Reformismo Borbónico e Ilustración en Galicia e España

Historia2,84 KB

O reformismo borbónico en Galicia

A chegada dos Borbóns supón a implantación da monarquía absoluta. Aparecen ideas para modernizar a política e a economía do reino. Galicia adquire unha gran importancia estratéxica polo control das rutas marítimas atlánticas.

Ferrol, capital do departamento marítimo e arsenal

En 1726, Felipe V dividiu a costa en tres departamentos: Cádiz, Ferrol e Cartagena. En cada un deles estableceuse un arsenal, unha base naval con estaleiros e almacéns de armas.

Ferrol foi escollido pola súa ría, doada de defender. Fernando VI trasladou instalacións a Ferrol e Carlos III abriu a Academia de Guardiamarinas, para formar futuros oficiais. O arsenal transformou un pequeno pobo de pescadores na cidade máis poboada de Galicia e no primeiro centro industrial da comunidade.

Medidas marítimas e comerciais

  • 1737: Felipe V estableceu a matrícula de mar, un rexistro obrigatorio de todos os homes que podían servir na mariña.
  • 1764: A Coruña obtén o Servizo de Correos Marítimos, coa correspondencia con A Habana e Montevideo.
  • 1765: A Coruña é autorizada a comerciar con América. O regulamento de 1778 amplía a apertura comercial ás naves privadas e aos portos de Vigo e Ferrol.

Estas medidas supuxeron o crecemento da Coruña e o nacemento dunha burguesía comercial.

Real Consulado Marítimo

En 1785 créase o Real Consulado Marítimo, que fomentou a actividade comercial, as manufacturas e as escolas técnicas.

A Ilustración en España

A Ilustración foi un movemento intelectual que defendía o uso da razón para coñecer o mundo, en vez de aceptar sen cuestionar o que dicían a tradición e a autoridade. Os ilustrados criticaban unha sociedade baseada na desigualdade e nos privilexios.

O padre Feijoo defendeu un cristianismo racional e criticou as supersticións.

Situación en España

O movemento foi máis débil que noutros países e afectou sobre todo ás elites intelectuais. A Igrexa controlaba as universidades, polo que as ideas ilustradas se difundían a través de tertulias, salóns literarios, publicacións, academias e Sociedades Económicas de Amigos del País.

O despotismo ilustrado de Carlos III

Os reis absolutistas aplicaron ideas da Ilustración sen renunciar ao seu poder: todo para o pobo, pero sen o pobo.

Resistencias e oposicións

O Motín de Esquilache (1766) foi unha revolta popular en Madrid, motivada polas medidas sobre a vestimenta, a carestía causada polas malas colleitas e o rexeitamento das reformas. En 1767, Carlos III expulsou os xesuítas e confiscou os seus bens para aumentar o control sobre a Igrexa.

Descargar

PDF Word HTML