Nacionalismos nos Balcáns e a Primeira Guerra Mundial: Conflitos e Tratados
Aspiracións nacionalistas nos Balcáns
Os Balcáns constituían unha zona de conflito en Europa como resultado da desintegración do Imperio Otomán. Serbia e Bulxaria pretendían unificar e liderar os pobos eslavos do sur. O Imperio Austrohúngaro e o Imperio Ruso aspiraban a ampliar a súa influencia nos Balcáns. Para frear o expansionismo austríaco, Rusia converteuse en protectora de Serbia.
As tres crises sucesivas nos Balcáns
- Anexión de Bosnia-Hercegovina polo Imperio Austrohúngaro. Este feito provocou a indignación de Rusia e foi a orixe das dúas guerras balcánicas seguintes.
- Primeira guerra balcánica. O Imperio Ruso apoiou a creación dunha liga balcánica (Serbia, Bulxaria, Grecia e Montenegro) para enfrontarse ao Imperio Otomán. Este tivo que abandonar os territorios que posuía.
- Segunda guerra balcánica. Enfrontáronse os serbios cos búlgaros. A paz de Bucarest obrigou a Bulxaria a ceder territorios a diversos países e outorgou a Serbia novos territorios.
A guerra nas trincheiras
Cando comezou, ampliouse o número de países en conflito. A entrada do Imperio Otomán e de Bulxaria, ao lado dos países centrais, levou a guerra aos Balcáns. A intervención de Italia ao lado dos aliados abriu unha fronte contra Austria-Hungría.
Os alemáns intentaron romper a fronte francesa e iniciaron a batalla de Verdún, que durou máis de catro meses e na que os franceses resistiron nas súas trincheiras. Os aliados intentárono na zona do Somme, pero non tiveron éxito. Tamén houbo a batalla de Xutlandia, na que unha parte das frotas alemá e británica foi destruída.
A Conferencia de París
Os países vencedores reuníronse para preparar uns tratados de paz que remodelasen Europa. Propúxose un programa de 14 puntos para negociar a paz, baseado nos dereitos das nacionalidades a constituírse en estados, na destrución dos imperios, na consolidación da democracia e na liberdade de comercio. Os mandatarios europeos querían compensacións polas súas perdas.
Estableceronse cinco tratados, un para cada derrotado, que obrigaban a ceder territorios, a pagar reparacións e a reducir o seu exército. O máis importante foi o Tratado de Versalles, que obrigaba a Alemaña a recoñecer a súa responsabilidade e lle impoñía condicións moi severas.