráticas e as novas condicións sociais estimularon o xurdimento de movementos de oposición ao réxime.

Crise do réxime nos anos 70

Nos anos 70 o réxime estivo condicionado por tensións internas e pola crecente oposición política e social. A enfermidade de Franco, o inicio dunha grave crise económica e o conflito internacional na colonia do Sáhara marcaron esta etapa. Os aperturistas promovían un cambio progresivo cara á democracia, mentres os inmobilistas apostaban pola permanencia do réxime tal e como estaba.
En 1973 Carrero Blanco foi nomeado presidente do Goberno. Era unha persoa clave para dar continuidade ao réxime tras a morte de Franco, pero o seu asasinato por ETA afectou ao inmobilismo do réxime. En 1974 o novo Goberno, presidido por Arias Navarro, pretendía unir aperturistas e inmobilistas nun proxecto que nunca chegou a poñerse en práctica.

Auxe da oposición e da violencia

Tras a morte de Carrero Blanco aumentou a oposición política, incluso en sectores fieis ao franquismo. Obreiros e universitarios intensificaron as súas protestas mediante folgas e manifestacións. Crearónse organismos unitarios para reivindicar un sistema democrático e impedir a continuidade do franquismo: en 1974 a iniciativa do PCE deu lugar á Xunta Democrática e en 1975 o PSOE impulsou a Plataforma de Converxencia Democrática. Ao mesmo tempo produciuse un aumento da violencia polo incremento dos atentados de ETA e pola aparición do terrorismo ultraesquerdista de FRAP e GRAPO, polo que Arias Navarro intensificou a represión.

A descolonización do Sáhara

España, que consideraba o Sáhara como colonia, aceptou un referendo de autodeterminación para proceder á descolonización do territorio. Non obstante, en 1975 Marrocos esixiu a entrega do Sáhara e o rei Hassán II organizou a Marcha Verde. Ante a retirada das prerrogativas da ONU, España acabou asinando un acordo para o reparto do Sáhara entre Marrocos e Mauritania.

Morte de Franco e chegada da democracia

En 1975 Franco morreu deixando un testamento político que reiteraba as ideas básicas do réxime. Xoan Carlos de Borbón foi proclamado rei e dispuxo que Arias Navarro continuase á fronte do Goberno. Este limitouse a propoñer uns mínimos cambios, que foron rexeitados en termos xerais. En 1976 o rei nomeou a Adolfo Suárez novo presidente, de carácter reformista.
A transición entre a ditadura franquista e o sistema democrático desenvolveuse paulatinamente entre 1975 e 1982, case sen violencia, xa que existía un relativo consenso entre todos os grupos políticos.

Descargar

PDF Word HTML