A Revolución Francesa (1789-1799): Causas e Etapas

Historia5,13 KB

A Revolución Francesa (1789-1799)

As causas da revolución

Foron moi variadas:

  • Políticas e ideolóxicas: A Ilustración dera as bases teóricas para acabar co absolutismo, e a Revolución americana.
  • Sociais: Existía un descontento social xeneralizado:
    • Os nobres e o clero perderan poder como consecuencia do absolutismo real, e moitos tiñan dificultades económicas.
    • A burguesía carecía de influencia política, coas actividades económicas obstaculizadas polo mercantilismo.
    • O pobo tamén estaba descontento. O campesiñado atopábase na súa maioría atafegado polo pagamento de impostos, e os grupos populares vivían en condicións misérrimas.
  • Económicas: O estalido da revolución debeuse a unha dobre crise económica:
    • Unha crise de subsistencia debida ás malas colleitas dos anos anteriores.
    • Unha crise financeira motivada polo endebedamento do Estado ante os elevados gastos militares e cortesáns.

Ante a negativa destes, o rei Luís XVI decidiu convocar en 1789 os Estados Xerais, a institución con competencias para aprobar os novos impostos, integrada por representantes dos 3 estamentos. Levaban sen reunirse desde 1614, e a súa convocatoria marcou o inicio da Revolución Francesa.

As etapas da revolución

1ª Etapa: Os Estados Xerais (1789)

Tras a convocatoria dos Estados Xerais de Versalles, as primeiras discusións centráronse na forma de votación. O terceiro estamento esixiu deliberacións conxuntas e o voto por cabeza, e non por estamentos. Os seus deputados trasladáronse á sala próxima do Xogo de Pelota, como representantes de toda a nación, constituíndose en Asemblea Nacional, e xuraron non disolverse ata ter aprobado unha constitución.

A Asemblea Constituínte (1789-1791)

É unha asemblea cuxo fin era aprobar unha constitución. Poucos días despois, o pobo de París amotinouse e asaltou a fortaleza-prisión da Bastilla para facerse coas súas armas. A Asemblea Constituínte aboliu o feudalismo e nacionalizou os bens da Igrexa; redactou unha declaración de dereitos do home e do cidadán que recoñecía os dereitos de liberdade; e elaborou a Constitución de 1791 que establecía a soberanía nacional. Así, o absolutismo daba paso a un sistema político liberal.

A Asemblea Lexislativa (1791-1792)

A Asemblea Constituínte disolveuse, sendo substituída por unha asemblea lexislativa. Tivo que enfrontarse á oposición dos nobres; a oposición do rei (foi detido cando intentaba fuxir en 1791); e a guerra contra Austria e Prusia, que apoiaban aos contrarrevolucionarios ante o temor de que a revolución se estendese polos seus territorios. Para resolver estes problemas, a Asemblea Lexislativa elixiu en setembro de 1792 unha nova asemblea: A Convención.

2ª Etapa: A Convención (1792-1795)

Aboliu a monarquía, proclamou a república en 1792 e decidiu guillotinar a Luís XVI. Este feito orixinou unha guerra das potencias absolutistas europeas contra a Francia revolucionaria. O seu líder, Robespierre, promulgou unha constitución máis democrática en 1793, na que establecía o sufraxio universal masculino, e usou o terror e a guillotina contra calquera opositor ao sistema. A Convención depuxo e guillotinou a Robespierre e aos seus partidarios (1794). O poder pasou así aos deputados de centro, que elaboraron a Constitución de 1795, máis moderada e que establecía un sufraxio restrinxido.

O Directorio e o Consulado (liberalismo moderado) (1795-1799)

O poder executivo pasou a ser desempeñado por un Directorio de 5 membros. Este levou a cabo numerosas campañas militares en Italia, Prusia, Austria e Exipto. Destacou o novo xeral Napoleón Bonaparte, que deu un golpe de Estado en 1799 e substituíu o Directorio por un consulado integrado por 3 cónsules. Napoleón conseguiu ser nomeado primeiro cónsul.

O período napoleónico (1799-1815)

O Consulado (substitúe ao Directorio)

Durante a súa etapa como cónsul (1799-1804), Napoleón intentou consolidar as conquistas da revolución, evitando a volta ao absolutismo e ao radicalismo. As súas actuacións foron:

  • A pacificación interior: Logrouse eliminando a oposición radical e asinando un Concordato ou acordo co Papa (1801). O Estado francés recoñecía a relixión católica, pero a Santa Sede non reclamaría as terras confiscadas ao clero durante a revolución.
  • As reformas interiores: Foron variadas:
    • Políticas: Recollía os logros revolucionarios.
    • Económicas: Implantación da liberdade económica e a creación de novas industrias.
    • Sociais: A creación da asistencia social pública.
    • Educativas: O fomento da instrucción pública.
    • Artísticas: A construción de numerosos monumentos en París.

Grazas a estes logros, Napoleón foi nomeado primeiro cónsul vitalicio en 1802, e máis tarde emperador dos franceses en 1804. O seu obxectivo era que Europa estivese baixo o poder de Francia, é dicir, crear un gran imperio.

Descargar

PDF Word HTML