Historia Contemporánea de España: Política, Economía e Cultura

Historia3,96 KB

Fronte Popular (febreiro-xuño 1936)

O novo goberno, presidido por Santiago Casares, decretou unha amnistía para os presos políticos da revolución do 34 e continuou as reformas interrompidas. Ocasionaron unha crecente radicalización política. Na esquerda, gañou peso o PSOE e na dereita fundouse Falange Española, creada por José Antonio Primo de Rivera, que quería implantar un réxime fascista.

A violencia política manifestouse na primavera tráxica de 1936, unha onda de atentados entre militantes falanxistas, comunistas e anarquistas.

Os sectores máis conservadores do exército decidiron acabar coa República mediante un golpe de estado dirixido por Mola. O asasinato en Madrid de José Calvo Sotelo, o 13 de xullo de 1936, proporcionou o pretexto para a insurrección militar.

Evolución económica

Actividades agrarias

Maioritarias. Os rendementos melloraron pola incorporación de fertilizantes químicos e maquinaria, os regadios ampliáronse e no Mediterráneo especializouse en cultivos comerciais.

Industria

Viuse favorecida pola repatriación de capitais procedentes das colonias de Cuba e Filipinas e pola demanda de téxtiles, minerais e aceiro.

Introducíronse as novidades da 2ª Revolución Industrial, como centrais hidroeléctricas e térmicas, e industrias automobilísticas, químicas e de material eléctrico. As industrias localizáronse en Cataluña, País Vasco e Madrid.

Actividades terciarias

As máis importantes foron o transporte por estrada, novos sistemas de comunicación, a banca, as finanzas e o comercio.

Idade de Prata (Século XX)

  • Literatura: Unamuno, Maeztu, Baroja, Valle-Inclán e Azorín (Xeración do 98); Modernismo, J. Ramón Jiménez e Benavente; Federico García Lorca, Alberti e Aleixandre (Xeración do 27).
  • Filosofía: Ortega y Gasset e Zambrano.
  • Historia: Albornoz e Castro.
  • Científicos: Ferrán, Ramón y Cajal.
  • Enxeñería: Quevedo e Peral.

Idade de Ouro (Séculos XVI-XVII)

  • Literatura: Cervantes, Quevedo e Góngora.
  • Teatro: Calderón de la Barca.
  • Pintura: Velázquez.

Cronoloxía e Acontecementos Históricos

Reinado de Alfonso VII e Etapas Políticas

  • 1814-1833: Reinado Alfonso VII
  • 1814-1820: Sexenio Absolutista
  • 1820-1823: Trienio Liberal
  • 1823-1833: Década Ominosa
  • 1833-1868: Época Isabelina
  • 1833-1840: María Cristina (nai)
  • 1840-1843: Xeneral Espartero
  • 1844-1854: Década Moderada
  • 1854-1856: Bienio Progresista
  • 1856-1868: Últimos anos do reinado
  • 1868-1874: Sexenio Revolucionario
  • 1868-1871: Goberno Provisional
  • 1871-1873: Monarquía Democrática
  • 1873-1874: Primeira República
  • 1875-1885: Alfonso XII de Borbón
  • 1885-1902: María Cristina Habsburgo-Lorena
  • 1902-1923: Alfonso XIII
  • 1923-1930: Primo de Rivera
  • 1931-1933: Bienio Reformista
  • 1933-1935: Bienio Conservador
  • 1935-1936: Guerra Civil

Guerras e Conflitos Internacionais

  • 1833-1840: 1ª Guerra Carlista
  • 1846-1849: 2ª Guerra Carlista
  • 1872-1876: 3ª Guerra Carlista
  • 1939-1945: 2ª Guerra Mundial
  • 1917-1921: Revolución Rusa
  • 1914-1918: 1ª Guerra Mundial

Descargar

PDF Word HTML