Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Filosofía e ética

Descartes: Método, Dúbida e Primeira Verdade

Filosofía e ética3,37 KB

O Método Cartesiano e a Dúbida Metódica

Descartes nace a finais do século XVI e morre a mediados do XVII. É o fundador da nova etapa filosófica logo da crise da mesma. Dedicou toda a súa vida á ciencia e destacou en todas as áreas. Ten grandes coñecementos, viaxa por toda Europa e morre en Holanda. Escribiu Discurso do método e as Meditacións metafísicas. O problema fundamental da filosofía tradicional é a falta de método. Busca un método único e válido para todas as ciencias. El di: "Se temos unha única razón, tamén debemos ter un único método para todos os coñecementos". O método é o camiño para encontrar a verdade. El vai tentar aplicar o modelo matemático para todos os saberes. O primeiro que fai é establecer...

Seguir lendo "Descartes: Método, Dúbida e Primeira Verdade" »

Introdución á Filosofía: Conceptos Clave e Orixes

Filosofía e ética6,05 KB

O Mito: Función e Características

  • O mito cumpre unha función explicativa e exemplificadora.
  • Nas narracións míticas interveñen a imaxinación e as crenzas.
  • O mito tenta propiciar a acción sobrehumana dos deuses e estimular as dotes creativas e espirituais da imaxinación do ser humano.
  • É un conxunto de narracións de transmisión oral e algunhas de tradición escrita, rexistradas na Teogonía de Hesíodo e na Ilíada e a Odisea de Homero.

O Logos: Razón e Coñecemento

  • O Logos é o coñecemento que se adquire a través da razón e non a partir de crenzas ou mitos.
  • Con el aparecen os primeiros pensadores.

Diferenzas entre Mito e Logos

O cadro seguinte resume as principais distincións:

  • Explicación do fenómeno:
    • Mito: Deuses e destino, imaxinación
...
Seguir lendo "Introdución á Filosofía: Conceptos Clave e Orixes" »

Orixe do Animal Humano: Creacionismo, Fixismo e Evolución

Filosofía e ética3,46 KB

As Primeiras Explicacións da Orixe do Animal Humano

Os primeiros modelos explicativos da orixe das especies foron:

  • O creacionismo: sostén a intervención divina como forma de xustificar a existencia do mundo e das distintas especies animais. Deus crea o mundo e os seres vivos e sitúa aos seres humanos nun plano distinto e superior ao do resto dos seres vivos.
  • O fixismo: sostén que as especies xorden a partir dun acto de creación nun momento determinado e cunha forma idéntica a como se coñecen na actualidade. Non cabe a posibilidade da aparición ou desaparición de especies nin de ningunha modificación das súas características.

O fixismo aparece unido ao creacionismo, e Aristóteles foi fixista e influíu en Linneo, que levou a cabo unha...

Seguir lendo "Orixe do Animal Humano: Creacionismo, Fixismo e Evolución" »

Mente-Cerebro: Monismo, Dualismo, Emerxentismo e Cristianismo

Filosofía e ética3,52 KB

O Problema Mente-Cerebro

Co desenvolvemento da neuroloxía, a filosofía denominou este problema como o problema mente-cerebro. As posicións máis importantes son:

1. Monismo

A única realidade que constitúe ao home é material. Os estados mentais teñen orixe no cerebro. Dentro do monismo, destacan:

  • a) Teoría da identidade mente-cerebro: Os estados mentais son iguais aos procesos cerebrais. A conduta do home é exclusivamente aquela que resulta un efecto do sistema nervioso e do cerebro: a mente disólvese no cerebro e a psicoloxía en neurofisioloxía.
  • b) Materialismo eliminativo (Churchland): Defende que existe unha xerarquía de enfoques sobre o problema da mente. A autonomía dos procesos mentais outórgase polo sentido común e outras
...
Seguir lendo "Mente-Cerebro: Monismo, Dualismo, Emerxentismo e Cristianismo" »

Filosofía Contemporánea: Marx, Nietzsche, Sartre e o Antihumanismo

Filosofía e ética10,52 KB

Marx

Marx. Co comezo da Idade Contemporánea, que xorde co remate da Revolución Francesa, aparece a Revolución Industrial. Debido ao cambio no traballo, a sociedade pasa a estar constituída pola burguesía e polo proletariado. Marx pretendeu explicar este fracaso do proxecto político ilustrado. Marx apuntaba nunha dirección: a sociedade non pode considerarse como un todo, senón que se atopa dividida en clases sociais. De maneira que o proxecto dos Ilustrados só favorecera á burguesía. Segundo Marx, se hai algo que distingue ao home do resto de animais é que é capaz de producir os seus medios de vida; de transformar o ámbito a través da técnica para obter todo aquilo que necesita. A esencia do ser humano é, entón, o traballo....

Seguir lendo "Filosofía Contemporánea: Marx, Nietzsche, Sartre e o Antihumanismo" »

Normas Sociais, Valores Culturais e Determinantes da Orde Social

Filosofía e ética2,78 KB

Normas Sociais e Valores Culturais

As normas sociais e os valores culturais regulan múltiples situacións sociais. A súa función principal é manter a estrutura social. Deben regular:

  • A forma legal e lexítima de acceder aos recursos.
  • O valor dos recursos.
  • O uso dos recursos.

Regulan de dúas formas diferentes:

  • Estipulan un marco dentro do cal deben actuar os individuos.
  • Contan cun grao de ambigüidade que permite diferentes interpretacións e usos segundo a situación.

Posúen un dobre carácter:

  • Conforman un marco colectivo e externo ao individuo.
  • Posúen un carácter subxectivo e interno. Os individuos incorporan as regras a través de diversos procesos de aprendizaxe.

A súa forza reside nas institucións sociais que cumpren dúas claves:

  • Son as
...
Seguir lendo "Normas Sociais, Valores Culturais e Determinantes da Orde Social" »

Análise da Conversa Espontánea: Guía Completa en Galego

Filosofía e ética3,81 KB

Análise da Conversa

A análise da conversa asume os coñecementos da pragmática. A pragmática permite o estudo das estruturas da comunicación.

A Conversa Espontánea ou Coloquial

A conversa espontánea ou coloquial é o sintagma da fala real. Na conversa espontánea empréganse os rexistros informais da lingua. Debemos saber diferenciar entre conversa e discurso:

  • Conversa: é un discurso falado.
  • Discurso: pode ser tanto oral como escrito.

A conversa espontánea, como protoxénero discursivo, é a maneira de usar a lingua da que arrincan todos os demais usos da lingua (orais/escritos). Pola contra, o xénero discursivo é unha plantilla comunicativa xerada ao longo da historia dunha cultura, como por exemplo, saudar, rir, rezar... e pode ser tanto...

Seguir lendo "Análise da Conversa Espontánea: Guía Completa en Galego" »

A estética e a arte: definicións e conceptos fundamentais

Filosofía e ética3,53 KB

Experiencia estética:

É o aprendizaxe que ten a súa raíz na capacidade simbólica do home, que está orientada á arte e adquire rasgos característicos que a diferencian de outros procesos de simbolización como a relixión e a ciencia.

Obras de arte:

É aquela manifestación artística que segue sendo valiosa a pesar de superar os límites das culturas nas que se orixinou, aínda que sexa en diferente contexto.

Cultura:

Conxunto de modos de vida, costumes e grao de desenvolvemento artístico, científico, etc. Numa época ou grupo social.

Representación:

Figura, imaxe ou idea que substitúe á realidade.

Arte:

É moi difícil definir arte, así que só expoñerei unha das súas posibles definicións.
É unha forma de expresión de sentimentos...

Seguir lendo "A estética e a arte: definicións e conceptos fundamentais" »

Orixe do Coñecemento e Evolución Humana

Filosofía e ética2,76 KB

O Asombro e a Orixe do Coñecemento

Toda forma de coñecemento xorde da curiosidade e do asombro que provoca en nós o descoñecido. O verdadeiro asombro atópase relacionado coas necesidades diarias da vida. Para advertilo, será necesario empregar os sentidos dun novo xeito.

A Capacidade de Facer Preguntas

Xunto a esa capacidade de asombro, necesaria para iniciar o coñecemento, atópase a capacidade de facer preguntas. Moitas das antigas cuestións que o ser humano formulou ao longo da historia seguen estando abertas, mentres que outras se responderon debido ao avance do coñecemento científico.

Razón vs. Mito: A Argumentación

Non obstante, a diferenza máis radical entre a razón e o mito atópase na capacidade de crear argumentos. A razón...

Seguir lendo "Orixe do Coñecemento e Evolución Humana" »

Orixe e evolución da filosofía: unha guía completa

Filosofía e ética8,57 KB

1. Orixe, desenvolvemento e sentido da filosofía

Así naceu a filosofía

O asombro estaba nos comezos da filosofía e era unha das características do pensamento, porque asombro quere dicir estrañeza.

Unha forma de pensamento foi o mito. A filosofía non empezou en Atenas, senón nas colonias gregas de Asia Menor. Estas cidades rente ao mar eran símbolo tamén de liberdade. Nesas cidades os gregos coñeceran o alfabeto fenicio.

Na mesma época na que se comezaba a coñecer a escritura, comezaron tamén a acuñarse as primeiras moedas. As moedas representaron un xeito máis de liberación. Unha liberación e unha abstracción.

A economía, as novas estruturas desta sociedade, as viaxes, as relacións comerciais e culturais con outros pobos, puxeron...

Seguir lendo "Orixe e evolución da filosofía: unha guía completa" »